xoves, 17 de xaneiro de 2013

Pipiqué???

Pipipop, este é o novo invento que vai dar que falar. O dito de "mulleres que mexan de pé" xa é unha realidade co Pipipop.

Parece ser que está pensado para a muller deportista (sobretodo en alta competición) para non ter que quitar a roupa e competir en igualdade de condicións cos homes.

Pódese lavar a man ou en lavadora e existen 4 tallas (non as quero nin saber...).

A súa inventora chámase Carolina Cochs e pensou este artiluxio para poder facer deportes coma o alpinismo coa mesma liberdade que os seus compañeiros varóns.

Déixovos o enlace de La Voz de Galicia onde aparece un video explicativo


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/01/17/nuevo-invento-femenino-permite-orinar-quitarse-ropa/00031358414355603544535.htm#

Ningún comentario: