xoves, 10 de xaneiro de 2013

Casa do Queixo cumple 10 anos

Para @s pouc@s que non o coñezades, Casa do Queixo é un Centro de Actividades (Zoo de Animais Domésticos, Restaurante, Museo, Albergue...) que se atopa na parroquia de Grixalba, aquí en Sobrado dos Monxes.

Neste mes de xaneiro o Centro cumple 10 anos e para celebrar unha data tan especial organiza dous domingos do presente mes de xaneiro pensado para os seus clientes (nen@s e maiores).

Casa do Queixo é obra de un gran emprededor como é Ángel e a súa familia. O seu incombustible traballo foi dando pouco a pouco os seus froitos sabéndose rodear de un equipo de traballo fantástico.

Casa do Queixo é hoxe en día lugar de visita obrigada para tod@s aquel@s que pasan a coñecer as terras de Sobrado e arredores.

Desde aquí quero felicitar a todo o "staff" de Casa do Queixo e en especial a Ángel, co cal me une unha boa amizade, polo décimo aniversario do Centro. Un Centro que medra día a día e que ampliou territorio hai algún tempo con unha tenda de venda e degustación en pleno casco antigo de Betanzos.

Casa do Queixo leva con orgullo o nome de Sobrado por rincóns de Galicia, de España e do mundo enteiro.

Tedes máis información en www.casadoqueixo.tk  www.casadoqueixo/blog e www.casadoqueixo.com

Ningún comentario: