mércores, 12 de febreiro de 2014

Parabens MÍSTER


A historia de Fernando Vázquez e o R.C. Deportivo é coma a de aquela parella que por moitos reveses que lles dé a vida están destinados a atoparse e quererse para sempre.

Desde que Fernando Vázquez se fixo un persoeiro público, aló nos anos 90 cando adestraba ó Compos xamáis negou o seu Deportivismo, incluso cando foi adestrador do R.C. Celta máis de unha vez deixou entrever que o seu corazón era branco e azul.

A gran maioría de deportivistas hai anos atrás que imaxinabamos a F.V. como xefe do banquiño do Depor mais os anos pasaron, Fernando caeu no ostracismo e cando ninguén (ou case ninguén se acordaba del) chegou Augusto César Lendoiro para sacalo do anonimato coa famosa chamada a 1AM co agallo de que viñera a suplir a Domingos Paciencia.

O resto da historia xa a sabedes..., hoxe cúmplese un ano de que Fernando Vázquez se fixo cargo do Deportivo. Un Fernando Vázquez que dou unha carga increible de positivismo e alegría a un equipo que estaba deprimido e desganado. Un Fernando Vázquez que case consegue a proeza de salvar do descenso a un equipo totalmente á deriva e un Fernando Vázquez que renovou para levar ó Depor o máis alto por moitos anos...

A ninguén se lle escapa que será o noso "Sir Alex Ferguson" por moitos anos.

Ningún comentario: