mércores, 6 de febreiro de 2013

Festival de Entroido 2013 en Sobrado


Informa a web do Concello www.sobrado.es que para este vindeiro domingo 10 (domingo de Entroido) terá lugar o tradicional festival de Entroido.

A cita será a partires das 17.00 horas na Praza do Concello e en caso de condicións climatolóxicas adversas trasladaríase ó Pavillón Polideportivo Municipal.

Haberá dúas Categorías no Concurso cos seguintes premios :

- INDIVIDUAL: para nen@s ata 14 anos

1º Premio: Tablet 7"
2º Premio: MP4
3º Premio: Auriculares

- COMPARSAS: todas as idades, mínimo 4 persoas

1º Premio: 300€
2º Premio: 200€
3º Premio: 100€
4º Premio: 50€

Ademáis o Festival estará presentado polo grupo de Animación MARINEDA OCIO.


Agardemos que a climatoloxía respete un chisquiñoestes días de Entroido e se poida celebrar a Festa Pagá por excelencia en condicións.

FELICES FESTAS!!!






Ningún comentario: