martes, 30 de decembro de 2014

MOI FELIZ 2015


Aproveito estas liñas para desexarvos a tod@s un bo remate de ano 2014 e feliz entrada do 2015. Seguro que o saberedes celebrar como a ocasión merece.

A nivel persoal o 2014 déixame bastantes cousas boas e tan so unha mala: a perda de alguén entrañable que sempre me fixo sentir especial, que mo dou todo e que recordarei co maior cariño posible.

Agora chega un 2015 cargado de novos proxectos, ilusións, novidades e con un atisbo optimista sobre un futuro máis ou menos lonxano.

FELIZ 2015 E QUE CORRA O CHAMPÁN!!!

luns, 22 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 11



A pesares de que haberá parón ligueiro polas vacacións de Nadal deixamos habilitada a Xornada 11 da Porra para que vaiades incluindo os vosos pronósticos.

O partido estrela disputarase o Domingo 4 de Xaneiro as 17 horas en Mestalla e enfrontará a Valencia C.F. e Real Madrid.


PARTIDOS:

VALENCIA - R. MADRID *
DEPORTIVO - ATHLETIC CLUB
ATL. SOBRADO - MESÍA
R. SOCIEDAD - BARCELONA
ATLÉTICO - LEVANTE



A Porra: Emilio e Finito chegan líderes ó Nadal



Emilio e Finito comezarán o ano 2015 como líderes da Porra. Ambos volveron a sumar unha semana máis polo que chegan ó descanso de Nadal empatados en cabeza a 28 puntos. Os dous acertaron o Barcelona 5 - Córdoba 0.

Tamén sumou o 2º clasificado Isak, neste caso foi o Eibar 0 - Valencia 1 o encontro que lle proporcionou 3 puntos.

O 3º clasificado, Don G. y el pto non quixo ser menos e tamén sumou, neste caso logo de acertar o Villarreal 3 - Deportivo 0.

Ascende a 5ª praza Pitus logo de sumar no partido do Camp Nou, con estes 3 novos puntos chega a un total de 15.

Pola parte baixa da táboa sumaron José da Vilanova no partido do Madrigal e Marcos Combo tamén no partido do Barcelona, con este acerto suben unha posición acadando agora os 6 puntos na xeral.

RESULTADOS:

Athletic Club 1 - Atlético 4 *
Villarreal 3 - Deportivo 0
Barcelona 5 - Córdoba 0
Eibar 0 - Valencia 1
Numancia 6 - Lugo 6

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 28
2. Isak 26
3. Don G. y el pto 23
4. Suso 17
5. Pitus 15
6. Chany 14
7. Lato / Vigo 12
8. Combo "Rubio" / Rubencillo / Villalove 9
9. José Antonio / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Petete / Piuco 6
10. Esteban / Iván Combo / Villa 3


martes, 16 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 10


Última xornada de este ano 2014 onde non entrarán os partidos de dous equipos habituais con son o Real Madrid e o Atlético Sobrado. O primeiro deles por que está a disputar o Mundialiño de Clubes polo que non xogará esta fin de semana e o segundo por que terá xornada de descanso. Así pois entran no seu lugar os partidos do Valencia e do Lugo.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB - ATLÉTICO *
VILLARREAL - DEPORTIVO
BARCELONA - CÓRDOBA
EIBAR - VALENCIA
NUMANCIA - LUGO

A Porra: Finito empata na cabeza con Emilio



Finito volve a empatar na cabeza da táboa con Emilio logo de sumar 3 puntos no partido Almería 1 - R. Madrid 4. Pola súa banda Emilio non sumou nesta xornada.

Foi unha xornada na que so sumaron 4 participantes. Ademáis de Finito sumaron Petete e Rubencillo no Deportivo 1 - Elche 0 e Villalove no Almería 1 - R. Madrid 4.

Non houbo ningún acertante do partido da xornada.


RESULTADOS:

Atlético 0 - Villarreal 1 *
Deportivo 1 - Elche 0
Bribes 3 - Atl. Sobrado 1
Almería 1 - R. Madrid 4
Getafe 0 - Barcelona 0

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 25
2. Isak 23
3. Don G. y el pto 20
4. Suso 17
5. Chany 14
6. Lato / Pitus / Vigo 12
7. Combo "Rubio" / Rubencillo / Villalove 9
8. José Antonio / Petete / Piuco 6
9. Esteban / Iván Combo / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Villa 3

luns, 8 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 9



Atlético - Villarreal será o partido estrela nesta 9ª xornada. O encontro disputarase o domingo 14 de decembro as 19 horas.

Recordarvos que o partido Almería - R. Madrid disputarase o venres así que non vos despistedes. Tamén indicar que ata martes non se contabilizarán os resultados pois o encontro Deportivo - Elche xogarase o luns 15 de decembro.


PARTIDOS:

ATLÉTICO - VILLARREAL *
DEPORTIVO - ELCHE
BRIBES - ATL. SOBRADO
ALMERÍA - R. MADRID 
GETAFE - BARCELONA

A Porra: Isak, Suso, Chany e Don G. y el pto meten a directa


Non hai dúbidas de que a xornada 8 da Porra é ata o de agora na que máis e mellor puntuaron os participantes desta 6ª Edición. Un total de 12 participantes conseguimos sumar algún punto nesta xornada.

Destaca sobremaneira Isak e Suso (14 puntos) e Chany e Don G. y el pto (11 puntos).

Isak acertou o partido da xornada (R. Madrid 3 - Celta 0) ademáis de Deportivo 0 - Málaga 1 e Elche 0 - Atlético 2.

Suso ademáis do partido da xornada acertou o Atl. Sobrado 2 - Mesón do Bento 1 e Elche 0 - Atlético 2-

Chany e Don G. y el pto sumaron 11 puntos  logo de acertar ambos o partido da xornada e o partido do Atlético Sobrado.

O partido do Atlético Sobrado 2 - Mesón do Bento 1 foi o que fixo sumar 3 puntos a máis participantes, un total de 6: Emilio, Finito, Vigo, Piuco, Jose da Vilanova e Petete.

Ademáis o Elche 0 - Atlético 2 fixo que puideramos sumar 3 puntos Esteban e eu.

Con este novo esceario a clasificación queda comandada por Emilio con 25 puntos seguido por Isak con 23, 3º agora na táboa é Finito con 22 puntos. 4º queda agora don G. y el pto con 20 seguido de Suso con 17. 

Pola parte baixa destacar que os 3 participantes que ata o de agora non acertaran ningún resultado: Esteban, Jose da Vilanova e Petete conseguiron sumar nesta xornada e pouidéronse estrear así nesta edición.


RESULTADOS:

R. Madrid 3 - Celta 0 *
Deportivo 0 - Málaga 1
Atl. Sobrado 2 - Mesón do Bento 1
Barcelona 5 - Espanyol 1
Elche 0 - Atlético 2

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio 25
2. Isak 23
3. Finito 22
4. Don G. y el pto 20
5. Suso 17
6. Chany 14
7. Lato / Pitus / Vigo 12 
8. Combo "Rubio" 9
9. José Antonio / Piuco / Rubencillo / Villalove 6
10. Esteban / Iván Combo / Jose da Vilanova / Marcos Combo / Petete / Villa 3


luns, 1 de decembro de 2014

A Porra: Xornada 8


Real Madrid - Celta será o partido estrela e polo tanto o que da 8 puntos en caso de acertalo na xornada 8 da Porra.

O encontro disputarase no Estadio Santiago Bernabeu o vindeiro sábado 6 de decembro (Día da Constitución) as 20,00 horas.

Recórdovos que tedes ata as 15 horas 59 minutos do sábado para insertar os vosos pronósticos pois 1 minuto máis tarde comezará o Elche - Atlético.


PARTIDOS:

R. MADRID - CELTA *
DEPORTIVO - MÁLAGA
ATL. SOBRADO - MESÓN DO BENTO
BARCELONA - ESPANYOL
ELCHE - ATLÉTICO

A Porra: sen cambios na cabeza



Non houbo variacións na cabeza da táboa na 7ª xornada da Porra. Ningún dos 3 primeiros clasificados lograron sumar puntos nesta xornada así que as 3 primeiras prazas seguen sendo de Emilio (22), Finito (19) e Pitus (12).

4 participantes conseguimos ampliar puntuación nesta xornada. Isak e Rubencillo acertaron o Atlético 2 - Deportivo 0, Combo "Rubio" acertou o Málaga 1 - R. Madrid 2 e eu acertei o Vizoño B 0 - Atl. Sobrado 3.

Non houbo ningún acertante do partido da xornada, o Valencia 0 - Barcelona 1.

RESULTADOS:

Valencia 0 - Barcelona 1 *
Atlético 2 - Deportivo 0
Vizoño B 0 - Atl. Sobrado 3
Málaga 1 - R. Madrid 2
Sevilla 5 - Granada 1

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio 22
2. Finito 19
3. Pitus 12
4. Combo "Rubio" / Don G. y el pto / Isak / Lato / Vigo 9
5. José Antonio / Rubencillo / Villalove 6
6. Chany / Iván Combo / Marcos Combo / Piuco / Suso / Villa 3
7. Esteban / Jose da Vilanova / Petete 0

luns, 24 de novembro de 2014

A Porra: Xornada 7


O partido estrela da Xornada 7 da Porra será o que disputen en Mestalla o Valencia e o Barcelona. 

O encontro terá lugar o domingo 30 de novembro as 21,00 horas

Xa podedes facer os vosos pronósticos!!!


PARTIDOS:

VALENCIA - BARCELONA *
ATLÉTICO - DEPORTIVO
VIZOÑO B - ATL. SOBRADO
MÁLAGA - R. MADRID
SEVILLA - GRANADA



A Porra: Emilio líder en solitario


Emilio, que lideraba a táboa de clasificación empatado con Finito sumou 3 novos puntos tras acertar o Atlético 3 - Málaga 1 e lidera agora en solitario con 22 puntos.

Tamén avanzou unha posición Pitus o acertar tamén o partido do Vicente Calderón. O vasco-galego é terceiro con 12 puntos.

Villalove foi outro dos participantes que sumou esta xornada. Acertou o Atlético Sobrado 3 - Pontecarreira 0 e sube tamén unha posición, agora dispón de 6 puntos.

Piuco inaugurou o seu casilleiro de puntos nesta edición da Porra. Acertou o Eibar 0 - R. Madrid 4.


RESULTADOS:

Barcelona 5 - Sevilla 1 *
Deportivo 0 - R. Sociedad 0
Atl. Sobrado 3 - Pontecarreira 0
Eibar 0 - R. Madrid 4
Atlético 3 - Málaga 1

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio 22
2. Finito 19
3. Pitus 12
4. Don G. y el pto / Vigo 9
5. Combo "Rubio" / Isak / José Antonio / Lato / Villalove 6
6. Chany / Iván Combo / Marcos Combo / Piuco / Rubencillo / Suso / Villa 3
7. Esteban / Jose da Vilanova / Petete 0

luns, 17 de novembro de 2014

A Porra: Xornada 6



O partido estrela da Xornada 6 da Porra será o Barcelona - Sevilla que se celebrará o vindeiro sábado 22 de novembro as 20 horas no Estadio Blaugrana. Ambos equipos chegan con tan so 2 puntos de diferencia na clasificación: Barcelona (25) e Sevilla (23) polo tanto, preséntase (a priori) un partido moi igualado.

Xa podedes subir os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

Barcelona - Sevilla *
Deportivo - R. Sociedad
Atl. Sobrado - Pontecarreira
Eibar - R. Madrid
Atlético - Málaga 

A Porra: Emilio empata con Finito na primeira posición


Emilio empatou no máis alto da táboa con Finito logo de sumar 3 puntos no partido disputado onte: Zaragoza 2  - Betis 2. Con este acerto e logo de que Finito non sumara nesta xornada ambos dispoñen de 19 puntos.

Suso estreou o seu casilleiro de puntos logo de acertar o Alavés 0 - Sporting 0 subindo así unha posición na clasificación.

Combo (Rubio) e quen vos escribe tamén sumamos 3 puntos nesta xornada. O acerto de Combo foi no Zaragoza 2 - Betis 2 e o meu acerto foi no Alavés 0 - Sporting 0.

O resto de participantes non sumaron nesta xornada.

PARTIDOS:

LUGO 0 - RACING 0 *
ATL. SOBRADO 2 - ENCROBAS 2
OSASUNA 0 - PONFERRADINA 1
ZARAGOZA 2 - BETIS 2
ALAVÉS 0 - SPORTING 0

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 19
2. Don G. y el pto / Pitus / Vigo 9
3. Combo (Rubio) / Isak / José Antonio / Lato 6
4. Chany / Iván Combo / Marcos Combo / Rubencillo / Suso / Villa / Villalove 3
5. Esteban / Jose da Vilanova / Petete / Piuco 0


luns, 10 de novembro de 2014

A Porra: Xornada 5



O C.D. Lugo - Real Racing Club de Santander será o partido estrela da xornada 5 da Porra. Este encontro disputarase o domingo 16 de novembro as 17,00 horas no Anxo Carro. Debido a que hai parón na Liga BBVA por mor dos partidos de seleccións toca elexir partidos da Liga Adelante así coma o partido do Club Atlético Sobrado Xuventude.

PARTIDOS:

Lugo - Racing *
Atl. Sobrado - Encrobas
Osasuna - Ponferradina
Zaragoza - Betis
Alavés - Sporting

Que haxa sorte!!!


A Porra: Finito novo líder


Finito é o novo líder da competición logo de sumar 11 puntos nesta 4ª xornada da Porra. O novo líder, acertou o partido da xornada Tambre 1 - C.A.S.X. 1 e o R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 1.

Na segunda posición en solitarío ubícase Emilio que sumou 8 puntos o acertar igual que Finito o partido da xornada.

Sumaron 3 puntos Pitus (Valencia 0 - Athletic Club 0), Vijo (R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 1), Isak (Almería 1 - Barcelona 2) e Combo (Rubio) (R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 1).


RESULTADOS:

Tambre 1 - Atl. Sobrado Xuventude 1 *
Córdoba 0 - Deportivo 0
R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 1
Almería 1 - Barcelona 2
Valencia 0 - Athletic Club 0

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 19
2. Emilio 16
3. Don G. y el pto / Pitus / Vijo 9
4. Isak / José Antonio 6
5. Chany / Combo (Rubio) / Iván Combo / Lato / Marcos Combo / Rubencillo / Villa / Villalove 3
6. Esteban / Jose da Vilanova / Petete / Piuco / Suso 0

luns, 3 de novembro de 2014

A Porra: Xornada 4


Para a xornada 4 da Porra agárdanos como partido estrela o derbi sobradés que enfrontará a Tambre e Club Atlético Sobrado Xuventude no Municipal de Sobrado o vindeiro domingo a partires das 16,15 horas.

* O igual que pasou a semana pasada o partido que disputará o R.C. Deportivo adiantarase ó venres así que polo tanto tedes ata as 20,44 horas do venres 6 para inserir os vosos pronósticos.

NON VOS DESPISTEDES!!!

PARTIDOS:

Tambre - Atl. Sobrado *
Córdoba - Deportivo
R. Madrid - Rayo Vallecano
Almería - Barcelona
Valencia - Athletic Club

A Porra: Don G. y el pto novo líder



Don G. y el pto é o novo líder da Porra logo de sumar 3 valiosos puntos no Granada 0 - R. Madrid 4. O triunfador da xornada foi Pitus sumando 6 puntos logo de acertar ademáis de o mesmo partido que o líder o Athletic 1 - Sevilla 0. Tamén sumaron nesta xornada Marcos Combo eVillalove, ambos no partido que o Real Madrid gañou en Granada. Non houbo ningún acertante do partido da xornada.

PARTIDOS:

Barcelona 0 - Celta 1 *
Deportivo 1 - Getafe 2
Granada 0 - R. Madrid 4
Athletic Club 1 - Sevilla 0
Atl. Sobrado 5 - Curtis 3

CLASIFICACIÓN:

1. Don G. y el pto 9
2. Emilio / Finito 8
3. José Antonio / Pitus / Vijo 6
4. Chany / Isak / Iván Combo / Lato / Marcos Combo / Rubencillo / Villa / Villalove 3
5. Combo (Rubio) / Esteban / Jose da Vilanova / Petete / Piuco / Suso 0

xoves, 30 de outubro de 2014

Xornada de Cooperativismo en Sobrado



Se desexas ser emprendedor cooperativista ou estás interesado en saber se o teu negocio se pode facer realidade cunha cooperativa o xoves 6 de novembro, en horario de 19,00 a 21,00 horas tes unha cita en Sobrado. O local no que celebrará este encontro será no Edificio de Servizos Múltiples "Casa da Irmandade".

Para máis información no teléfono de contacto 981 787 508 ou ben no correo mariapilar.varela@sobrado.dicoruna.es


martes, 28 de outubro de 2014

I Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa en Sobrado



O domingo 16 de novembro nacerá unha nova Feira en Sobrado que agardemos que co paso do tempo se consolide como un evento a ter en conta no calendario anual.

Ese día verá a luz a "I Feira Gastronómica da Montaña Coruñesa do Concello de Sobrado". Como podedes ver no cartel haberá exposición, venda e degustación de productos da comarca: Queixos da D.O. Arzúa - Ulloa, Castañas, Filloas, Pan, Polbo, Produtos da Horta, Embutidos, Licores, Champiñóns, etc, etc, etc.

Ademáis a espectacular CHARANGA N.B.A. será a encargada de que non falte a música no evento.

Haberá carpas para resgardarse do posible frío ou choiva.

Apuntade a data: 16 de novembro

VÉMONOS AQUÍ EN SOBRADO!!!

luns, 27 de outubro de 2014

A Porra: Xornada 3


A 3ª Xornada da Porra déixanos un interesantísimo F.C. Barcelona - Celta de Vigo como partido estrela. O equipo de Luis Enrique quererá resarcirse da derrota do sábado no Bernabeu contra un Celta que está en estado de gracia e encaramado nas posicións altas da táboa.

*Recordade tamén que o Deportivo - Getafe se xoga o VENRES así que non deixedes os pronósticos para última hora non vai ser que vos pasedes de hora e non sexan válidos.


PARTIDOS:

Barcelona - Celta *
Deportivo - Getafe
Granada - R. Madrid
Athletic Club - Sevilla
Atl. Sobrado - Curtis 

A porra: Emilio e Finito novos líderes


Emilio e Finito son os novos líderes da Porra logo de acertar ambos o partido da Xornada: R. Madrid 3 - Barcelona 1.

Con este acerto os dous suman 8 puntos e empatan logo de dúas xornadas no máis alto da clasificación.

Tamén sumaron nesta xornada Don G. y el pto (Getafe 0 - Atlético 1), José Antonio (Getafe 0 - Atlético 1), Vijo (Sevilla 2 - Villarreal 1), Isak (Sevilla 2 - Villarreal 1), Iván Combo (Sevilla 2 - Villarreal 1) e Chany (Sevilla 2 - Villarreal 1).

Destacar que  houbo alguén que non puxo o nome nos seus pronósticos, é imprescindible que o poñades para identificarvos.

GRAZAS!!!

PARTIDOS:

R. Madrid 3 - Barcelona 1 *
Espanyol 0 - Deportivo 0
Getafe 0 - Atlético 1
Sevilla 2 - Villarreal 1
Abellá B 0 - Atl. Sobrado 0

CLASIFICACIÓN:

1. Emilio / Finito 8
2. Don G. y el pto / José Antonio / Vijo 6
3. Chany / Isak / Iván Combo / Lato / Rubencillo / Villa 3
4. Combo (Rubio) / Esteban / Jose Vilanova / Marcos Combo / Pitus / Piuco / Suso / Villalove 0

luns, 20 de outubro de 2014

A Porra: Xornada 2



A 2ª xornada da Porra achéganos o primeiro Clásico da tempada. R. Madrid e F.C. Barcelona disputarán o sábado 25 a partires das 18,00 horas (Canal + Liga) o enésimo partido do século. Este será o partido que valerá 8 puntos nesta xornada. Recordo unha vez máis que a participación nesta porra e totalmente gratuita e pode participar tod@ aquel que así o desexe. Simplemente debe deixar un nome ó lado dos seus pronósticos para poder identificarse.

PARTIDOS:

R. Madrid - Barcelona *
Espanyol - Deportivo
Getafe - Atlético
Sevilla - Villarreal
Abellá "B" - Atl. Sobrado

A Porra: José Antonio, Vijo, Don G. y el pto, Villa, Rubencillo e Lato primeiros líderes da Competición



Ata un total de 6 participantes sumamos nesta 1ª xornada da VI Edición da Porra. José Antonio e Don G. y el pto sumaron 3 puntos no Levante 0 - R. Madrid 5. O partido Barcelona 3 - Eibar 0 fíxonos sumar 3 puntos a Villa, a Rubencillo e a min. Pola súa banda Vijo sumou no Atlético 2 - Espanyol 0. Ningún participante acertou o Deportivo 3 - Valencia 0, o partido da xornada que era o que valía 8 puntos nesta xornada.
Desde aquí dar as grazas os que xa estades participando na edición de este ano e animar os despistados a que non deixen para o último momento para cubrir a porra. Sabedes que pode participar na Porra quen así o desexe.


PARTIDOS:

Deportivo 3 - Valencia 0 *
Barcelona 3 - Eibar 0
Levante 0 - R. Madrid 5
Atlético 2 - Espanyol 0
Atl. Sobrado 0 - Once Caballeros "B" 1

CLASIFICACIÓN:

1. Don G y el pto / José Antonio / Lato / Rubencillo / Vijo / Villa 3 puntos
2. Combo (Rubio) / Emilio Tato / Esteban / Isak / Iván Combo / Jose da Vilanova / Pitus / Piuco / Suso / Villalove 0 puntos 



luns, 13 de outubro de 2014

A Porra: VI Edición XORNADA 1


A vindeira fin de semana terá comezo a VI Edición da Porra deste blog. Quen será o sucesor de Rubencillo, gañador da anterior edición? as reglas serán as mesmas da tempada pasada... refrescamos as memorias:

REGRAS: 

1.Todas as fins de semana ata o remate da Liga na Segunda División da Liga Española poñeranse en xogo 5 partidos.
2. O sistema de puntuación da porra será o seguinte: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 6 puntos, 3 acertos 12 puntos, 4 acertos 18 puntos e pleno de acertos 30 puntos.
3. Designarase UN PARTIDO DA XORNADA, quen o acerte sumará 8 PUNTOS.
4. Os que ademáis do partido da xornada acerten outros partidos sumaran o total de puntos, é dicir, acertando 1 partido sumaranse 8+3, 2 partidos 8+6 e 3 partidos 8+12.
5. Non serán validos todos aqueles pronósticos que foran inseridos logo de comezar o primeiro dos 5 partidos en xogo.
6. O gañador final da porra será @ participante que máis puntos acade ó final do campionato. En caso de empate a puntos gañará o que máis acertos tivera nunha sola xornada. No caso de persistir o empate gañaría aquel que máis veces acertara o partido da xornada.
7. Este xogo é TOTALMENTE GRATUITO e pode participar xente de todas as idades.
8. O gañador final obterá un regalo de recompensa.
9. O webmaster de este blog reservase o dereito a elexir o regalo que estime oportuno para @ gañador/a.

PARTIDOS:


Deportivo - Valencia * Partido da Xornada

Barcelona - Eibar

Levante - R. Madrid

Atlético - Espanyol

Atl. Sobrado - Once Caballeros "B"



martes, 15 de xullo de 2014

Los Deltonos, The Cornelius, Bestlife (underyourseat) e McKuin compartirán esceario en Sobrado

 Los Deltonos
 The Cornelius
 Bestlife (underyourseat)
McKuin

Desde hai unhas horas xa temos de xeito oficial a confirmación dos grupos que conformarán o cartel da X Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude de Sobrado que se celebrará o sábado 9 de agosto na Praza do Concello.

Os míticos cántabros Los Deltonos, compartirán esceario con The Cornelius (banda pola que teño especial predilección), os ourensáns Bestlife (underyourseat) e McKuin, grupo tributo á Queen.

Así pois o Festival estará composto por 4 grupos no lugar de 2 como viña sendo habitual nos últimos anos. Nunha xornada que dará o inicio a XV Edición da Feira da Troita que se celebrará ó día seguinte.

O Festival coma nas outras edicións anteriores será GRATUITO.


Festa do Emigrante en Sobrado o 27 de xullo


Unha vez máis unha gran iniciativa da Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado fai que xurda en Sobrado unha nova data a ter en conta. Trátase do 27 de xullo onde está organizada a FESTA DO EMIGRANTE. Unha festa con temática nos Anos 60 que comeza as 12,00 horas onde os locais estarán ambientados, haberá tapas gratis, xogos infantís e coches Antigos. Ademáis se ves vestido da época terás PREMIO.
Haberá música dos anos 60 en Sesión vermú e logo na romaría que abarcará desde as 19,00 as 22,00 horas.

Parabens  a Organización por esta magnífica idea!!!

xoves, 3 de xullo de 2014

Que o ritmo non pare...



Xa o decía a canción: "que o ritmo non pare...", unha canción que tranquilamente podería estar relacionada con Sobrado nos meses do verán.

Hai 3 días remataba a Festa do San Pedro e xa estamos pretiño de outra, a do Día da Familia que este ano celebra xa a súa VIII Edición. Isto é un non pararrrrrrrr!!!

Será o Sábado 12 de Xullo e como ven sendo tónica xeral celebrarase na Área Recreativa de Pontepedra. A festa xa comeza ó mediodía onde centos de persoas, familias e amigos celebran un xantar conxunto. A música estará amenizada a partires das 14,00 horas pola Charanga A REGIONALISTA. Case o 100% da xente quédase tamén a cear así que como non podía ser de outro xeito tamén haberá "liada parda pola noite" co excelente Dúo LA HORA BRUJA que nos obserquiará con 3 horas de interpretación máis outra hora adiccional pinchando música. Vai ser a caña!!!

Haberá servizo de PULPEIRA, CHURRASCO e BAR. Agora pedir para que un ano máis respecte a climatoloxía.

xoves, 19 de xuño de 2014

Festas de San Pedro, Sobrado 2014


Coma cada ano por esta época, este blog vense facendo eco de todas festas que se celebran no noso querido pobo de Sobrado.

De esta volta abro novo post para referirme as Festas do San Pedro, o noso patrón que se celebrarán os  vindeiros días 28. 29 e 30 de xuño.

A Comisión 2014 na súa ansía por que non nos aburramos este ano suma un día máis de festa os dous que habitualmente tiñamos por estas datas. Así pois as festas comezarán o sábado 28 ó mediodía coa actuación de Escaparate. Á noite festa con  ESCAPARATE e un DÚO MUSICAL.

Domingo 29 (Día grande da Festa) sesión vermouth coa Banda Municipal de Padrón e a Orquestra Suavecito. Á noite foliada con SUAVECITO.

E para luns 30 ó mediodía Sesión Vermouth con un Grupo Musical.

Comentarvos tamén que haberá Misa Solemne os 3 días a partires das 13,00 horas na Igrexa Parroquial de San Pedro de Porta.

* Volver a incidir en que como gran preámbulo do San Pedro este vindeiro luns 23 de xuño celebrarase o San Xoán ó grande, coa actuación do Grupo AMÉRICA, con churrasco, con viño, con lume, moito lume...

VIDE A SALTAR O LUME A SOBRADO!!!

luns, 16 de xuño de 2014

II Campus de Fútbol Alex Bergantiños


O vindeiro 30 de xuño comeza o II Campus de Fútbol que leva o nome do xogador canteiran do Real Club Deportivo da Coruña "Alex Bergantiños". O citado campus é gratuito para os nenos e nenas censados nos Concellos de Sobrado e Vilasantar.

Se queredes ver toda a info premede dentro da foto do cartel publicitario.

Hai ata o 25 de xuño para escribirse, non vos despistedes!!!

venres, 13 de xuño de 2014

Venres Música


Rematamos a semana con un auténtico temazo, o "Shot Me Down" de David Guetta. Disfrutade do sol, da calor, da praia e do bo tempo en definitiva que xa lle ía tocando...

Mañá toca cea por todo o alto cos compañeiros de equipo e o Presi do Pub Q+? Fútbol Sala. Haberá que visitar a noite melidense logo...

Boa finde!!!

mércores, 11 de xuño de 2014

Festas da Xuventude de Teixero 2014: CAR - TE - LA - ZO



Sobran as palabras: animalada de cartel o que presenta a Comisión de Festas de Teixeiro 2014.

Non cabe dúbidas que vai a ser unha das mellores festas no que a orquestras se refire de Galicia neste verán que se aproxima: Panorama, París de Noia, Marbella, Cinema, Fania Blanco Show e Triunfo serán as encargadas de facernos bailar e vibrar a tod@s @s que asistamos os vindeiros días 18, 19 e 20 de xullo a Teixeiro.

Recordar tamén que o xoves 17 haberá a gran antesala ás festas que non é outra que a popular mexillonada que se celebra ano tras ano.

Felicitar á Comisión por tan ardúo traballo, sei de primeira man que traballaron e están a traballar moito para levar isto a bo porto.

Seguro que será un exitazo!!!

martes, 10 de xuño de 2014

A Porra: 1 punto de diferencia dalle o título de Campión a Rubencillo



RUBENCILLO é o novo Campión da Porra logo de impoñerse por so 1 punto ó 2º clasificado Isak. nunha última xornada de infarto. Antes de comezar a xornada Rubencillo distanciaba a Isak en 9 puntos. Na xornada do sábado Isak sumaba 8 puntos logo de acertar o partido da xornada. Para o domingo solo quedaba o Numancia - Eibar que ambos acertaron o poñer o mesmo resultado. 

Así pois a clasificación queda como sigue nos seus 3 primeiros postos: 1º Rubencillo, 2º Isak e 3º José Antonio.

Nesta última xornada Isak sumou 11 puntos (Lugo - Mirandés / Numancia - Eibar), José Antonio tamén sumou 11 puntos (Lugo - Mirandés / Córdoba - Mallorca), Rubencillo 3 (Numancia - Eibar) e Finito 3 (Numancia - Eibar).

Desde aquí darlle a Noraboa a RUBENCILLO e solicitarlle que se poña en contacto conmigo no correo victor_lato@hotmail.com para recibir o seu merecido premio coma gañador. En outubro volveremos coa 6ª Edición da Porra.

Darvos as grazas a tod@s por participar!!!

RESULTADOS:

LUGO 1 - MIRANDÉS 0*
GIRONA 3 - DEPORTIVO 1
NUMANCIA 1 - EIBAR 1
LAS PALMAS 3 - PONFERRADINA 2
CÓRDOBA 0 - MALLORCA 0

CLASIFICACIÓN FINAL:

1. RUBENCILLO 73
2. Isak 72
3. José Antonio 62
4. Iván Combo 59
5. Villa 54
6. Pitus 47
7. Emilio 45
8. Finito / Villalove 43
9. Lato 39
10. Esteban 37
11. Chany / Vigo 35
12. Josito 32
13. Petete 31
14. Rubio 14
15. Suso 12
16. Maite 9

xoves, 5 de xuño de 2014

Grupo América no San Xoán de Sobrado



O listón do San Xoán de este ano en Sobrado acada unha altura difícilmente superable. A Comisión de Festas, ademáis da mítica fogueira e churrasco obsequianos nin máis nin menos que coa actuación do Grupo AMÉRICA.

Cando vin o cartel quedeime sen palabras pois AMÉRICA desde sempre foi unha das miñas formacións favoritas pola súa música completamente diferente ó resto de grupos e orquestras que circulan polo verbena galega: Pink Floyd, Queen, Tino Casal, Survivor..., son unhos pedazo de músicos.

A festa terá lugar o Luns 23 de xuño na explanada do Pavillón Polideportivo a partires das 21,30 horas. Xa sabedes, churrasco a fartar, viño (en abundancia), postre, café (con gotas), servizo de bar, e sobretodo LUME, MOITO LUME.

Parabens a Comisión de Festas 2014

luns, 2 de xuño de 2014

A Porra: Xornada 33 (Última)


Chega a derradeira xornada desta V Edición da Porra co título de Campión aínda por decidir e con varios participantes con serias aspiracións de acadalo (recordemos que cada xornada pódese sumar ata un total de 30 puntos no caso de acertar os 5 encontros).

O partido da Xornada será o CD Lugo - Mirandés onde ambos equipos se xogan a permanencia na Liga Adelante (quen llo diría ó Lugo hai unhas xornadas). En todos os partidos haberá emoción ata os instantes finais por todo o que se xogan. 

Xa podedes subir os vosos pronósticos:

PARTIDOS:

LUGO - MIRANDÉS *
GIRONA - DEPORTIVO
NUMANCIA - EIBAR
LAS PALMAS - PONFERRADINA
CÓRDOBA - MALLORCA

A Porra: 11 acertantes na penúltima xornada


Grandísima xornada no que a acertos se refire na Porra. Ata un total de 11 participantes sumaron nesta penúltima xornada. Petete foi o que máis puntos conseguiu sumar: 11, logo de acertar o partido da xornada que lle dou o ascenso ó R.C. Deportivo e tamén o Zaragoza 1 - Sporting 1.

Na parte alta da táboa o gran beneficiado foi o líder Rubencillo que sumou 6 puntos logo de acertar o Zaragoza - Sporting e o Recreativo - Córdoba.

Sumaron 3 puntos Isak (Zar - Spo), Iván Combo (Rec - Cor), José Antonio (Zar - Spo), Pitus (Mll - Lpa), Villolove (Mll - Lpa), Lato (Rec - Cor), Vigo (Rec - Cor), Josito (Zar - Spo) e Rubio (Zar - Spo).

Con esta nova puntuación queda todo pendiente para a última xornada co lider Rubencillo sumando 70 puntos, con 61 segueo Isak, con 59 está Iván Combo, con 54 Villa e con 51 José Antonio.

PARTIDOS:

DEPORTIVO 1 - JAÉN 0 *
EIBAR 1 - LUGO 0
MALLORCA 2 - LAS PALMAS 0
ZARAGOZA 1 - SPORTING 1
RECREATIVO 1 - CÓRDOBA 1

CLASIFICACIÓN:

1. Rubencillo 70
2. Isak 61
3. Iván Combo 59
4. Villa 54
5. José Antonio 51
6. Pitus 47
7. Emilio Tato 45
8. Villalove 43
9. Finito 40
10. Lato 39
11. Esteban 37
12. Chany / Vigo 35
13. Josito 32
14. Petete 31
15. Rubio 14
16. Suso 12
17. Maite 9

venres, 30 de maio de 2014

Venres Música



Palabras maiores..., téñome que poñer de pé para nomear a Fedde Le Grand. Maquinaria holandesa para esta tarde de venres. Véspera de un día que seguro que virá cheo de alegrías para o Real Club Deportivo, por que sí, logo de un ano de idas e vidas: IMOS ACADAR O ASCENSO.

Aquel equipo descendido que moitos daban por morto aló polo mes de xullo e que outros querían matar está vivo e coleando e mañá volverá a onde lle corresponde, que non é outro que a 1ª División co resto de Campións de Liga.

Mañá festexamos en Riazor e despois pola cidade e DOMINGO todo Dios a Maria Pita.

Xa andan a traballar os nervios!!!

VAMOOOOOOSSSSSSS

luns, 26 de maio de 2014

A Porra: Xornada 32 (Penúltima)



Penúltima Xornada da Porra de esta tempada onde está aínda todo o pescado sen vender e onde hai moitos aspirantes ó título. 60 puntos aínda en xogo. Quedan 2 xornadas de infarto.

O partido da Xornada será o Deportivo - Jaén que se disputará o vindeiro sábado 31 de maio a partires das 19,00 horas en Riazor e que pode supoñer o ascenso do Deportivo a 1ª División.

Ide facendo os vosos pronósticos e moita sorte.

PARTIDOS:

DEPORTIVO - JAÉN *
EIBAR - LUGO
MALLORCA - LAS PALMAS
ZARAGOZA - SPORTING
RECREATIVO - CÓRDOBA