luns, 30 de decembro de 2013

A Porra: Xornada 11


Que mellor xeito de comezar o ano 2014 que con un auténtico partidazo como o máis reseñable da xornada. Unha verdadeira festa do fútbol, un derbi histórico entre os dous grandes equipos vascos: Real Sociedad e Athletic Club de Bilbao. Este será o partido estrela de esta xornada 11 da Porra. O encontro disputarase o domingo 5 de xaneiro (véspera de Reis) as 20,00 horas. Para tod@s aqueles que desexedes ver o encontro comentarvos que será Canal + a cadea encargada da retransmisión.

PARTIDOS:

REAL SOCIEDAD - ATHLETIC CLUB *
BARCELONA - ELCHE
MÁLAGA - ATLÉTICO
JAÉN - DEPORTIVO
MARINO - ATL. SOBRADO

Sorte!!!

luns, 23 de decembro de 2013

A Porra: primeira xornada sen acertantes



Ningún dos participantes de esta xornada foron quen de acertar algún partido. Así pois é a primeira xornada de esta 5ª edición na que a Clasificación non sufre ningún tipo de variación. Para a semana non haberá porra pois hai parón ligueiro debido as Festas de Nadal. En próximos días habilitaremos a seguinte xornada (primeira do ano 2014).

PARTIDOS:

VALENCIA 2 - REAL MADRID 3 *
GETAFE 2 - BARCELONA 5
ATLÉTICO 3 - LEVANTE 2
DEPORTIVO 3 - NUMANCIA 3
ATL. SOBRADO 3 - OBRERO 3

CLASIFICACIÓN

1. PITUS 27
2. VILLALOVE 23
3. RUBENCILLO 22
4. ESTEBAN 20
5. ISAK 19
6. JOSÉ ANTONIO 17
7. IVÁN COMBO 16
8. VILLA 14
9. CHANY / LATO 12
10. VIGO 11
11. RUBIO 8
12. FINITO / MAITE / PETETE 6
13. EMILIO TATO / JOSITO 3
14. SUSO 0

luns, 16 de decembro de 2013

A Porra: Xornada 10



A xornada 10 da porra traenos un auténtico partidazo que será o encontro Estrela de esta xornada. En Mestalla veranse as caras un Valencia C.F. en crise institucional e de resultados fronte a un R. Madrid que non pode fallar máis se quere seguir tendo opcións de conquistar o título ligueiro. Quen acerte este encontro obterá 8 puntos.

Sorte a tod@s!!!

PARTIDOS:

VALENCIA - R. MADRID *
GETAFE - BARCELONA
ATLÉTICO - LEVANTE
DEPORTIVO - NUMANCIA
ATL. SOBRADO - OBRERO

A Porra: Pitus volve ó liderato



De todas as edicións que levamos da Porra (esta é a 5ª) xamáis houbo tanta alternancia na cabeza da táboa como está a haber nesta tempada. A semana pasada comandaban a clasificación Esteban e Villalove pero esta semana é Pitus logo do seu acerto no partido da xornada o que lidera con 27 puntos a competición. Hai cambios moi significativos xa que agora o que ocupa o segundo lugar é Villalove en solitario o sumar 3 puntos logo de acertar o partido do Atlético Sobrado. 3º é Rubencillo con 22 puntos que tamén sumou 8 froito do Barça 2 - Villarreal 1. Iván Combo acertou o partido da xornada por segunda semana consecutiva chegando xa os 16 puntos que o fan situarse 7º na táboa clasificatoria. Xa por último quen vos escribe acertou o Atl. Sobrado 3 - Almeiras 1 e Atlético 3 - Valencia 0 sumando 6 puntos e acadando un total de 12 que me fan compartir a 9º praza con Chany.

RESULTADOS:

BARCELONA 2 - VILLARREAL 1 *
ATLÉTICO 3 - VALENCIA 0
OSASUNA 2 - R. MADRID 2
EIBAR 2 - DEPORTIVO 1
ATL. SOBRADO 3 - ALMEIRAS 1

CLASIFICACIÓN:

1. PITUS 27
2. VILLALOVE 23
3. RUBENCILLO 22
4. ESTEBAN 20
5. ISAK 19
6. JOSÉ ANTONIO 17
7. IVÁN COMBO 16
8. VILLA 14
9. CHANY / LATO 12
10. VIGO 11
11. RUBIO 8
12. FINITO / MAITE / PETETE 6
13. EMILIO TATO / JOSITO 3
14. SUSO 0


xoves, 12 de decembro de 2013

La Dulce María de novo en acción


La Dulce María grupo de recente creación que versionea os mellores éxitos en español dos anos 80 volverá a estar mañá polo interior da provincia da Coruña.

Desta volta será en Melide, concretamente en "A Fundación", onde o grupo do que forma parte o batería nado en Sobrado Pablo Espido ofrecerá a todos os asistentes música de moi alto nivel.

A calidade de La Dulce María quedou máis que demostrada hai excasas fechas no Pub Forxín de Cafetería Ramiro aquí en Sobrado onde todos os asistentes quedaron con un magnífico sabor de boca e con gañas de repetir actuación.

Se aínda non os coñecedes recoméndovolos, son espectacularmente bos!!! e se xa os coñecedes que mellor oportunidade que acercarse a velos e disfrutar de unha gran noite coa mellor música en directo.

luns, 9 de decembro de 2013

A Porra: Xornada 9


Logo de unha emocionante xornada 8 retornan os partidos da Liga BBVA a Porra. Desta volta o partido estrela será un emocionante Barcelona - Villarreal.

Sorte a todos!!!

PARTIDOS:

BARCELONA - VILLARREAL *
ATLÉTICO - VALENCIA
OSASUNA - R. MADRID
EIBAR - DEPORTIVO
ATL. SOBRADO - ALMEIRAS

A Porra: Tolemia Colectiva



Unha auténtica tolemia de acertos foi a que dou esta xornada da porra. Ata un total de 9 participantes conseguiron sumar desta volta así que a clasificación experimenta terribles variacións. Poñereivos un pequeno resumo dos acertantes de esta xornada para non liarnos:

Isak: 11 puntos (Dep-Ala / Zar-Cor)
Villalove: 11 puntos (Dep-Ala / Pon-Eib)
Vigo: 8 puntos (Dep-Ala)
Esteban: 8 puntos (Dep-Ala)
Iván Combo: 8 puntos (Dep-Ala)
Chany: 6 puntos (Pon-Eib / Zar-Cor)
Maite: 3 puntos (Pon-Eib)
Emilio: 3 puntos (Pon-Eib)
Petete: 3 puntos (Zar-Cor)

RESULTADOS:

DEPORTIVO 2 - ALAVÉS 1 *
STA. CRUZ 3 - ATL. SOBRADO 0
PONFERRADINA 2 - EIBAR 1
MALLORCA 0 - NUMANCIA 0
ZARAGOZA 2 - CÓRDOBA 1

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN / VILLALOVE 20 puntos
2. ISAK / PITUS 19 puntos
3. JOSÉ ANTONIO 17 puntos
4. RUBENCILLO / VILLA 14 puntos
5. CHANY 12 puntos
6. VIGO 11 puntos
7. IVÁN COMBO / RUBIO 8 puntos
8. FINITO / LATO / MAITE / PETETE 6 puntos
9. EMILIO TATO / JOSITO 3 puntos
10. SUSO 0 puntos

luns, 2 de decembro de 2013

A Porra: Xornada 8


De novo haberá parón ligueiro na 1ª División polo que de novo o Deportivo ocupará protagonismo no partido da Xornada. O equipo de Fernando Vázquez repetirá esceario e xogará de novo en Riazor diante da súa afeción o sábado a partires das 18,15 horas (La Sexta) contra un histórico, o C.D. Alavés.

Sorte e animádevos a participar!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - ALAVÉS *
STA. CRUZ - ATL. SOBRADO
MALLORCA - NUMANCIA
PONFERRADINA - EIBAR
ZARAGOZA - CÓRDOBA

A Porra: o Líder non afloxa


Pitus, líder da Porra 2013/2014 non afloxa no cume da cabeza da táboa e volveu a sumar esta fin de semana. 3 puntos no acerto do Athletic 1 - Barcelona 0 fan que Pitus chegue xa os 19 puntos.
Tampouco afloxa José Antonio que acertou o Elche 0 - Atlético 2 e que se sitúa en solitario na segunda praza con 17 puntos.
Rubencillo sitúase terceiro empatada con Villa a 14 puntos logo do seu acerto no R. Madrid 4 - Valladolid 0.
Esteban aparece en solitario na 5ª posición logo de sumar 3 novos puntos no Atl. Sobrado 1 - Brexo Lema 1. 
Chany tamén suma 3 puntos o acertare o mesmo partido que Rubencillo, o disputado no Santiago Bernabeu. 
Xa por último Petete inaugurou o seu casilleiro de puntos o acertar tamén o R. Madrid - Valladolid.

RESULTADOS:

DEPORTIVO 0 - LUGO 0 *
ATL. SOBRADO 1 - BREXO LEMA 1
ATHLETIC CLUB 1 - BARCELONA 0
R. MADRID 4 - VALLADOLID 0
ELCHE 0 - ATLÉTICO 2

CLASIFICACIÓN:

1. PITUS: 19 
2. JOSÉ ANTONIO: 17
3. RUBENCILLO / VILLA: 14
4. ESTEBAN: 12
5. VILLALOVE: 9
6. ISAK / RUBIO: 8
7. CHANY / FINITO / LATO: 6
8. JOSITO / MAITE / PETETE / VIGO: 3
9. EMILIO TATO / IVÁN COMBO / SUSO: 0