mércores, 27 de novembro de 2013

II VENRES ANTICRISE en CAFÉ LECER



A Xerencia de CAFÉ LECER (Praza Portal 23 en Sobrado dos Monxes) non quere que a Crise que nos afecta sexa un impedimento para que clientela e amigos visiten o seu negocio e pasen a degustar as súas exquisitas tapas de cociña.

Para este VENRES 29 DE NOVEMBRO en CAFÉ LECER celebrarase a II Edición do VENRES ANTICRISE. Logo do exito do mes pasado CAFÉ LECER volve a carga: MAGOSTO, TAPAS DE COCIÑA e... ATENCIÓN...

CAÑAS DE CERVEXA E CHUPITOS A 1€ 

*EN HORARIO DE 19,00 A 01,00 HORAS

Achégate este venres por CAFÉ LECER e olvídate da Crise por unhas horas!!!

luns, 25 de novembro de 2013

A Porra: Xornada 7




O sábado 30 de novembro a partires das 18,15 horas celébrase no Estadio Municipal de Riazor a festa do fútbo galego. Un auténtico partidazo de dous equipos (Deportivo líder e Lugo 4º clasificado) que están tendo gran protagonismo neste primeiro tercio ligueiro.
Será a primeira vez que ámbolos conxuntos se enfronten na 2ª División en partido oficial. Un encontro que ten todas as pintas de que vai a ser unha gran festa para ámbalas aficións e na que agardemos se vexa un bo encontro. Este será o partido estrela da Xornada 7 da porra.

PARTIDOS:

DEPORTIVO - LUGO *
ATL. SOBRADO - BREXO LEMA
ATHLETIC CLUB - BARCELONA
R. MADRID - VALLADOLID
ELCHE  - ATLÉTICO 


A Porra: Pitus novo líder


Pitus é o novo líder da competición logo de acertar onte o partido da Xornada: Ponferradina 0 - Deportivo 1. Estes 8 puntos que suma engádenselle a outros 8 que tiña na clasificación sumando así 16 e situándose en solitario na cima da clasificación.
Pero non foi so Pitus quen acertou o partido da Xornada pois Rubio tamén fixo o mesmo estreándose así no seu casilleiro de puntos e ascendendo a 5ª posición da táboa.
A outra participante que sumou nesta 6ª data da porra foi Maite que acertou o Barcelona 4 - Granada 0. Así pois suma 3 puntos e estrea o seu casilleiro.

RESULTADOS:

PONFERRADINA 0 - DEPORTIVO 1 *
PASTORIZA 4 - ATL. SOBRADO 0
BARCELONA 4 - GRANADA 0
ALMERÍA 0 - R. MADRID 5
ATLÉTICO 7 - GETAFE 0

CLASIFICACIÓN:

1. Pitus = 16 puntos
2. José Antonio / Villa = 14 puntos
3. Rubencillo = 11 puntos
4. Esteban / Villalove = 9 puntos
5. Isak / Rubio = 8 puntos
6. Finito / Lato = 6 puntos
7. Chany / Josito / Maite / Vigo = 3 puntos
8. Emilio Tato / Iván Combo / Petete / Suso = 0 puntos

luns, 18 de novembro de 2013

A Porra: Xornada 6


A Liga BBVA retoma a competición doméstica así pois volverán a estar incluidos nesta xornada da Porra partidos desta categoría ademáis do Atlético Sobrado e o R. C. Deportivo. O partido estrela da 6ª xornada será o que enfronte o domingo en "El Toralín" a S.D. Ponferradina e Real Club Deportivo. Un bonito partido con dous equipos que están a facer unha gran tempada e que seguro que estarán loitando polos postos altos da táboa ata o final de campaña.

Por certo, os que aínda non comezastes a participar na porra da tempada 2013/2014 xa estades tardando. 

ANIMÁDEVOS!!!

PARTIDOS:

S.D. PONFERRADINA - R.C. DEPORTIVO *
PASTORIZA - ATL. SOBRADO
BARCELONA - GRANADA
ALMERÍA - R. MADRID
ATLÉTICO - GETAFE


A Porra: xornada moi prolífica


Un total de 8 participantes sumamos nesta 5ª xornada da Porra. O partido Murcia 1 - Sporting 1 fixo sumar puntos a Jose Antonio, Villa, Esteban, Rubencillo, Vigo, Villalove e quen vos escribe. Pola súa banda o Ponferradina 0 - Lugo 2 doulle puntos a Finito e de novo a Villalove polo que este último suma 6 puntos nesta xornada. Así pois a clasificación sufre alteracións apretándose cada día máis xa que a distancias entre os primeiros e os últimos é moi reducida.

RESULTADOS:

DEPORTIVO 3 - MALLORCA 1 *
PONFERRADINA 0 - LUGO 2
ATL. SOBRADO 2 - SP. BURGO 3
MURCIA 1 - SPORTING 1
CÓRDOBA 4 - HÉRCULES 2

CLASIFICACIÓN:

1. JOSÉ ANTONIO / VILLA = 14 puntos
2. RUBENCILLO = 11 puntos
3. ESTEBAN / VILLALOVE = 9 puntos
4. ISAK / PITUS = 8 puntos
5. FINITO / LATO = 6 puntos
6. CHANY / JOSITO / VIGO = 3 puntos
7. EMILIO TATO / MAITE / PETETE / RUBIO / SUSO = 0 puntos

luns, 11 de novembro de 2013

A Porra: Xornada 5


Como ben sabedes a vindeira fin de semana non haberá Liga na Primeira División así que centraremos a xornada na apaixoante Liga de 2ª. O partido estrela será un encontro de recén descendidos que loitan por voltar á máxima categoría: Deportivo - Mallorca Domingo 17 de novembro as 12,00 horas televisado por Canal +.

Participade e sorte!!!

PARTIDOS:

DEPORTIVO - MALLORCA *
PONFERRADINA - LUGO
ATL. SOBRADO - SP. BURGO
MURCIA - SPORTING
CÓRDOBA - HÉRCULES

A Porra: José Antonio e Rubencillo acertan o partido da xornada


José Antonio foi o gran protagonista da 4ª Xornada da porra  logo de acertar o partido da xornada (Villarreal 1 - Atlético 1) e o Recreativo 0 - Deportivo 1. Suma así 11 puntos convertindose no primeiro participante de esta semana que acerta dous partidos na mesma xornada. Estes acertos sérvenlle para auparse a 1ª posición empatado con Villa.

Rubencillo tamén dou un golpe sobre a mesa o acertar tamén o partido estrela sumando 8 puntos na xeral.

Esteban e Josito sumaron 3 puntos nesta xornada: o primeiro acertou o Betis 1 - Barcelona 4 e o segundo o Recreativo 0 - Deportivo 1.

RESULTADOS:

VILLARREAL 1 - ATLÉTICO 1 * Partido Estrela
RECREATIVO 0 - DEPORTIVO 1
CULLEREDO 4 - ATL. SOBRADO 0
R. MADRID 5 - R. SOCIEDAD 1
BETIS 1 - BARCELONA 4

CLASIFICACIÓN:

1. José Antonio / Villa 11 puntos
2. Isak / Pitus / Rubencillo 8 puntos
3. Esteban 6 puntos
4. Chany / Finito / Josito / Lato / Villalove 3 puntos
5. Emilio Tato / Petete / Rubio / Suso / Vigo 0 puntos

luns, 4 de novembro de 2013

A Porra: Xornada 4


De novo o Atlético de Madrid será protagonista no partido estrela da 4ª xornada da Porra. Os de Simeone desplazaranse ó "Madrigal" para enfrontarse ó Villarreal C.F.

Fagan as súas apostas!!

PARTIDOS:

VILLARREAL - ATLÉTICO
RECREATIVO - DEPORTIVO
CULLEREDO - ATL. SOBRADO
R. MADRID - R. SOCIEDAD
BETIS - BARCELONA

A Porra: Isak acerta o partido da xornada e sube ata a 2ª posición

Isak acertou o Atlético 2 - Athletic Club 0 que era o partido da xornada e sube ata a 2ª posición da Clasificación empatado con Pitus a 8 puntos.
Finito e quen vos escribe acertamos o Deportivo 2 - R. Madrid Castilla 0 sumando 3 puntos e estreándonos na táboa.
Non houbo máis acertantes nunha clasificación na que unha semana máis segue líder Villa con 11 puntos.

RESULTADOS:

ATLÉTICO 2 - ATHLETIC CLUB 0
DEPORTIVO 2 - R. MADRID CASTILLA 0
ATL. SOBRADO 0 - SP. CAMBRE 2
BARCELONA 1 - ESPANYOL 0
RAYO VALLECANO 2 - R. MADRID 3

CLASIFICACIÓN:

1. VILLA 11 Puntos
2. ISAK / PITUS 8 puntos
3. CHANY / ESTEBAN / FINITO / LATO / VILLALOVE 3 Puntos
4. EMILIO TATO / JOSÉ ANTONIO / JOSITO / PETETE /RUBENCILLO / RUBIO / SUSO / VIGO 0 Puntos