venres, 4 de xaneiro de 2013

Unha suxerencia para o regalo de Reis



 Se aínda non tedes decidido o que lle ides pedir ós Reis Magos e vos gusta a música, concretamente o pop-rock con toques surfeiros e que recorde as bandas británicas dos 80 estades de noraboa.

 Desde o blog de Víctor Lato queremos facervos unha recomendación: pedirlle as súas Maxestades de Oriente o disco "Sights and Sounds" dos australianos Made In Japan.

 O disco do que vos falo é o máis recente (2012) de un grupo formado aló polo 2008 en Sydney. Esto que sona é "Definitive Pulse", un auténtico temazo.

 Todo o disco é moi recomendable, así que xa sabedes, a pedirlle o último de Made In Japan ós Reis a ver se fustes bos e se portan. Eso sí, non olvidedes poñerlle comida e bebida os camellos...

FELICES REIS E QUE O CARBÓN SE É QUE VOLO TRAEN QUE SEXA DE CALIDADE, O DE VERDADE E NON ESA TRAPALLADA DOCE QUE DEIXAN ULTIMAMENTE...

Ningún comentario: