venres, 31 de maio de 2013

Aire de Verbena, Cumbraos is On Fire



Chegou o día, hoxe comeza en Cumbraos, a escasos 2 quilómetros de Sobrado as Festazas na Honra o Corpus Christi. Nin que decir ten que visto o cartel estas festas van ser todo un éxito. A noite de hoxe promete, e visto o tempo que está creo que o aparcadoiro se vai quedar minúsculo se o comparamos coa de xente que vai acudir.

CLAXXON e PARÍS DE NOIA, PARÍS DE NOIA e CLAXXON. Dúas formacións que compaxinan espectáculo e calidade a partes iguais. Non vou ser eu quen descubra agora a PARÍS DE NOIA, so con oir o nome impón respeto. De CLAXXON decir que foi a sensación das verbenas galegas na tempada pasada, e coma presentación para @s que non a coñezades déixovos este video que fala por sí solo do que son capaces de facer estes pedazo de artistas.

Pero mañá seguirá a festa con  ESTRELLA MAR e ALARMA (outro orquestón onde este ano temos á nosa amiga Roly de Teixeiro), un motivo máis para ir a disfrutar da noite a Cumbraos.

O domingo haberá sesión vermú coa CHARANGA "LOS AMIGOS" de Visantoña coma fin de festa.

IMPRESCINDIBLE!!!

Noutra orde de cousas, os nervos levan uns días a flor de pel, un ano máis a estas alturas de tempada por mor do meu querido REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA que mañá xógase o ser ou non ser na 1ª División do Fútbol español. Haberá que ir cedo para a zona de Riazor co agallo de non ter que chupar caravanas de entrada na cidade e para ir calmando os nervos de unha última xornada de infarto teremos que "alicatar" unhas Estrella Galicia que boa falta nos van facer.

Confío nos homes de Fernando Vázquez, o Harry Potter de Castrofeito dounos osíxeno cando a finais de febreiro estabamos xa en coma case irreversible.

#PODESECARALLO


Boa fin de semana

Ningún comentario: