mércores, 23 de xaneiro de 2013

O recoñecemento a un traballo de moitos anos


O xornal Depor Sport publica na súa edición de hoxe unha entrevista co meu compañeiro de batallas deportivas-directivas e amigo José Antonio Vázquez "Hassan".

Por fin un medio de comunicación ten en conta o traballo que este home ven realizando en favor do deporte sobradés e do interior de Galicia logo de moitos anos.

Para moit@s "Hassan" empeza a ser coñecido agora cando por fin lle saen as cousas ó Atlético Sobrado senior (a mala sorte do ano pasado é imposible repetila), pero Hassan leva moitos anos dando o callo...

Fillo de pais sobradeses que emigraron a Euskadi para gañarse "os garbanzos"; Hassan retornou a Sobrado xunto cos seus pais e seu irmán no ano 1993 para establecer un negocio familiar.

En terras vascas Hassan defendeu a portería do Sestao River Xuvenil e quen sabe se non chega a ser polo seu retorno onde acabaría xogando, cualidades tiña de sobra para xogar moi arriba.

Xa establecido en Sobrado enrolouse nas filas da SDC Teixeiro xuvenil para matar o gusaniño do fútbol.

En 1997 co nacemento do Club Atlético Sobrado Xuventude (chamado nesa época Pymes Sobrado F.S.) pasa a defender a portería na categoría de Fútbol Sala. Logo de varios anos de éxitos baixo os paos as lesións retirárono antes de tempo pero o seu gusto polo fútbol e fútbol sala non acabaría máis que de empezar.

No ano 2003/2004 decide poñer en marcha as Escolas Deportivas do Club Atlético Sobrado Xuventude na modalidade de fútbol sala facéndose cargo da dirección técnica de todas as categorías e "pringando" ó longo de moitos anos fin de semana sí e fin de semana tamén sen percibir un so euro a cambio. Pero a fin de semana so é o reflexo do traballo semanal pois adica todos e cada un dos días que ten a semana a unha ou a varias categorías do clube.

Hassan segue cordinando todas as categorías base do clube e polas súas mans xa pasaron máis de un centenar de xogadores e xogadoras.

Na tempada 2006/2007 afrontou o reto de formar un equipo feminino de fútbol sala federado en Liga Provincial e en cuestión de dúas tempadas creou un conxunto temible aló por onde iba o C.A.S.X.; loitando polo ascenso varios anos a pesares do nivel (tanto económico como de infraestructuras) de outros conxuntos. Nesta época Hassan, xunto con Ángel Ares, técnico do Concello de Curtis, toman a dirección da Selección de Fútbol Sala da Comarca Lambre-Mandeo da que seguen formando parte.

Hassan ademáis hai 4 tempadas rexeitou unha importante oferta de un clube de División de Honor feminina de fútbol sala para facerse cargo do primeiro equipo e levar a manixa de un proxecto a nivel Nacional. Está máis que claro que a fidelidade ós colores do C.A.S.X. están fora de toda dúbida.

O míster tamén estivo na creación do equipo xuvenil o primeiro ano de funcionamento de este, que tivo que deixar ó ano seguinte por incompatibilidade de horarios coas Escolas Deportivas e o equipo de Fútbol Sala Feminino.

Por fin, o ano pasado tomou as rendas do equipo senior de fútbol do Atlético Sobrado, nunha tempada onde a mala fortuna evitou (o dos tiros o pao foi digno de estudo) que o equipo quedase en postos máis altos. Por xogo e ocasións sí que o merecía.

Este ano, o fútbol está a ser xusto con Hassan e co equipo, que logo de anos de traballo, por fin saen as cousas a pesares "chorradas" que tivo que oir e aguantar o longo de anos por xente que nada tiña que ver co noso clube pero o míster está por riba de todo iso.

Hassan posee o título de adestrador de fútbol sala ademáis de ter o título Nivel 2 de adestrador de fútbol. Como compañeiro de directiva e banquiño é un verdadeiro orgullo compartir tempo deportivo con él, pois non hai día que non aprenda algo novo e positivo do deporte Rei grazas os seus coñecementos. Os xogadores están encantados cos seus métodos e pálpase nos adestramentos e partidos, xamáis vin o equipo tan enchufado e tan metido nos adestramentos como estas dúas últimas tempadas e por fin se fai xustiza en forma de resultados. A mensaxe de Hassan no vestiario é clara e concisa. Sábelle facer entender a cada xogador o que quere del estando sempre ó lado do xogador incluso en temas que nada teñan que ver co deporte, e o xogador polo visto ata o de agora entendeo e executao a perfección sabendo sacar o mellor de cada un no tempo que duran os adestramentos e os partidos.

Estou seguro que Hassan chegará lonxe nesto do fútbol e o día que así suceda será un motivo de orgullo para o noso Clube.

FELICIDADES MÍSTER!!!


4 comentarios:

Anónimo dixo...

Y buen rapaz. Txapeldunak.

Anónimo dixo...

BAT, BI, HIRU, LAU, BOST, SEI, ZAZPI, CAASX.

Lato dixo...

Sí señor, ante todo eso!!!

CHANY dixo...

HASSAN SELECCIÓN