venres, 7 de decembro de 2012

Hoxe doble: cita Campionato de Tute e Pub Q+?

Doble cita na noite de hoxe para os que nos movemos polas cercanías de Sobrado e Melide. Por un lado en Sobrado a Comisión de Festas Sobrado 2013 celebra o seu Campionato de Tute con un reparto de 1140 euros en premios. Ademáis hai servizo de barra así que se non vos gusta xogar ó tute pero si "alternar" polos "tabernaculos" hoxe na Casa da Irmandade de Sobrado hai parada obligada.
Agora trasladámonos a Melide onde unha semana máis o Pub Q+? co seu xerente Alberto Buján capitaneando "o pub de moda de Melide" ofrécenos a presencia da concursante de "La Voz" Yadhira. Haberá música en vivo, Photocool e autófrafos.

Xa sabedes, non vos podedes perder ningunha de estas citas... a noite promete.

Ningún comentario: