xoves, 12 de decembro de 2013

La Dulce María de novo en acción


La Dulce María grupo de recente creación que versionea os mellores éxitos en español dos anos 80 volverá a estar mañá polo interior da provincia da Coruña.

Desta volta será en Melide, concretamente en "A Fundación", onde o grupo do que forma parte o batería nado en Sobrado Pablo Espido ofrecerá a todos os asistentes música de moi alto nivel.

A calidade de La Dulce María quedou máis que demostrada hai excasas fechas no Pub Forxín de Cafetería Ramiro aquí en Sobrado onde todos os asistentes quedaron con un magnífico sabor de boca e con gañas de repetir actuación.

Se aínda non os coñecedes recoméndovolos, son espectacularmente bos!!! e se xa os coñecedes que mellor oportunidade que acercarse a velos e disfrutar de unha gran noite coa mellor música en directo.

Ningún comentario: