mércores, 20 de febreiro de 2013

A remontada é posible



Onte vin este novedoso video motivacional sobre o Depor e púxoseme a pel de galiña. Quizais os sentimentos de unha persoa afloran máis cando as cousas non van o ben que quixésemos e de ahí que estemos moito máis susceptibles.

Vivo e sufro cada victoria, cada empate e cada derrota do Depor como se fose o último. Ademáis é "Vox Populi" que con todo o Proceso da Lei Concursal as cousas están "malitas". Un descenso de categoría faría que seguramente tiveramos que baixar algún peldaño máis con todo o que suporía.

Por eso máis que nunca, hai que crer... Son 14 finais, 42 puntos en xogo, temos soamente 16 e hai que lograr unhas 9 victorias..., a fazaña é moi difícil pero non imposible. Ó Depor xa o vimos ser capaz de cousas incriblemente máxicas que non me vou poñer a enumerar porque non remataría en 3 días.

Así pois, o sábado, o deportivismo ten que estar máis unido que nunca para vencer a un xigante mundial como é o R. Madrid. E quen sabe se ese día comeza o resurxir dos herculinos...

Garantízovos que o tipo que está sentado no asento 27 da fila 24 de Pabellón Superior de Riazor alentará e animará máis que nunca ó noso Depor para aportar o seu graniño de area. Palabrita do Neno Xesús!!! Chamádeme iluso, pero eu creo na victoria do sábado.

 #FORZADEPOR

Ningún comentario: