venres, 31 de xaneiro de 2014

Venres Música



Seguro que os que sodes amantes da música Dance e Electrónica lembrades un pegadizo tema que soaba a mediados dos 90 en todas as pistas de baile titulado "Love is all Around".

O causante de este himno do Eurodance non foi outro que o señor Dj. Bobo que co paso dos anos conseguiu reclicarse para seguir dando caña.

Desta volta coa colaboración do gran Mike Candys ven de regalarnos hai poucos meses este "Take Control" que está rompendo esquemas en infinidade de locais e clubs de copas.

Música de venres, música de fin de semana no Blog de Víctor Lato para que vos vaia fervendo a sangue e poñendovos a tono para o que xa é unha realidade:  A FIN DE SEMANA.

A disfrutalo moito e ben.

Bicos e apertas!!!


xoves, 30 de xaneiro de 2014

III Venres Anticrise en Café Bar Lecer


Como ben sendo habitual o último venres de cada mes, CAFÉ BAR LECER en Sobrado dos Monxes celebrará mañá a súa III Edición do "VENRES ANTICRISE".

Esta magnífica iniciativa levada a cabo pola Xerencia do local, consiste en que os clientes que se acheguen a Café Bar Lecer a partires das 20,00 horas poderán disfrutar de unha fresca e exquisita caña da Mellor Cervexa do Mundo (ESTRELLA GALICIA -por suposto) polo módico prezo de 1€. Ademáis, a caña vai acompañada de tapas de cociña que non incrementan o prezo da consumición.

1€ por unha caña de Estrella Galicia + tapa é como para non dubidalo (sobretodo coa que está a caer...)


NON PODEDES FALLAR, O VOSO PALADAR AGRADECERAO!!! E O BOLSILLO MOITO MAIS!!!

martes, 28 de xaneiro de 2014

Jacinto


Chámase Jacinto e é a Mascota Oficial da Comisión de Festas Sobrado 2014 (pòlo menos ata o Entroido).  Este "peculiar exemplar" de porco ó máis puro estilo do Oeste foi visto polos bares de Sobrado e pobos veciños.

A Comisión está a buscalo pois o día 2 de Marzo (Domingo de Entroido) teñen pensado sortealo na Praza do Pobo así que urxe encontralo.  Foi visto con sombreiro guaiabeiro,unha restra de chourizos ó lombo e dúas botellas de Rectoral de Amandi esta fin de semana no veciño concello de Vilasantar. Se o vedes, por favor, poñédevos en contacto cos Membros (persoas me refiro) da Comisión.

Deixo dúas fotos máis para identificiar ó "elemento" en cuestión:




GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!!

luns, 27 de xaneiro de 2014

A Porra: Xornada 15



A xornada 15 da porra tráenos como Partido Estrela un encontro de históricos: Athletic Club vs R. Madrid (xunto co F.C. Barcelona os 3 únicos equipos que sempre xogaron na 1ª División). O partido será o domingo 2 de febreiro as 21,00 horas.

Pero ademáis a xornada agasállanos con outros 2 partidazos onde as forzas estarán moi igualadas como son o Barcelona - Valencia e o Atlético - R. Sociedad. Tamén entrarán en xogo o Deportivo - Sabadell e o Atlético Sobrado - Mesía.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB - R. MADRID *
BARCELONA - VALENCIA
ATLÉTICO - R. SOCIEDAD
DEPORTIVO - SABADELL
ATL. SOBRADO - MESÍA

Sorte!!!


A Porra: José Antonio o gran beneficiado da xornada



José Antonio con 6 puntos foi o gran beneficiado da xornada. Logo de acertar o Córdoba 0 - Deportivo 1 e Barcelona 3 - Granada 0 pasa dos 17 ós 23 puntos empatando así na 3ª posición da táboa con Esteban e Villalove e sitúase a so 4 do líder Pitus.

Ninguén acertou o partido da xornada que era o Rayo Vallecano 2 - Atlético 4 pero sí que houbo varios acertantes no partido do Barcelona. Ademáis de José Antonio, Iván Combo, Villa e Chany sumaron 3 puntos neste encontro. Tamén Josito sumou 3 puntos pero desta volta no partido do Deportivo en Córdoba.


PARTIDOS:

RAYO VALLECANO 2 - ATLÉTICO 4 *
BARCELONA 3 - MÁLAGA 0
R. MADRID 2 - GRANADA 0
CÓRDOBA 0 - DEPORTIVO 1
LARÍN 2 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 27
2. Rubencillo 25
3. Esteban / José Antonio / Villalove 23
4. Iván Combo / Isak 19
5. Villa 17
6. Chany / Lato 15
7. Finito 14
8. Vigo 11
9. Rubio 8
10. Josito / Maite / Petete 6
11. Emilio Tato 3
12. Suso 0





venres, 24 de xaneiro de 2014

Venres = Música



Como ben sabedes, desde a semana recuperamos a sección de música dos venres. Desta volta abandonamos a música electrónica para centrarnos en P.O.D. un grupo dos considerados "duros" do Metal Alternativo.

A primeira vez que escoitei esta canción na VH1 enganchoume tanto que me fun decididamente senb escoitar máis cancións a mercar o seu disco "Satellitte" que trae outro temazo como é "Alive".

Déixovos con Payable On Death desexando que teñades unha espectacular fin de semana.

Bicos e abrazos

xoves, 23 de xaneiro de 2014

La Dulce María "On Tour"



Desde que vin a súa actuación hai poucos meses no Pub Forxín de Cafetería Ramiro cada vez que teñen un concerto máis ou menos cerca de Sobrado intento informarvos.

En anteriores post xa vos falei de LA DULCE MARÍA, grupo musical que nos obsequia con grandes éxitos do pop rock español dos anos 80 en directo con moito acerto e moi bo gusto. Está plagado de grandes músicos e onde evidentemente teño que resaltar ó seu bateria Pablo Espido, natural de aquí de Sobrado e con unha longa traxectoria profesional tanto en grupos coma en orquestras.

Hai pouco estiveron na Fundación en Melide e desta volta estarán en Arzúa, concretamente no Café Bar Praza. O concerto terá lugar mañá a partires das 00,30 horas. Recoméndovos que asistades ó concerto: vaivos gustar e sorprender para ben.

Aquí vos queda a miña recomendación.

Un saúdo

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Cea Baile do Cocido o 8 de febreiro en Sobrado


Que a Comisión de Festas de Sobrado 2014 o está a currar moito e ben xa a ninguén lle extraña vista a cantidade de eventos que está a organizar e os que ten en proxecto. Esta vez vólvennos a sorprender gratamente coa "Cea Baile do Cocido" que terá lugar no Pavillón Polideportivo de Sobrado o SÁBADO 8 DE FEBREIRO. Se desexades información máis detallada clicade no cartel onde se vos explica o menú, o prezo, as condicións de venta de entradas e outros detalles.

Deste este blog darlle unha vez máis a noraboa a Comisión Sobrado 2014 que tanto nos está a facer disfrutar cos seus orixinais e divertidos eventos. Desde aquí amosarlles todo o meu apoio e sobra decir que me teñen a súa disposición sempre o que necesiten.


Deíxovos tamén aquí o "afiche" do Grupo Nebraska, que será quen se encargue de que a música sexa unha das grandes protagonistas de unha noite especial que promete que todo o mundo se divirta "ó firme".

ANIMÁDEVOS A VIR A CEA BAILE, NON VOS DEFRAUDARA!

P.D: acabamos de recibir unha información secreta que nos revela que logo da cea os membros da comisión poñeranse detrás da barra de licores para surtir de deliciosos "cocktails" á xente sedenta. Isto non tería nada de raro  se non fora por o farán con "pajarita" pero totalmente espidos!!!

 Seguro que será todo un éxito.

luns, 20 de xaneiro de 2014

A Porra: Xornada 14


A xornada 14 da Porra agasállanos con un intenso e emocionante derbi madrileño. Como equipo locatario o Rayo Vallecano, que ocupa postos de descenso á Segunda División e que necesita comezar a sair da queima antes de que sexa demasiado tarde. Coma equipo visitante o Atlético de Madrid que onte desaproveitou a ocasión de situarse como líder en solitario da clasificación logo de empatar co Sevilla. Aínda así está empatado na cabeza da táboa co F.C. Barcelona a 51 puntos. Polos opostos se verán as caras o domingo a partires das 19,00 horas en Vallecas, candidato ó descenso contra candidato ó título de Liga aínda que ben é certo que nos derbis as diferencias entre uns e outros redúcense.

PARTIDOS:

RAYO VALLECANO - ATLÉTICO *
BARCELONA - MÁLAGA
R. MADRID - GRANADA
CÓRDOBA - DEPORTIVO
LARÍN - ATL. SOBRADO

Xa podedes comezar a subir os vosos resultados!!!

A Porra: Finito acerta o partido da xornada



Finito sumou 8 importantes puntos logo de acertar o partido da xornada que desta volta era o Atlético - Sevilla no que se produciu un empate a 1 gol logo dos 90 minutos.
Nunha xornada no que apenas houbo variacións na táboa o outro participante que sumou fun eu mesmo logo de acertar o Levante 1 - Barcelona 1 sumando así 3 puntos.
`
No que corresponde á xeral non hai cambios significativos: Pitus segue líder unha xornada máis con 27 puntos, seguido de Rubencillo con 25 e de Esteban e Villalove con 23.

RESULTADOS:

ATLÉTICO 1 - SEVILLA 1 *
LEVANTE 1 - BARCELONA 1
BETIS 0 - R. MADRID 5
DEPORTIVO 1 - LAS PALMAS 2
ATL. SOBRADO 2 - PORTAZGO 3

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 27
2. Rubencillo 25
3. Esteban / Villalove 23
4. Isak 19
5. José Antonio 17
6. Iván Combo 16
7. Lato 15
8. Finito / Villa 14
9. Chany 12
10. Vigo 11
11. Rubio 8
12. Maite / Petete 6
13. Emilio Tato / Josito 3
14. Suso 0


venres, 17 de xaneiro de 2014

Volve a música dos venres




Pouco a pouco imos ir intentando volver a actividade normal do blog como era costume para facelo máis interactivo. Hoxe recuperamos a música dos venres para ir quentando motores co agallo da chegada de unha nova fin de semana. 

Para "reiniciar" este apartado decidinme por Demi Lovato e o seu "Neon Lights", un tema que por momentos me recorda ó "We Found Love" de Rihanna, un dos meus temas favoritos de todos os tempos. 

Pasade boa finde

Bicos e abrazos

xoves, 16 de xaneiro de 2014

"Con ese calzado no puedes pasar"



Sempre me resultou sorprendente a laboura dos porteiros nos denominados "locais de copas". En teoría, o seu traballo deberíase basear na seguridade e benestar do cliente dentro do local..., nada máis lonxe da realidade.

Como moit@s de vos sabedes, algúns porteiros, as veces, lonxe de ser unha solución son un verdadeiro problema. Quenes frecuentedes a marcha nocturna seguramente vístedes algunha "bulla" importante fora dun local na que a todas luces os que (en teoría) deben velar pola seguridade do local e dos propios clientes (que son quenes lle dan de comer ó fin e o cabo) son os que primeiro se enzarzan en discusións absurdas chegando incluso a agredir...

No mundo da seguridade nocturna hai verdadeiros clanes e mafias organizadas nas grandes cidades, incluso nalgunhas urbes máis pequenas tamén, aínda que a menor escala (afortunadamente).

Pero non quero desviar a atención do tema que desexo tratar hoxe. Quérovos falar de algo que seguramente a vos ou a alguén coñecido lle pasou nos locais onde hai porteiros e refirome a que non che deixen entrar polo tipo de calzado ou de vestimenta que levas posta.

Eu entendo que hai maneiras e maneiras de vestir, cada un o seu gusto, tamén entendo que ninguén vai a ir a estes locais co seu atuendo de traballo se iso conleva ir todo manchado nin co calzado cheo de barro ata os topes.

O que me molesta é que haxa discriminación por que leves o calzado branco ou negro, vistas máis ou menos froxo ou con prendas deportivas e de cores vistosos. Non a todo o mundo lle gusta vestir polo patrón e tendencia que marcan algúns de estes locais. En certo local da Coruña, sen ir máis lonxe, por dúas veces e a golpe de xoves prohibíronlle a entrada a coñecidos meus por non levar o calzado ou a roupa axeitada (segundo eles), e non me vou meter no prezo da roupa ou o calzado que levaban por que seguramente era moito maís cara e de mellor calidade que toda a indumentaria do porteiro de turno por moito "gardapolvos" e moito zapato brillante que leve enriba.

O peor da situación é que en ambos casos o local en cuestión, un dos máis chic da cidade (en teoría, por que na práctica vese que elegancia non teñen ningunha) estaba semibaleiro, e opino que 8 ou 9 persoas, aínda que so tomen un par de roldas seguramente lle van dar vidiña a caixa nestes tempos tan difíciles que corren e máis se é xoves. Penso que non están os tempos como para andar desprezando clientes que van tomar algo de forma pacífica logo de xogar un partido de fútbol sala. Quen sabe... igual eses 8 ou 9 clientes en 2 roldas lles deixaban máis "cash" que o que recaudaron nesa noite de xoves..., pero eles verán, o final o beneficiado foi outro local cercano no que nos atenderon estupendamente, non nos puxeron ningunha pega para entrar, o porteiro (amable por certo) abriunos a porta con un sorriso e se tomaron as citadas 2 roldas.

Non sei ata que punto é culpa do dono do local de turno, se os porteiros cumplen ordes do seu superior ou se fan e desfan o seu antollo. Vista a actitude de algún "segurata" eu penso que fifty fifty, moitas veces por facerse ver e notar póñense en plan gilipollas (con perdón).

Algún  que outro local "con glamour" da cidade xa tivo que caer da burra e deixar pasar a xente "sen invitación" (práctica tamén moi común) por que levaron un baixón na clientela bastante considerable..., aguantar unha cola para entrar de 5 ou 10 minutos e pagar as copas a 8 euros... por riba decirche que non podes pasar se non tes invitación..., en fin, escóitalo unha vez ou o sumo 2 pero logo mándalos a freir churros e marchas para o local máis próximo que sí que te atenden e non che poñen pegas pola indumentaria.

A miña recomendación é que traten os clientes como se merece. Alguén que lle vai levar cartos alí, (por que ó fin e o cabo viven do cliente) merece o mellor trato do mundo e non recibilos como a auténticos números insignificantes, por que a xente xa está cansada dos mamoneos e dos postureos, do quero e non poido..., a min non me val de nada ter no meu negocio o/a guapito/a de turno supermegavestido para ocasión (moitas veces esaxerado para o meu gusto) se está coa mesma copa na man toda a noite e pedindo xeo para dous por tres para que non se lle quente demasiado o cubalibre de telo na man. 

Así o negocio está condenado a irse a tomar por saco!!!

Saúdos cordiais para tod@s menos para os porteiros e xefes de locais de ocio que discriminan ó cliente.

martes, 14 de xaneiro de 2014

A Porra: Xornada 13


Logo de unha mala xornada no que a acertos se refire toca revertir a situación, dar un golpe de efecto e sumar na clasificación. Desta volta o partido estrela será o espectacular Atlético de Madrid do Cholo Simeone contra un Sevilla F.C. que parece que nas últimas xornadas está remontando o voo e que comeza a recordar a aquel equipo que conquistou 2 copas de UEFA de xeito consecutivo.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - SEVILLA *
LEVANTE - BARCELONA
BETIS - R. MADRID
DEPORTIVO - LAS PALMAS
ATL. SOBRADO - PORTAZGO

Sorte!!!

A Porra: xornada baldía



Ningún acertante nunha aciaga xornada no que a resultados se refire. A pesares de que esta xornada foron 16 as persoas que participamos ninguén fumos quen de atinar un so resultado. Teremos que andar máis finos en vindeiras ocasións. Polo tanto a táboa siguea liderando Pitus con 27 puntos, seguido de Rubencillo con 25 e en terceira posición Esteban e Villalove con 23.

RESULTADOS:

ATLÉTICO 0 - BARCELONA 0 *
ESPANYOL 0 - R. MADRID 1
VILLARREAL 5 - R. SOCIEDAD 1
DEPORTIVO 0 - GIRONA 0
SAN MARTIÑO 3 - ATL. SOBRADO 1

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 27
2. Rubencillo 25
3. Esteban / Villalove 23
4. Isak 19
5. José Antonio 17
6. Iván Combo 16
7. Villa 14
8. Chany / Lato 12
9. Vigo 11
10. Rubio 8
11. Finito / Maite / Petete 6
12. Emilio Tato / Josito 3
13. Suso 0

luns, 13 de xaneiro de 2014

Balón de Ouro 2013


Que os periodistas deportivos andaban máis perdidos que Tom Hanks en Náufrago era algo que xa todos tiñamos claro desde hai tempo. 

Penso que coma min, moitos de vos estades "ata o carallo" (con perdón da expresión) de tanta parafernalia, tanto debate gratuito e tanta babosada periodística sobre quen ía gañar o balón de ouro 2013. 

Que se Franck Ribery polos títulos logrados, que se Cristiano Ronaldo polos goles conseguidos ou se Lionel Messi polo seu xogo ó longo do pasado ano... 

Pois non, a sorpresa saltou e o Balón de Ouro non será para ningún dos tres senón que o gañador é: RODOLFO BODIPO. O exdeportivista con unha longa traxectoria no mundo do fútbol, logo de prestar os seus servizos a Recreativo de Huelva, Racing Club de Santander, R.C. Deportivo e agora no C.D. Xerez acada os seus 35 anos un premio que dignifica así unha vida de loita e sufrimento diario, con entrega constante, pelexando en cada adestramento por gañarse entrar no 11 inicial cada fin de semana. 

Finalmente o internacional por Guinea acudiu por sorpresa na mañá de hoxe a Suiza e nunhas horas será condecorado co máximo galardón mundial a nivel individual o que pode optar un futbolista.

Desde este blog queremos felicitar a "Bodi", estamos seguro que a celebración será a altura das circunstancias.

P.D: non se descarta que durante o festexo sone o "Follow the leader".

luns, 6 de xaneiro de 2014

A Porra: Xornada 12


A Xornada 12 da Porra obséquianos con un Partido Estrela que a pesares de que aínda non se chegou ó ecuador da Liga pode decidir un campionato. Por suposto estou a falar do Atlético de Madrid - F.C. Barcelona que se disputará o sábado as 20,00 horas. Un encontro no que os contendentes chegan empatados a puntos e una victoria de calqueira dos dous conxuntos sería un paso enorme de cara a poder conquistar o título ligueiro.

Xa podedes facer os vosos pronósticos, estes son os encontros:

ATLÉTICO - BARCELONA *
ESPANYOL - R. MADRID
VILLARREAL - R. SOCIEDAD
DEPORTIVO - GIRONA
S. MARTIÑO - ATL. SOBRADO

Toda a sorte do mundo!!!

A Porra: Rubencillo e Esteban achéganse ó liderato


Rubencillo e Esteban deron un paso ó frente nesta xornada 11 da Porra. Ambos sumaron 3 puntos o que os fai achegar ó líder Pitus que agora mesmo está con 27 puntos a fronte da clasificación.

Rubencillo acertou na tarde do sábado o Málaga 0 - Atlético 1 e Esteban acertou onte o Barcelona 4 - Elche 0. Con estes puntos Rubencillo chega os 25 colocándose 2º clasificado mentres que Esteban suma agora 23 empatado na 3ª praza con Villalove.

Non houbo ningún outro participante que sumase nesta xornada.

RESULTADOS:

R. SOCIEDAD 2 - ATHLETIC CLUB 0 *
BARCELONA 4 - ELCHE 0
MÁLAGA 0 - ATLÉTICO 1
JAÉN 0 - DEPORTIVO 0
MARINO 4 - ATL. SOBRADO 0

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus 27
2. Rubencillo 25
3. Esteban / Villalove 23
4. Isak 19
5. José Antonio 17
6. Iván Combo 16
7. Villa 14
8. Chany / Lato 12
9. Vigo 11
10. Rubio 8
11. Finito / Maite / Petete 6
12. Emilio Tato / Josito 3
13. Suso 0