martes, 22 de xaneiro de 2013

Coa boca aberta



 Descoñecía a existencia de este video ata que o vin onte no Facebook de Alex de Teixeiro.

Nada máis velo, volvin a repetir a acción dúas veces máis. Deixoume sen palabras...

 Este video realizado por Pablo Ledo esta feito na cidade da Coruña aproveitando as luces que estiveron engalanando a cidade no Nadal. É espectacular, de verdade.

As imaxes deixan ben as claras porqué a "Cidade Cristal" está catalogada coma unha das máis bonitas de España. Deixo este video para os que non o vístedes onte no meu Facebook.

Ademáis do bo gusto ó elexir os fotogramas a canción de Moby tamén lle pega as mil maravillas.

 Espero que o disfrutedes tanto coma min.

Ningún comentario: