martes, 30 de abril de 2013

A Porra: Xornada 30


Entramos na xornada 30 da IV Edición da Porra con un partido estrela que promete: o que disputarán Deportivo e Atlético de Madrid en Riazor o vindeiro sábado 4 de maio a partires das 22.00 horas.

Moita sorte nos vosos pronósticos!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - ATLÉTICO * Partido da Xornada
BARCELONA - BETIS
R. MADRID - VALLADOLID
GETAFE - R. SOCIEDAD
GRANADA - MÁLAGA

A Porra: Isak sube ó terceiro posto


Isak foi o gran triunfador da 29ª xornada da porra logo de sumar 11 puntos que o aupan a terceira posición da táboa clasificatoria. O de Teixeiro acertou o partido da xornada: Atlético 1 - Real Madrid 2 e ademáis acertou tamén o partido que pechaba onte a xornada ligueira, o Betis 1 - Deportivo 1.

O líder Esteban distanciase un pouco máis do 2º clasificado Chany logo de acertar tamén o partido que se xogou onte no Benito Villamarín.

O partido da xornada fixo que ademáis de Isak conseguiran sumar 8 puntos neste encontro Suso (que sube a 5ª prazas), Emilio (que suma por terceira xornada consecutiva) e Villalove (chega os 28 puntos).

RESULTADOS:

ATLÉTICO 1 - R. MADRID 2 * Partido da Xornada
ATHLETIC 2 - BARCELONA 2
BETIS 1 - DEPORTIVO 1
R. SOCIEDAD 4 - VALENCIA 2
ZARAGOZA 3 - MALLORCA 2 

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 65
2. CHANY 59
3. ISAK 49
4. JOSITO 47
5. SUSO 45
6. FINITO 42
7. MAITE 40
8. EMILIO 39
9. JOSÉ ANTONIO 32
10. VILLA / LATO 29
11. VILLALOVE 28
12. PAZITOS 25
13. PITUS / PETETE 23
14. FERREIRO5 / RUBIO 15
15. PIRU 12
16. IVÁN COMBO 11
17. CHINO 9
18. ALBERTO 6


luns, 29 de abril de 2013

Outro Campionato de Tute e seguimos sumando


Non se pode levar mellor xeira de resultados. Pazitos e eu levamos 2 Campionatos disputados esta tempada e gañamos os dous. O sábado foi en Cafetería Ramiro, no Campionato de Tute por invitación na que competimos contra outras 11 parellas. Na fase de grupos derrotamos a Miguel e Roberto, Chafa e Moreno, Chino e Miguel, e Alejandro e Samu. Tan so perdimos con Rubén e Piuco a derradeira partida de grupo cando xa estabamos clasificados.
En semifinais derrotamos a Truki e José Luis e na gran Final a Esteban e Cidre. Foi unha tarde noite moi amena onde as risas foron as grandes protagonistas, máis aínda que a propia baralla.
Darlle a miña noraboa o meu compañeiro de Tute Pazitos, e nada neno, a seguir levantando títulos!!!

WE ARE THE CHAMPIONS!!!

venres, 26 de abril de 2013

Chova ou non chova é fin de semana



Cambiaron as tornas e hoxe o ceo amenceu gris suxerindo que de un momento a outro nos vai comezar a mollar. A temperatura foi a menos, nada que ver con onte e parece que para sábado e domingo aumenta o frío así pois toca abrigarse non vaia ser que volvan os catarros.

A pesares que a climatoloxía na fin de semana non esté pola labor non quita que sexan días de "troulear". Arrancamos hoxe na Coruña, derradeiro partido de Liga de Salesianos, unha tempada para olvidar por mor das abundantes e graves lesións de este ano. Desde aquí darlle ánimo ós compañeiros de equipo para que se recuperen o antes posible... máis mala sorte non se pode ter.

Mañá o día chega completiño, completiño..., campionato de Tute por invitación (II Edición) en Cafetería Ramiro..., casi nada..., medo me da...

E o domingo: surprise, surprise..., jajajajajajaja.

Polo tanto deserxarvos desde aquí unha boa e fructífera finde.

Leemonos o luns

Bicos e abrazos

xoves, 25 de abril de 2013

Hotel Balneario & Golf Club GUITIRIZ


Moi cerquiña de Sobrado, a uns 15 minutos en coche atópase o Hotel Balneario & Golf Club de Guitiriz.

Un establecemento do que case todo o mundo da zona oiu falar pero seguramente non lle prestou a atención que este lugar require.

O Balneario de Guitiriz ten máis de un século de vida, comezou a súa actividade no ano 1908 e logo de uns anos de abandono foi a cadea hoteleira NH quen se encargou de darlle vida co comezo de unha actividade frenética.

Este Hotel-Balneario é un 4 estrelas que ademáis de usos terapéuticos ofrece a posibilidade de poder practicar Golf con un campo que dispón de 9 buracos e que presume de ser un dos máis complexos de toda Galicia.

Pero non queda aquí a oferta do Hotel Balneario de Guitiriz senón que vai moito máis aló: dispón de pista de tenis, 2 pistas de paddle, ximnasio, Bosque Privado ou Rota de Sendeirismo. Un amplo abano de posibilidades para a práctica de actividades nas que se pode pedir prezo sen compromiso, sempre adaptado a todas as carteiras.

Este establecemento está sendo tamén reclamo, cada vez con máis asiduidade, como Centro de Congresos e Convencións. O local ofrece todas as comodidades e adiantos para desenrolar os eventos de xeito satisfactorio.

Isto que vos conto é un breve resumo de todo o que alí podedes encontrar. Aconséllovos que visitedes a súa web www.balneariodeguitiriz.com  e vexades todas as posibilidades que vos estou a citar.

RECOMENDABLE 100%


IX Foliada Melide


Nun par de días celébrase en Melide a xa consagrada Foliada que neste ano 2013 alcanza a súa IX Edición.
O sábado 27 e o domingo 28  os amantes da música máis tradicional teñen unha cita importante no Cerne de Galicia.
Pero é que non so haberá música senón que o evento compleméntase con Artesanía, Obradoiros, Contacontos, Animación de Rúa...

Se aínda non sabíades que facer na vindeira fin de semana déixovos esta atractiva proposta.

MOITA SORTE E MOITO ÁNIMOS @S ORGANIZADOR@S

martes, 23 de abril de 2013

E ti..., de quen ves sendo???



Non saio do meu asombro o xeito do que algunha xente usa a opción "agregar amigos" en Facebook.

Está claro, ou polo menos é o meu caso, que os amigos de Facebook non son coma os de toda a vida. Eu entendo amig@s en Facebook, ademáis de xente coa que teño moita ou habitual relación, a persoas que saudas pola rúa ou nun lugar en concreto. É dicir, que ubicas, situas e sabes como se chaman sen estar a whatsapps todo o día con el@s. Incluso conto por amigos a negocios os que vou, coñezo ou me gustan.

O que xa non entendo é a esta xente que agrega amig@s por agregar..., é dicir, un día entras no teu perfil de Facebook e ves que tes 3 solicitudes de amizade. Nun primeiro momento os nomes non che soan para nada, picas a foto e seguen sen soarche, intentas ver o seu perfil por se andas despistado ou algo e resulta que compartes "1 amigo en común". Vas máis alá e miras a ver quen é ese amigo ou amiga que compartes e a sorpresa chega cando o resultado da búsqueda de ese amig@ ven sendo unha marca publicitaria ou un negocio de Madrid no que estiveche 3 veces na túa vida vida e agregáchelo por que che gustou o seu funcionamento, a súa decoración, o trato ou o que fose...

Actualmente debo ter en torno a 30 solicitudes de amizade sen contestar... e ahí se quedarán... ben cho sabe Deus!

luns, 22 de abril de 2013

A Porra: Xornada 29


Derbi dos grandes o que nos depararán Atlético e Real Madrid o vindeiro sábado 27 a partires das 20.00 horas. Este será o partido da xornada.
Ademáis partidos de moito interese, como o outro "clásico" Athletic Club - F.C. Barcelona, ou o partido onde está en xogo a última praza de Champions, o R. Sociedad - Valencia. Ademáis incluimos un partido non apto para cardíacos na loita polo descenso: Zaragoza - Mallorca.
Mención especial para o Betis - Deportivo pois xogarase o luns 29 a partires das 22.00 horas así pois ata o martes 30 non haberá clasificación da porra.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - R. MADRID * Partido da Xornada
ATHLETIC CLUB - BARCELONA
BETIS - DEPORTIVO
R. SOCIEDAD - VALENCIA
ZARAGOZA - MALLORCA

Que haxa sorte!!!

A Porra: Esteban volve ó máis alto


Esteban retoma o liderato da competición logo de unhas xornadas de mandato de Chany. O novo líder acertou o partido da xornada (Deportivo 1 - Athletic 1) o que lle supuxo sumar 8 puntos que o fan chegar ata os 62. Tamén Iván Combo acertou dito partido, no seu caso abandona a última posición e sube dúas por riba de Chino e Alberto.

Tamén foi unha boa xornada para Emilio ó sumar 6 puntos logo de acertar os partidos R. Madrid 3 - Betis 1 e Sevilla 0 - Atlético 1.

Ademáis sumamos 3 puntos os seguintes participantes: José Antonio (Sevilla 0 - Atlético 1), Piru (R. Madrid 3 - Betis 1) e un servidor (R. Madrid 3 - Betis 1).


PARTIDOS:

DEPORTIVO 1 - ATHLETIC CLUB 1* Partido da Xornada
BARCELONA 1 - LEVANTE 0
R. MADRID 3 - BETIS 1
SEVILLA 0 - ATLÉTICO 1
OSASUNA 0 - R. SOCIEDAD 0

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 62
2. CHANY 59
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. JOSÉ ANTONIO 32
9. EMILIO 31
10. VILLA / LATO 29
11. PAZITOS 25
12. PITUS / PETETE 23
13. VILLALOVE 20
14. FERREIRO5 / RUBIO 15
15. PIRU 12
16. IVÁN COMBO 11
17. CHINO 9
18. ALBERTO 6

venres, 19 de abril de 2013

Súbelooooo!!!



Logo da fructuosa visita na noite de onte á Festa da Hostalería de Melide hoxe decatámonos de golpe e porrazo que xa é venres (outra vez).

Desta volta non deixo escapar a oportunidade de colgar este videoclip que xa levaba algún tempo rondándome na cabeza para postear. A min particularmente resúltame simpatiquisimo.

Que teñades boa fin de semana que parece que pode ser moi pero que moi aproveitable.

Vémonos onde xa sabedes (máis ou menos)

Unha aperta

xoves, 18 de abril de 2013

VII Festa da Hostalería de Melide


Hoxe, todos os amantes das Grandes Orquestras Galegas están de noraboa. Xusto aquí o ladiño (18 quilómetros por "dentro" e 25 por "fora"), en Melide, celébrase a VII Festa da Hostelería. O nivel do cártel no que a Orquestras se refire é espectacular con dúas das mellores formacións fronte a fronte. De un lado PARÍS DE NOIA, do outro FANIA BLANCO SHOW. A verdade é que como antesala do que serán as festas do verán non estará nada pero que nada mal...

Ademáis, se desexades cear no propio lugar onde se celebrará o evento: o Pazo de Congresos e Exposicións de Melide, non tedes máis que "soltar" 20 euriños. O menú inclue: polbo, carne á caldeira con patacas, pan, postre e café. Ademáis de viño, auga e refrescos.

Xa sabedes, se o corpo vos pide festa, esta noite tedes unha gran oportunidade para cumprirlle os seus gustos.

Un saúdo

martes, 16 de abril de 2013

Pontevedra

Non me digades o porqué, sempre asociei bo tempo á cidade de Pontevedra a pesares de non ser unha cidade "praieira". Teñolle un especial cariño á "capital de provincia" pois alí naceu meu bisavó materno e queiras que non o sangue tira.
Gústame especialmente a foto aérea que vedes arriba onde se detecta claramente o transcurrir da súa Ría, coas pontes que permiten acceder ó casco antigo e o groso de vivendas habitables.
Pontevedra é unha cidade que merece a pena visitar, a min gústame especialmente o seu Casco Antigo, coas súas "coquetas", estreitas e empredradas rúas que van dando paso a prazas de renome coma a do Teucro (nome de heroe da mitoloxía grega) ou a Praza da Leña (Foto). Unha das características principais da zona vella de Pontevedra son as  súas silliñas de madeira nas terrazas onde poder picar ou tomar algo con unha temperatura agradable (en época de primaveira e verán claro está...). RECOMENDABLE!!!
Non podemos pasear pola zona máis antiga da cidade sen chegar a un dos seus emblemas, a Igrexa da Peregrina, como vedes na foto sobran as palabras ante tan espectacular fachada.
Compre reseñar tamén a beleza das pontes que enlazan ambas partes da Ría con un diseño nalgúns casos bastante moderno e estéticamente moi vistoso polas noites (foto superior).

En definitiva, unha cidade que cada vez que vou fai que me apeteza máis volver. Seguro que en breves caerá outra deseada visita.

luns, 15 de abril de 2013

A Porra: Xornada 28


Partidazo en Riazor o vindeiro domingo 21 a partires das 21.00 horas. Dous clubes que teñen moitos lazos de unión enfrontanse nun partido no que o Deportivo busca seguir coa súa xeira de victorias e o Athletic loita por non pasar apuros nas 7 xornadas que restan de campionato. Será o partido estrela!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - ATHLETIC CLUB * Partido da Xornada
BARCELONA - LEVANTE
R. MADRID - BETIS
SEVILLA - ATLÉTICO
OSASUNA - R. SOCIEDAD

A Porra: movementos na parte media da Clasificación


Nunha xornada pobre en acertos tan so se moveu a Clasificación na súa parte media grazas o Zaragoza 0 - Barcelona 3. Emilio e eu fumos os únicos acertantes da xornada así que polo tanto sumamos 3 puntos que nos permite escalar unha posición a cada un.

A xeral siguea liderando Chany con 56 puntos seguido de Esteban con 54 e Josito con 47.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB 0 - R. MADRID 3 *Partido da Xornada
ZARAGOZA 0 - BARCELONA 3
LEVANTE 0 - DEPORTIVO 4
ATLÉTICO 5 - GRANADA 0
RAYO VALLECANO 0 - R. SOCIEDAD 2

CLASIFICACIÓN:

1. CHANY 56
2. ESTEBAN 54
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. LATO 26
10. PAZITOS / EMILIO 25
11. PITUS / PETETE 23
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3

venres, 12 de abril de 2013

A encerar!!!



Un venres máis retomamos a escena Dance con un dos artistas do momento, Will.i.am acompañado desta volta pola sempre polémica Britney Spears.

Comeza unha fin de semana no que as expectativas parecen boas polo menos ó que climatoloxía se refire. Hoxe por fin puidemos albiscar o Rei Sol e parece que mañá Lorenzo fará presencia desde primeira hora do día subindo así a temperatura. Non foi sen tempo...

Espero que disfrutedes tanto destes días como o vou facer eu pois preséntanse grandes, numerosos e importantes eventos nestes días.

Unha aperta, lémonos o luns!!!

xoves, 11 de abril de 2013

2º Aniversario de "A Boa Viña A Boa Vida"



É imposible visitar a zona dos viños no Casco Antigo de Melide e non deixarse caer por "A Boa Viña A Boa Vida", un renovado local decorado con todo luxo de detalles que vai cumplir 2 anos de vida da man do xove e emprendedor  Alberto Buján.

Non lle falta nin o máis mínimo detalle a este innovador establecemento no que ademáis de ser posuidor de grandes e variadas referencias vinícolas tamén dispón de Cervexa de Bodega así coma de unha gran especialización en Gin Tonics "Premium" e Mojitos.

Como vedes, déixovos o cartel anunciador do 2º aniversario do local onde segundo palabras do xerente do local, o gran Alberto Buján, "non podedes faltar a esta importante cita" anotade a data no calendario.

VENRES 26 DE ABRIL

QUEDADES CONVIDADOS!!!

martes, 9 de abril de 2013

Borregos!!!



O ser humano é borrego por natureza. Temos a dudosa honorabilidade de repetir o que fai a "manada" tal cual ovellas. Se hai uns anos, se puxo de moda que o Día dos Namorados había que regalarlle algo á parella, ala vai unha inmensa maioría a mercar un agasallo para o 14 de febreiro (non pode ser noutra data).

Se os culebróns televisivos se puxeron de moda hai uns anos con uns índices de audiencia impensables, esa mesma fórmula é a opción a repetir ata cansarnos e aburrirnos, incluso asquearnos. Despois chegou o "efecto Gran Hermano" coa súa "vida en directo", éxito total e repetición de fórmula en diversas cadeas televisivas ata entrar en debacle. Xa non quero falar dos programas de cotilleos e dos "piscinazos" actuais que me poño malo...

Se sae un cantante, que de golpe e porrazo, a base de que "x" discográfica pague o "ouro e o mouro" para que nas cadeas de radio e television lle den bola con tal de aupar ata o máis alto ó "artista" en cuestión, non hai dúbida, ó final ese será o músico do ano e do momento, e da igual que non lle gustase a ninguén os seus traballos, ó final a xente traga e escoitao sí ou sí.

Todo esto que relato é para poñervos en antecedentes do que quero falar hoxe, que non é nin máis nin menos que do "Día Internacional de...".

Os "Días Internacionais de..." apareceron coma unha boa causa, para recordar e axudar a cura e prevención de determinadas desgrazas ou enfermidades máis ou menos graves. Ata ahí todo perfecto, pareceme un tema máis que xustificado. Todo o que sexa intentar previr e curar de "efectos nocivos" sexan do tipo que sexan está claro que é un acto solidario e incluso bonito. O que xa non é de recibo é a prostitución que se lle ven dando ó "Día Internacional de..." pois de un tempo a esta parte calqueira cousa serve para ter en conta. Entérome que hoxe é o "Día Internacional do Gin Tonic"..., estamos de coña ou é que estamos de coña???

Onde vai dar isto, realmente estase a comparar o Día Internacional de algún tipo de Cancro, ou da Pobreza... con unha bebida? Pareceme detestable e incluso repugnante.

O peor é que seguro que aínda haberá xente que coa excusa do Día Internacional do Gin Tonic hoxe tomará  un ou dous ou os que sexan... coma se os demáis días non o bebesen.

En definitiva: somos uns borregos!!!

Boa tarde

luns, 8 de abril de 2013

A Porra: Xornada 27


Un partido dos denominados "Clásicos" será o protagonista do partido estrela da Xornada 27 da porra. Falamos do Athletic Club - R. Madrid que se disputará o vindeiro domingo 14 a partires das 21.00 horas. Xa podedes ir facendo os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

Athletic Club - R. Madrid * Partido da Xornada
Zaragoza - Barcelona
Levante - Deportivo
Atlético - Granada
Rayo Vallecano - R. Sociedad 

A Porra: Chany novo líder



Chany é o novo e flamante líder da clasificación da Porra 2012/2013 logo de ser ó único participante desta xornada que foi quen de acertar algún resultado. O seu único acerto non puido ser mellor elexido, pois curiosamente foi o partido da xornada, o Deportivo 3 - Zaragoza 2 que lle proporcionou 8 puntos e chegar así os 56 puntos superando así en 2 ó agora segundo clasificado Esteban.

Estes foron os RESULTADOS:

DEPORTIVO 3 - ZARAGOZA 2 * Partido da Xornada
BARCELONA 5 - MALLORCA 0
R. MADRID 5 - LEVANTE 1
GETAFE 0 - ATLÉTICO 0
R. SOCIEDAD 4 - MÁLAGA 2

CLASIFICACIÓN:

1. CHANY 56
2. ESTEBAN 54
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. PAZITOS 25
10. PITUS / PETETE / LATO 23
11. EMILIO 22
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3


venres, 5 de abril de 2013

Os máis Jrandes!!!




Unha das mellores novas que nos trouxo o ano 2012 no que a música se refire foi a volta ós escearios "dos máis Jrandes", os HEREDEIROS DA CRUS.

Logo de uns anos separados e elexindo camiños diferentes, os seus compoñentes decidiron volver a actividade para gran ledicia dos miles de seguidores que idolatramos este grupo do Barbanza.

Letras disparatadas, divertidas, cheas de controversia..., son uns auténticos showmans tanto enriba dos escearios coma en persoa. Teño a fortuna de coñecer a Tonhito de Poi e podo asegurar  que é tal como se ve na televisión, non actúa, é a súa forma de ser, un verdadeiro espectáculo de tío. Pero os seus compañeiros non lle andan a zaga, se vedes entrevistas deles queda claro que se toman todo con humor e que xeran "bo rollo" aló por onde pasan.

Como dixen volveron a actividade e o seu concerto de presentación foi na Sala LP45 de Ordes, de aquí proven o videoclip que inserto hoxe coma remate a esta semana. A canción "R7 (O Jran Batacaso)" é un dos clásicos do seu primeiro disco "A Cuadrilla de Pepa a Loba", unha historia real que lle aconteceu ó citado Tonhito de Poi e que non deixaron escapar a oportunidade de darlle música e letra a anécdota co seu particular estilo.

Que teñades unha boa fin de semana, eu ando atacado dos nervos co partido de mañá.

FORZA DEPOR!!! 

xoves, 4 de abril de 2013

O Camiño de Santiago ó detalle



Veño de descubrir unha web que pode ser de moita utilidade para peregrinos e xente que esté interesada de algún xeito no CAMIÑO DE SANTIAGO.

A web en cuestión é www.gronze.com e se tedes un anaquiño do voso prezado tempo invítovos a que lle votedes unha ollada xa que merece a pena.

Con unha información abondosa e completa, gronze.com informa sobre todos e cada un dos Camiños que leva a Compostela. Inclúe mapas e croquis, información básica, todos os albergues, galería de fotos, comparte experiencias de peregrinos, ten un foro onde expoñer opinións e dúbidas, detalla etapa por etapa os entresixos de cada ruta...

Pero ademáis explica o antes, o durante e o despois de iniciar a Ruta Xacobea explicando a Credencial, o material a usar, se hai problemas físicos, como funcionan os albergues, servizos ó peregrino...

Seguramente a web máis completa relativa ó CAMIÑO DE SANTIAGO no que levo visto na rede.

Moi recomendable!!!

martes, 2 de abril de 2013

EXPODRINKS: o maior salón de destilados e mixers de Galicia en Vigo


Todos aquel@s amantes dos destilados e mixers (como se lles denomina agora) tedes unha importante cita o xoves 6 de xuño no Pazo de Congresos Mar de Vigo onde terá lugar o maior salón de esta modalidade que se celebra en Galicia chamado Expodrinks.

Será un lugar de encontro onde os profesionais do sector se darán cita e poderán descubrir unha ampla variedade de destilados e mixers, ademáis será un novo punto de referencia para que as diversas marcas den a coñecer os seus productos.

A Campiona de España de Gintonic Innovación e Campiona Panamericana de Coctelería, Ana María Martínez, representará e promocionará Expodrinks en diferentes actos.

O salón contará con un encontro entre bloggers e marcas, onde se farán catas e degustacións a cargo de Brand Ambassadors.

Ademáis, paralelamente desenrolaranse obradoiros e conferencias.

Anotade ben a data, seguro que a moit@s de vos lles pode interesar esto.

Un saúdo

luns, 1 de abril de 2013

A Porra: Xornada 26


O partido máis interesante da xornada 26 da porra non se xogará na parte alta da clasificación la Liga BBVA senón na parte baixa. Será o sábado a partires das 20.00 horas no Estadio de Riazor, alí un Deportivo en clara racha ascendente xógase aferrarse a Primeira División contra un rival directo como é o Real Zaragoza. Unha victoria local deixaría os de Fernando Vázquez a tan so 1 punto de distancia para sair da "queima" cando hai dúas xornadas estaba a 9 puntos da salvación.

PARTIDOS:

DEPORTIVO - ZARAGOZA * Partido da Xornada
BARCELONA - MALLORCA
R. MADRID - LEVANTE
GETAFE - ATLÉTICO
R. SOCIEDAD - MÁLAGA

Moita sorte!!!

A Porra: Chany sube a 2ª praza e Maite a 5ª

Chany, Maite e Rubio foron os únicos participantes que sumaron nesta xornada da Porra.Chany acertou o Espanyol 2 - R. Sociedad 2 e con estos 3 novos puntos aúpase a 2ª praza da táboa clasificatoria con 48 a so 6 puntos do líder Esteban. Maite tamén puntuo o acertar o mesmo partido, os 3 puntos sérvenlle a Maite para sobrepasar a Isak e con 40 puntos está xa na 5ª praza. Ademáis Rubio adiantou unha posición na táboa logo de acertar o Atlético 1 - Valencia 1. Empata na 13ª posición con Ferreiro5 a 15 puntos.

PARTIDOS:

CELTA 2 - BARCELONA 2 * Partido da Xornada
ZARAGOZA 1 - R. MADRID 1
MALLORCA 2 - DEPORTIVO 3
ATLÉTICO 1 - VALENCIA 1
ESPANYOL 2 - R. SOCIEDAD 2

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 54
2. CHANY 48
3. JOSITO 47
4. FINITO 42
5. MAITE 40
6. ISAK 38
7. SUSO 37
8. VILLA / JOSÉ ANTONIO 29
9. PAZITOS 25
10. PITUS / PETETE / LATO 23
11. EMILIO 22
12. VILLALOVE 20
13. FERREIRO5 / RUBIO 15
14. CHINO / PIRU 9
15. ALBERTO 6
16. IVÁN COMBO 3