mércores, 7 de maio de 2014

9º Aniversario do Pub Q+? PURA CREMA!



Cando vin o cartel anunciador non podía sair do meu asombro..., o de Alberto Buján, Xerente de Pub Q+? é de auténtico espectáculo. Non tedes máis que votarlle unha ollada o festón que nos ten preparado no seu Pub o vindeiro VENRES 16 DE MAIO para celebrar o seu 9º aniversario...

Sorteo de 1.000 euros, sorteo de unha Tablet, Regalos, Cd´s, gogo´s, azafatas, fotomatón..., non lle queda por nada..., o que está claro é que Alberto sempre está un peldaño por riba das circunstancias. Innovador, creador, polivalente... un auténtico emprendedor sen lugar a dúbidas, un fenómeno.

Desde aquí quero darlle a noraboa ó Pub Q+?, o seu Xerente, o seu Staff e a tod@s @s clientes porque nos mundos que corren non é doado manter 9 anos un local de copas e menos aínda, petando ata arriba dito lugar sábado sí e sábado tamén. A fórmula aínda que parece doada non o é tanto, e esa fórmula é facernos sentir a tod@s, tanto Alberto, como Javi coma o plantel de camareiras como si estivésemos na nosa propia casa, con un trato coidado e personalizado, e iso, non hai cartos que o paguen.

GRAZAS POR TODO, NON FALTAREMOS A ESTA GRAN CITA ANUAL.

LONGA VIDA A PUB Q+?

Ningún comentario: