mércores, 5 de decembro de 2012

Non é venres pero parécese...

Boa tarde. Nun abrir e pechar de ollos, case sen darme conta xirou este ano 2012. Debo confesar que se me fixo curto, demasiado curto... mais non quita que se teño que facer un balance do que foron estes 11 primeiros meses está rotundamente claro que me sucederon máis cousas positivas que negativas (e confiemos que siga así). Parece que rematou onte o verán e resulta que xa estamos ahí, a carón da Ponte do Día da Constitución (Prostitución para alguns/has). Así pois, estas vésperas de festivo, a quen aquí vos escribe, xamáis lle dan a sensación de ser como un sábado (con domingo marcado en día vermello), senón máis ben un venres... quizais porque é día laborable ou quizais porque a nivel particular a mentalización non é a mesma que cando afronto unha fin de semana. Digamos que os festivos na metade da semana se non tes Ponte (como é o meu caso) son ser raros..., sen moito que facer, sobretodo nesta fría época do mes de decembro. O caso é que o que finalmente un acaba aproveitando son as noites "pre" festivo. Hoxe toca xogar partido de Liga en Ciudad Cristal "aka" A Coruña. Veremos como se da a noite... Deixovos co inigualable David Guetta e con unha voz feminina que val o seu peso en ouro, a de Sia. Despois de ese temazo co que nos obsequiaron ambos o ano pasado chamado "Titanium" agora volven a xuntarse para facer este "She Wolf". Que vostedes o disfruten.

Ningún comentario: