xoves, 31 de outubro de 2013

Ser galeg@, un ORGULLO! Antes, Agora e Sempre



Sobran as palabras para o novo anuncio de Gadis. A nosa terra, a nosa xente, as nosas costumes...


SOMOS ÚNICOS

SOMOS GALEG@S

luns, 28 de outubro de 2013

A Porra: Xornada 3


O PARTIDO ESTRELA da xornada 3 para Porra será o enfrontamento entre conxuntos roxibrancos: Atlético de Madrid vs Athletic Club. Un emocionante clásico de dous equipos que esta tempada están a loitar polos postos altos da táboa clasificatoria. * Recórdovos que o Barcelona - Espanyol xogarase o VENRES 1 de NOVEMBRO así pois conven non despistarse para facer os pronósticos.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - ATHLETIC CLUB * Partido Estrela
ATL. SOBRADO - SP. CAMBRE
DEPORTIVO - R. MADRID CASTILLA
BARCELONA - ESPANYOL
RAYO VALLECANO - R. MADRID

A Porra: Villa novo líder logo de acertar o "clásico"



Villa lidera en solitario a V Edición da Porra logo de acertar o Barcelona 2 - R. Madrid 1 de esta fin de semana. Pero o líder non foi o único en dar no clavo xa que Pitus tamén acertou este resultado ubicándose así na 2ª praza con 8 puntos. Non houbo ningún outro acertante na xornada.

RESULTADOS:

BARCELONA 2 - R. MADRID 1 * Partido Estrela
SIGRÁS 0 - ATL. SOBRADO 0
TENERIFE 2 - DEPORTIVO 0
ATLÉTICO 5 - BETIS 0
VILLARREAL 4 - VALENCIA 1

CLASIFICACIÓN:

1. VILLA 11 puntos
2. PITUS 8 puntos
3. CHANY, ESTEBAN, VILLALOVE 3 puntos
4. EMILIO TATO, FINITO, ISAK, LATO, JOSÉ ANTONIO, JOSITO, PETETE, RUBENCILLO, RUBIO, SUSO, VIGO 0 puntos

xoves, 24 de outubro de 2013

VENRES ANTICRISIS en Café LECER


Gústache a caña de cervexa fresquiña, rubia, con sabor e ben tirada?

Gústache pagar un prezo MÁIS QUE RAZOABLE por esa caña? 

Gústache picotear algo mentres degustas ouro líquido?

Logo tes que vir este venres a Café Lecer aquí, en Sobrado dos Monxes!!!

Desde a Xerencia de Café Lecer situado en Praza Portal 23, informannos de un evento que terá lugar mañá venres 25 de outubro e que a partires de agora terá lugar cada últimos venres de mes. 

¡¡¡ CAÑAS DE CERVEXA A 1€ COA SÚA CORRESPONDENTE TAPA ELABORADA !!!

* En horario de 19,00 horas á 1,00 AM

NON PODEDES FALTAR!!!






martes, 22 de outubro de 2013

Magosto 2013 en Sobrado


A Comisión de Festas Sobrado 2014 xa está a organizar eventos co agallo de ir xuntando euriños para poder facer os festexos do vindeiro ano.

Non cabe dúbida que Alberto, Carlos, Gonzalo, Jose, Patrón e Rubén van coma motos (no seu caso quedaría mellor bicis). Arrancaron a toda pastilla coa celebración da Festa do Rosario no mes de outubro e no mes de novembro por non ser menos, organizan unha espectacular cea de Magosto na Praza do Pobo con: Tortilla, Chourizos ó viño, Churrasco e... CASTAÑAS, todo isto regado con viño, café e chupitos (ademáis de Chocolate).

Certo é que non hai festa sen música así que o espectacular Dúo CALÚ ( con Alma Beatriz -ex Olympus, -ex Satelites... e Calú ex- Cinema, ex- Alkar...) será quen amenizará a noite do SÁBADO 2 DE NOVEMBRO.

O prezo é un auténtico regalo: 13 euros por anticipado e 15 euros se se compra invitación "in situ". 

Non tedes excusa para non vir

P.D: O EVENTO ESTARÁ CUBERTO POR CARPA

luns, 21 de outubro de 2013

A Porra: Xornada 2


Seguramente a gran maioría de vos imaxinaba cal sería o Partido Estrela da Xornada 2 da Porra. O primeiro clásico da tempada ou o que é o mesmo, o Barcelona vs R. Madrid do vindeiro sábado será o partido que lle outorgue 8 puntos a quen acerte co resultado.

Moita sorte!!!

PARTIDOS:

BARCELONA - R. MADRID * Partido da Xornada
SIGRÁS - ATL. SOBRADO
TENERIFE - DEPORTIVO
ATLÉTICO - BETIS
VILLARREAL - VALENCIA

A Porra: Chany, Esteban, Villa e Villalove primeiros líderes


4 acertantes na primeira xornada nesta V Edición da Porra. Chany, Esteban e Villa acertaron o Deportivo 1 - Zaragoza 1. Pola súa banda, o outro participante que acertou foi Villalove no R. Madrid 2 - Málaga 0. Así pois os 4 comandan a clasificación con 3 puntos cada un.

RESULTADOS:

ATL. SOBRADO 1 - CIRE MELIDE 2
DEPORTIVO 1 - ZARAGOZA 1
R. MADRID 2 - MÁLAGA 0
OSASUNA 0 - BARCELONA 0
ESPANYOL 1 - ATLÉTICO 0

CLASIFICACIÓN:

1. CHANY, ESTEBAN, VILLA, VILLALOVE = 3 PUNTOS

2. EMILIO TATO, FINITO, ISAK, JOSÉ ANTONIO, JOSITO, LATO, PETETE, PITUS, SUSO, VIGO = 0 PUNTOS

venres, 18 de outubro de 2013

Firma en change.org para que non se modifique o trazado do Camiño Norte ó seu paso por Sobrado



https://www.change.org/es/peticiones/a-dona-mar%C3%ADa-carmen-mart%C3%ADnez-%C3%ADnsua-directora-xeral-do-patrimonio-cultural-conseller%C3%ADa-de-cultura-educaci%C3%B3n-e-ordenaci%C3%B3n-universitaria-da-xunta-de-galicia-que-o-cami%C3%B1o-norte-de-santiago-mante%C3%B1a-o-seu-trazado-actual-pola-poboaci%C3%B3n-de-sobrado-dos-monx#


Boa tarde amig@s, hoxe quero resaltar algo moi importante para o futuro do pobo de Sobrado como é que non se modifique o actual trazado do Camiño Norte ó seu paso polo noso pobo. Seguindo as ideas que me aportaron varias persoas no post anterior creei  unha petición na web www.change.org para esta causa.

Agardo que tod@s @s que ledes isto o firmedes.

SI, SI, SI, O CAMIÑO POR AQUÍ!!!

GRAZAS DE ANTEMÁN!!!

mércores, 16 de outubro de 2013

MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NON!!!


Deixei pasar uns días sen escribir isto por que cando me enterei, foi tal o rebote que collín que preferín non facer un post e poñer barbaridades das que despois me arrepentira.

Aínda non remata as vacacións cando unha chamada telefónica me informou do que estaba a suceder... non daba crédito...

Seguramente a maioría de vos sabe de que estou a falar e para os que non o saibades refirome a Modificación do Trazado do Camiño Norte que a Xunta de Galicia quere levar a cabo e que afectaría a varios concellos por onde pasa actualmente o Camiño entre eles Sobrado.

O que se pretende é facer unha modificación (non sei a santo de qué) para "supostamente" seguir o Camiño que "históricamente" usaban os peregrinos.

E digo eu: pero vamos haber almas de Dios, cabezas pensantes de San Caetano..., como que Camiño que usaban os peregrinos históricamente? acaso me queredes decir que o Mosteiro de Sobrado, fundado no ano 952 non é un dos puntos de referencia do Camiño de Santiago??? En que cabeza colle iso??? E máis, igual algúns na Xunta non o saben pero hai un par de séculos, Sobrado era paso do Camiño Francés, sí sí, do Francés, do Camiño máis importante en volume de peregrinos que transcorre ata chegar a Compostela.

Non hai que ser ningún lumbreras para saber que os Mosteiros daban acobillo ós Peregrinos desde tempos ancestrais. Eran hoteis, pousadas, hospitais... todo en un. A pouco que os señor@s da Xunta entren no "youtube" e cliquen temas relacionados co Albergure Público de Peregrinos de Sobrado que está situado dentro do propio Mosteiro de Santa María (todo un luxo) daranse conta da importancia que ten, as marabillas das que falan os viaxeiros nos seus videos, o moito que flipan desde o mesmo claustro dos peregrinos nunha estrelada noite sobradesa...

 E agora estes señores veñen co conto de que se atinxen a historia para desviar o Camiño Norte do centro de Sobrado obviando así un pobo que conta con servicio abondoso de hostelería e aloxamento así coma outras necesidades básicas para os viaxeiros como Farmacia, Panaderías, Supermercados, tendas de calzado e souvenirs, quiosco, banco, carnicerías, estanco, coches de liña a Santiago e A Coruña, taxis, Pavillón Polideportivo que as veces é usado por grupos multitudinarios de peregrinos e por suposto unha oficina de Información ó Turista con acceso gratuito a internet.

Coa modificación que aparece agora en escea, lonxe de potenciar o actual Camiño Norte, o que pode suceder é que varios pobos importantes deste trazado como Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Baamonde, Guitiriz, Friol, Sobrado ou Arzúa sufran importantes perdas a nivel económico se o Camiño se desvía dos seus cascos urbáns. Sabemos que estamos nunha época difícil por mor da crise e que moitos negocios de estas localidades basan o seu sustento nos peregrinos que pasan pola ruta. Que pretenden desde San Caetano? acabar co pouco bo que nos queda? 

Non sería mellor que os cartos que se supón que van gastar no novo trazado (que supoño que conlevará un forte gasto en novas infraestructuras) os destinasen a potenciar o Camiño Norte que ten moito marxe de mellora neste senso???

Espero e agardo que polo ben de tod@s se recapacite nesta auténtica barbarie que a Xunta de Galicia quere facer con esta modificación.

Para quenes estedes interesad@s en firmar en contra de esta iniciativa da Xunta estanse xuntando firmas. Preguntade nos establecementos de Sobrado ou no Concello para firmar en contra de esta medida que suporía unha navallada ó corazón de Sobrado.

Desde este blog témolo moi claro

MODIFICACIÓN DO CAMIÑO NON!!!

luns, 14 de outubro de 2013

A Porra: V Edición



Por 5ª tempada consecutiva chega a Porra de latosobrado.blogspot.com. Unha porra que a anterior edición foi gañada por Esteban e na que seguro que unha vez máis a emoción estará garantizada ata o final. Espero e desexo que tod@s @s que participastes na edición anterior o sigades facendo e que se anime xente nova.

REGRAS: 

1.Todas as fins de semana ata o remate da Liga na Segunda División da Liga Española poñeranse en xogo 5 partidos.
2. O sistema de puntuación da porra será o seguinte: 1 acerto 3 puntos, 2 acertos 6 puntos, 3 acertos 12 puntos, 4 acertos 18 puntos e pleno de acertos 30 puntos.
3. Designarase UN PARTIDO DA XORNADA, quen o acerte sumará 8 PUNTOS.
4. Os que ademáis do partido da xornada acerten outros partidos sumaran o total de puntos, é dicir, acertando 1 partido sumaranse 8+3, 2 partidos 8+6 e 3 partidos 8+12.
5. Non serán validos todos aqueles pronósticos que foran inseridos logo de comezar o primeiro dos 5 partidos en xogo.
6. O gañador final da porra será @ participante que máis puntos acade ó final do campionato. En caso de empate a puntos gañará o que máis acertos tivera nunha sola xornada. No caso de persistir o empate gañaría aquel que máis veces acertara o partido da xornada.
7. Este xogo é TOTALMENTE GRATUITO e pode participar xente de todas as idades.
8. O gañador final obterá un regalo de recompensa.
9. O webmaster de este blog reservase o dereito a elexir o regalo que estime oportuno para @ gañador/a.

XORNADA 1:


ATL. SOBRADO - CIRE MELIDE (Partido da Xornada)

DEPORTIVO - ZARAGOZA

R. MADRID - MÁLAGA

OSASUNA - BARCELONA

ESPANYOL - ATLÉTICO 




martes, 1 de outubro de 2013

Mes novo, vellas costumes



Logo do parón por mor das vacacions estreamos mes de outubro con nova vidilla para o blog (que o tiña moi abandoado) e con costumes do mes pasado.

Como vedes, en Sobrado, a Comisión 2014 comeza con forza e recupera unha das festas tradicionais do pobo: o Rosario.

A festa será este domingo con sesión vermouth e foliada nocturna a cargo da Orquestra Espectáculo ESTRELLAMAR.

Sabendo que o luns 7 é festivo na cidade da Coruña quizais non é mala proposta empezar o primeiro domingo de outubro a golpe de festa.

Desexarlle toda a sorte do mundo á COMISIÓN DE FESTAS DE SOBRADO 2014, os valentes encargados de levar esta empresa a bo porto serán: Carlos, Gonzalo, Jose, Patrón e Rubén.

ÁNIMO RAPACES!!!