mércores, 24 de xullo de 2013

O´FUNK´ILLO en Sobrado



A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Sobrado fixo oficial hoxe os grupos que participarán no IX FESTIVAL MUSICAL INTERCULTURAL DA XUVENTUDE. Trátase do grupo de Funk e fusión de estilos O´FUNK´ILLO (Sevilla) onde ademáis de brillar Andreas Lutz e Pepe Bao agora tamén contan coa incorporación do gran Rafa Kas. Un espectáculo de grupo que poderemos disfrutar gratis na Praza do Pobo de Sobrado o sábado 17 de agosto. Ademáis, como grupo teloneiro teremos a uns fenómenos: RECAMBIOS TUCHO, onde Tuchiño, membro de Heredeiros da Crus é a súa "alma máter" e principal valedor.
Os concertos comezan as 23 horas e servirán para darlle o pistoletazo de saida a XIV EDICIÓN DA FEIRA DA TROITA.

Déixovos co tema "Rulando" de O´FUNK´ILLO

Que o disfrutedes!!!

venres, 19 de xullo de 2013

Seguimos co Rock


Se hai uns días informabamos do Dolores Rock que se celebrará en Sobrado o vindeiro 13 de setembro hoxe toca darlle publicidade os veciños de Teixeiro.
Gran cartel o que teremos na Praza da Vila dentro de un par de horiñas. Como grupos principais estarán BOIKOT e BARÓN ROJO. A estes últimos será a segunda oportunidade que teña de velos en directo logo de asistir ó concerto de Guitiriz de 2007 onde me impresionou o perfecto son que tiña o grupo liderado polos irmáns Castro.

Déixovos un dos temas máis míticos dos descomunales BARÓN ROJO

Pasade boa finde e sobretodo: SEDE MAL@S!

martes, 16 de xullo de 2013

Rock por un tubo nos Dolores 2013


A Comisión de Festas dos Dolores de Sobrado 2013 fixo oficial o Cartel do Festival de Rock que terán lugar na Praza da Vila o VENRES 13 DE SETEMBRO.

REINCIDENTES e SÍNKOPE serán os cabeza de cartel pero non estará sos, como vedes o elenco de formacións é unha auténtica pasada. E como colofón, para rematar o folclore, actuación estelar de un bo amigo, o gran DJ. SR. MAGICK.

Isto non vai ser un Festival, vai ser un auténtico espectáculo. NON PODEDES FALTAR A ESTA CITA. Este ano os Dolores comezan duros, duros, duros.



venres, 12 de xullo de 2013

A disfrutar da calor e do sol



O ser humano é inconformista por natureza. Fai algún tempo queixabámosnos polo mal tempo, a choiva e o frío (con razón). Agora vexo en Facebook e Twitter que logo de dúas semanas de un tempo realmente expléndido a xente comeza a cansarse da calor e do sol.
Eu ó revés, aínda que faga bochorno, calor, o que sexa..., dame igual, a min gústame levantarme pola mañá e ver que desde primeira hora Lorenzo xa está a pleno rendemento. Por min ogallé este tempo dure moito tempo.

Hoxe como benvida ó fin de semana déixovos un vídeo dos barceloneses Dorian, un grupo que levo escoitando a dolor esta última semana. O motivo polo que a música de Dorian me ten moi enganchado son as súas bases electrónicas. Recórdame a Depeche Mode e aí estamos falando de palabras maiores.

Pasade boa finde e o dito: disfrutade da calor e do sol

SEDE MAL@S!!!

venres, 5 de xullo de 2013

FESTIVAL "A MARISTELA" MAÑÁ EN SOBRADO


O bo facer de toda a xente que compón a Asociación A MARISTELA verase reflectido un ano máis no Pavillón Municipal de Sobrado.
A cita será mañá sábado as 22.00 horas. Unha cita que xa é tradición ó chegar estas datas e que xamáis defrauda. A ninguén se lle escapa que desde a fundación da Asociación A Maristela foron saindo, e saen grandes artistas de diversos estilos musicais.
Desde aquí, agradecerlles a toda a xente de A MARISTELA todo este traballo ben feito e animalos a que non decaian no seu ánimo e sigan medrando como o levan facendo ata o de agora.

Grazas por levar con orgullo o nome de SOBRADO aló por onde van.