martes, 30 de decembro de 2014

MOI FELIZ 2015


Aproveito estas liñas para desexarvos a tod@s un bo remate de ano 2014 e feliz entrada do 2015. Seguro que o saberedes celebrar como a ocasión merece.

A nivel persoal o 2014 déixame bastantes cousas boas e tan so unha mala: a perda de alguén entrañable que sempre me fixo sentir especial, que mo dou todo e que recordarei co maior cariño posible.

Agora chega un 2015 cargado de novos proxectos, ilusións, novidades e con un atisbo optimista sobre un futuro máis ou menos lonxano.

FELIZ 2015 E QUE CORRA O CHAMPÁN!!!

luns, 22 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 11



A pesares de que haberá parón ligueiro polas vacacións de Nadal deixamos habilitada a Xornada 11 da Porra para que vaiades incluindo os vosos pronósticos.

O partido estrela disputarase o Domingo 4 de Xaneiro as 17 horas en Mestalla e enfrontará a Valencia C.F. e Real Madrid.


PARTIDOS:

VALENCIA - R. MADRID *
DEPORTIVO - ATHLETIC CLUB
ATL. SOBRADO - MESÍA
R. SOCIEDAD - BARCELONA
ATLÉTICO - LEVANTE



A Porra: Emilio e Finito chegan líderes ó Nadal



Emilio e Finito comezarán o ano 2015 como líderes da Porra. Ambos volveron a sumar unha semana máis polo que chegan ó descanso de Nadal empatados en cabeza a 28 puntos. Os dous acertaron o Barcelona 5 - Córdoba 0.

Tamén sumou o 2º clasificado Isak, neste caso foi o Eibar 0 - Valencia 1 o encontro que lle proporcionou 3 puntos.

O 3º clasificado, Don G. y el pto non quixo ser menos e tamén sumou, neste caso logo de acertar o Villarreal 3 - Deportivo 0.

Ascende a 5ª praza Pitus logo de sumar no partido do Camp Nou, con estes 3 novos puntos chega a un total de 15.

Pola parte baixa da táboa sumaron José da Vilanova no partido do Madrigal e Marcos Combo tamén no partido do Barcelona, con este acerto suben unha posición acadando agora os 6 puntos na xeral.

RESULTADOS:

Athletic Club 1 - Atlético 4 *
Villarreal 3 - Deportivo 0
Barcelona 5 - Córdoba 0
Eibar 0 - Valencia 1
Numancia 6 - Lugo 6

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 28
2. Isak 26
3. Don G. y el pto 23
4. Suso 17
5. Pitus 15
6. Chany 14
7. Lato / Vigo 12
8. Combo "Rubio" / Rubencillo / Villalove 9
9. José Antonio / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Petete / Piuco 6
10. Esteban / Iván Combo / Villa 3


martes, 16 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 10


Última xornada de este ano 2014 onde non entrarán os partidos de dous equipos habituais con son o Real Madrid e o Atlético Sobrado. O primeiro deles por que está a disputar o Mundialiño de Clubes polo que non xogará esta fin de semana e o segundo por que terá xornada de descanso. Así pois entran no seu lugar os partidos do Valencia e do Lugo.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB - ATLÉTICO *
VILLARREAL - DEPORTIVO
BARCELONA - CÓRDOBA
EIBAR - VALENCIA
NUMANCIA - LUGO

A Porra: Finito empata na cabeza con Emilio



Finito volve a empatar na cabeza da táboa con Emilio logo de sumar 3 puntos no partido Almería 1 - R. Madrid 4. Pola súa banda Emilio non sumou nesta xornada.

Foi unha xornada na que so sumaron 4 participantes. Ademáis de Finito sumaron Petete e Rubencillo no Deportivo 1 - Elche 0 e Villalove no Almería 1 - R. Madrid 4.

Non houbo ningún acertante do partido da xornada.


RESULTADOS:

Atlético 0 - Villarreal 1 *
Deportivo 1 - Elche 0
Bribes 3 - Atl. Sobrado 1
Almería 1 - R. Madrid 4
Getafe 0 - Barcelona 0

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 25
2. Isak 23
3. Don G. y el pto 20
4. Suso 17
5. Chany 14
6. Lato / Pitus / Vigo 12
7. Combo "Rubio" / Rubencillo / Villalove 9
8. José Antonio / Petete / Piuco 6
9. Esteban / Iván Combo / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Villa 3

luns, 8 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 9



Atlético - Villarreal será o partido estrela nesta 9ª xornada. O encontro disputarase o domingo 14 de decembro as 19 horas.

Recordarvos que o partido Almería - R. Madrid disputarase o venres así que non vos despistedes. Tamén indicar que ata martes non se contabilizarán os resultados pois o encontro Deportivo - Elche xogarase o luns 15 de decembro.


PARTIDOS:

ATLÉTICO - VILLARREAL *
DEPORTIVO - ELCHE
BRIBES - ATL. SOBRADO
ALMERÍA - R. MADRID 
GETAFE - BARCELONA

A Porra: Isak, Suso, Chany e Don G. y el pto meten a directa


Non hai dúbidas de que a xornada 8 da Porra é ata o de agora na que máis e mellor puntuaron os participantes desta 6ª Edición. Un total de 12 participantes conseguimos sumar algún punto nesta xornada.

Destaca sobremaneira Isak e Suso (14 puntos) e Chany e Don G. y el pto (11 puntos).

Isak acertou o partido da xornada (R. Madrid 3 - Celta 0) ademáis de Deportivo 0 - Málaga 1 e Elche 0 - Atlético 2.

Suso ademáis do partido da xornada acertou o Atl. Sobrado 2 - Mesón do Bento 1 e Elche 0 - Atlético 2-

Chany e Don G. y el pto sumaron 11 puntos  logo de acertar ambos o partido da xornada e o partido do Atlético Sobrado.

O partido do Atlético Sobrado 2 - Mesón do Bento 1 foi o que fixo sumar 3 puntos a máis participantes, un total de 6: Emilio, Finito, Vigo, Piuco, Jose da Vilanova e Petete.

Ademáis o Elche 0 - Atlético 2 fixo que puideramos sumar 3 puntos Esteban e eu.

Con este novo esceario a clasificación queda comandada por Emilio con 25 puntos seguido por Isak con 23, 3º agora na táboa é Finito con 22 puntos. 4º queda agora don G. y el pto con 20 seguido de Suso con 17. 

Pola parte baixa destacar que os 3 participantes que ata o de agora non acertaran ningún resultado: Esteban, Jose da Vilanova e Petete conseguiron sumar nesta xornada e pouidéronse estrear así nesta edición.


RESULTADOS:

R. Madrid 3 - Celta 0 *
Deportivo 0 - Málaga 1
Atl. Sobrado 2 - Mesón do Bento 1
Barcelona 5 - Espanyol 1
Elche 0 - Atlético 2

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio 25
2. Isak 23
3. Finito 22
4. Don G. y el pto 20
5. Suso 17
6. Chany 14
7. Lato / Pitus / Vigo 12 
8. Combo "Rubio" 9
9. José Antonio / Piuco / Rubencillo / Villalove 6
10. Esteban / Iván Combo / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Petete / Villa 3


luns, 1 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 8


Real Madrid - Celta será o partido estrela e polo tanto o que da 8 puntos en caso de acertalo na xornada 8 da Porra.

O encontro disputarase no Estadio Santiago Bernabeu o vindeiro sábado 6 de decembro (Día da Constitución) as 20,00 horas.

Recórdovos que tedes ata as 15 horas 59 minutos do sábado para insertar os vosos pronósticos pois 1 minuto máis tarde comezará o Elche - Atlético.


PARTIDOS:

R. MADRID - CELTA *
DEPORTIVO - MÁLAGA
ATL. SOBRADO - MESÓN DO BENTO
BARCELONA - ESPANYOL
ELCHE - ATLÉTICO

A Porra: sen cambios na cabeza



Non houbo variacións na cabeza da táboa na 7ª xornada da Porra. Ningún dos 3 primeiros clasificados lograron sumar puntos nesta xornada así que as 3 primeiras prazas seguen sendo de Emilio (22), Finito (19) e Pitus (12).

4 participantes conseguimos ampliar puntuación nesta xornada. Isak e Rubencillo acertaron o Atlético 2 - Deportivo 0, Combo "Rubio" acertou o Málaga 1 - R. Madrid 2 e eu acertei o Vizoño B 0 - Atl. Sobrado 3.

Non houbo ningún acertante do partido da xornada, o Valencia 0 - Barcelona 1.

RESULTADOS:

Valencia 0 - Barcelona 1 *
Atlético 2 - Deportivo 0
Vizoño B 0 - Atl. Sobrado 3
Málaga 1 - R. Madrid 2
Sevilla 5 - Granada 1

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio 22
2. Finito 19
3. Pitus 12
4. Combo "Rubio" / Don G. y el pto / Isak / Lato / Vigo 9
5. José Antonio / Rubencillo / Villalove 6
6. Chany / Iván Combo / Marcos Combo / Piuco / Suso / Villa 3
7. Esteban / Jose da Vilanova / Petete 0