venres, 28 de marzo de 2014

I Xornada da Tapa en Sobrado dos Monxes



A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado organiza, en colaboración co Concello de Sobrado a I XORNADA DA TAPA.

Será o DOMINGO 13 DE ABRIL a partires das 11,30 horas. As tapas serán de balde en todos os locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.

Para animar esta magnífica iniciativa haberá ademáis CANTOS DE TABERNA a cargo das seguintes formacións:

- Coro Galego de Sta. Comba de Veigue
- Herba Grileira
- Bico da Balouta
- Rondalla Moraima
- Lume na Lareira
- A Maristela

Desde aquí desexar a maior das sortes, estou completamente seguro que vai ser un auténtico éxito.

NON O PODEDES PERDER!!! O DOMINGO 13 ABRIL HAI QUE VIR A SOBRADO, MÚSICA & GASTRONOMÍA SERÁN @S PROTAGONISTAS.

4 comentarios:

Suso dixo...

Moitos parabéns a ASCEP e Concello por esa iniciativa.¡¡SOBRADO MERECE ESO E MOITO MÁIS!!

Turismo Sobrado dixo...

Totalmente de acordo Suso! Haberá que facer unhas roldas e degustar estas suculentas tapas.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Anónimo dixo...

Ai estaremos....