martes, 15 de xaneiro de 2013

E o Tramposo por fin "cantou"



 Unha gran parte da xente que nos gusta o ciclismo sabemos desde hai moitos anos que o de LANCE ARMSTRONG non era trigo limpo... 

Anos antes de que apareceran os primeiros rumores de que Lance e o seu equipo se dopaban para competir, en moitas conversas de bar ten aparecido a palabra "doping" relacionada co ciclista estadounidense.
A carreira de Lance é curiosa, un corredor máis do pelotón vencedor de algunha que outra clásica e un Campionato do Mundo en ruta que comezou a destacar sobremaneira unha vez pasado unha dura enfermidade como é un cáncer de testículos. Desde a súa volta á bicicleta Armstrong parecía outro ciclista, avasallando os seus rivais e daba igual cal fora o terreo: llano, subida ou baixada.

O seu equipo non lle andaba a zaga e era curioso ver como os seus integrantes subían coma  auténticas motos nas etapas de dura montaña deixando atrás a calqueira rival que se lles puxera por diante. O resultado foi que Lance Armstrong acadou a frioleira de 7 Tours de Francia, a carreira máis prestixiosa de 3 semanas a nivel mundial, sendo o ciclista que máis veces conseguiu acabar no máis alto do podio de París.

Pero o mito Armstrong foise desmoronando pouco a pouco, desde o momento en que os propios ex-compañeiros de equipo de Lance confesaron haberse dopado. Esas acusacións tamén salpicaron ó estadounidense... o gran heroe americano íbase convertindo co paso dos tempo e das confesións de outros ciclistas en terrenal...

Hoxe saiu a luz pública que Armstrong nunha entrevista grabada onte coa presentadora Oprah Winfrey confesa ante as cámaras que se dopou. Hai pouco tempo foi desposeido dos 7 tours de Francia por ter mostras claras de que usara sustancias dopantes (aínda que oficialmente xamáis dou positivo).

Fálase de que Lance fai agora a confesión como estratexia para poder competir en Mountain Bike... aínda así, a sombra da dopaxe que sempre o perseguiu acompañarao sempre compita no que compita.

* No video vemos unha subida do ano 2000 a Mont Ventoux onde deixa ben as claras a superioridade que amosaba Lance incluso con escaladores natos como era o caso do falecido Marco Pantani. A cara de un e do outro ó chegar a meta é significativa...

Ningún comentario: