martes, 12 de marzo de 2013

Xa podo morrer tranquilo, estou na GLORIA!



Un dos soños da miña vida fíxose realidade o pasado domingo. O Club Atlético Sobrado Xuventude convertiuse por primeira vez na súa historia CAMPIÓN DE LIGA acadando o ascenso a 2ª Autonómica. Feito histórico en Sobrado dos Monxes pois nunca antes un equipo federado conseguira algo semellante. Non sabedes a emoción que me embarga  ver a tanta xente feliz, disfrutando de este momento, logo de moitos sin sabores, de molladuras, de pasar frío e calor, de desplantes, de oir parvadas e mentiras... e de traballo...moito traballo.

Estos 15 anos de historia do Clube vense compensados con esta PROEZA de uns heroes que teñen nome e apelidos, e non so falo dos 20 xogadores do primeiro equipo equipo, do míster Hassan e da Xunta Directiva. Senón tamén de todos e cada un dos que día a día están ahí. De xente maravillosa que nos rodea, que nos apoia e que nos axuda. Que tirou e tira por nós cando as cousas non van tan ben e que xamáis desfalecen. A todos el@s GRAZAS DE CORAZÓN.

Tamén quero agradecerlle a miña familia e a miña moza todo isto, pois o Club Atlético Sobrado Xuventude faime roubar tempo de estar con eles para aportar o meu humilde gran a este clube que o é todo para min. Eles saben que eu sen o C.A.S.X. non sabería vivir e que forma parte moi importante da miña vida. Por iso estes días están enormemente felices de verme con un sorriso de orella a orella.

Soñei moitas veces co logrado o domingo, pero un xamáis se pode imaxinar todo o que supón ser campión de Liga e formar parte de unha xesta tan importante para un pequeno pobo do interior de Galicia ata que o colexiado pita o final do encontro. O 10 de marzo de 2013 xa é un dos máis importantes da miña vida.
Costaríame moitísimo reproducir todos os sentimentos que tiven ó longo do día. So ver a cara de xogadores, directivos e seguidores, con ese ánimos, esa felicidade, os abrazos, a comida, as celebracións, os brindis, Sobrado tinguido de cor marela, o son do bombo, os cánticos, o paseo na furgoneta polo centro do pobo, o telefono literalmente colapsado de mensaxes de felicitación..., é algo que aínda hoxe me pon a pel de galiña ó pensalo.

Quero agradecer a todas aquelas persoas que por activa ou por pasiva formaron e forman parte de este clube polo seu graniño de area en todo isto. Sen tod@s el@s isto xamáis sería posible.

Tedes un miniresumo do ascenso no blog do equipo http://atleticosobrado.blogspot.com en próximos días iremos subindo fotos que nos irán proporcionando os nosos siareiros e siareiras.

O vindeiro sábado será outro día moi especial. Unha das autoridades da Federación Galega de Fútbol virá en persoa ó Municipal de Sobrado a entregarnos o Trofeo de Campións de Liga nos prolegómenos do C.A.S.X. - Pontecarreira que comezará as 17.00 horas. Desde o Clube estamos fomentando unha campaña no noso grupo de Facebook e no Twitter oficial para que os nosos seguidores e seguidoras veñan ataviados de cor marela a ver o partido nun día histórico para o Clube e para Sobrado.

AGARDÁMOSVOS!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: