xoves, 27 de decembro de 2012

Feliz 2013



 Último post do ano 2012. Por diversos eventos estes días non subirei máis post (neste tempo non hai máis que compromisos) así pois adiantándome 4 días á final de ano quero desexarvos a todos e a todas unha feliz saida de 2012 e entrada de 2013.

 O ano pasado, no derradeiro post de 2011 pedía que rematasen as guerras e que a xente encontrase traballo. Pasado o ano vexo que ningún dos dous problemas se solucionaron senón que se agrabaron... así pois, visto o visto para este ano non vou pedir nada a nivel público aínda que desexe de todo corazón que a todo o mundo lle vaia ben.

 O dito xente, unha vez máis, grazas por estar ahí. Pasadeo o mellor posible e vémonos o día 2 por estes lares se Deus quere onde xa insertarei a porra de fútbol da vindeira xornada.

P.D: a moitos e a moitas xa os verei en persoa pero aínda así xa aproveito para felicitar o ano non vaia ser que se me pase! jejejejejejeje

venres, 21 de decembro de 2012

E chegou o Nadal!!



"Tempus Fugit", queda claro..., onte estabamos no verán e hoxe xa estamos na antesala das Festas de Nadal.

 Cambio de estación, chega o inverno... ou xa chegara? Novo mundo... ou é o mesmo de onte? sexa o que sexa e aclárense ou non estas dúbidas unha cousa é segura: que desde este blog queremos desexarvos que sexades moi felices, pero non so nestas festas, senón ó longo de todo o ano.

A intención dos diversos post que se van colgando aquí é entreter, divertir e ironizar sobre diferentes aspectos co fin de que, quen máis e quen menos, poida esbozar un sorriso ou pasar un intre ameno mentres vai lendo as tolemias que se me pasan pola cabeza.

 Hoxe, venres 21, o día anterior o da saúde: "a lotería non tocou pero o que vale é ter saúde..." cambiamos totalmente de rexistro musical aparcando por unha vez en fin de semana a música electrónica e quedándonos cos grandiosos Vetusta Morla e a súa canción "Valiente". Adicada a todos vos, xa que vos considero uns auténticos valentes por entrar aquí a ler as miñas paranoias mentais.

 Boa fin de semana, felices festas e os que se me olvide de felicitar por facebook, twitter, whatsapp, correo electrónico, sms e incluso en persoa (hoxe é o xeito máis difícil nos tempos que corren con tanto avance tecnolóxico...) dádevos por felicitados mediante este medio.

BO NADAL!!!

xoves, 20 de decembro de 2012

Mañá esto estoupa: sonriamos

Fronte a hecatombe que se supón mañá penso que é o momento de sorrir. Xa o decía Siniestro Total no súa canción Pueblos del Mundo Extinguios: "sonrie cuando te vayas a fosilizar, que no piensen luego que lo has pasado mal..." Que mellor maneira de sorrir que co gran Leo Harlem. Este monólogo en cuestión non me canso de velo. É bestial!!! A todo isto, se mañán por un casual seguimos habitando por estos lares haberá post coma todos os venres. De non ser así so pido que o Depor gañe hoxe para que polo menos rematemos o mundo en posicións de salvar o descenso de categoría. Bicos e abrazos.

mércores, 19 de decembro de 2012

O Nadal e os seus anuncios

Inmersos xa na campaña de Nadal chegan anuncios do máis diverso e máis peculiar. Hoxe quero poñer dous. O primeiro deles que vedes aquí arriba de "Funeraria López", seguro que se non o vistes ides quedar alucinando. O segundo, o de abaixo, está estos días "on fire" na rede. Non é nin máis nin menos que o de Campofrío que a todo o mundo ou case todo o mundo lle gusta. Eu a este último encontrolle moitas similitudes con algún de Gadis. O porqué, non mo preguntedes...

martes, 18 de decembro de 2012

A Porra: Petete presenta a súa candidatura ó título

Petete saiu como gran beneficiado da última xornada da Porra do presente 2012 logo de acertar o partido da xornada, o FC Barcelona 4 - Atlético de Madrid 1. Con estos 8 puntos Petete ubícase na terceira praza.
O outro participante que sumou foi Ferreiro5 que sumou 3 puntos ó acertar o R. Madrid 2 - Espanyol 2 subindo así dúas posicións na táboa clasificatoria.
A vindeira xornada da porra será a do sábado 5 e domingo 6 de xaneiro así pois estade atentos ó blog pois en uns días xa subirei o post para poder cubrir os vosos pronósticos.

RESULTADOS:

BARCELONA 4 - ATLÉTICO 1 *Partido da Xornada
R.MADRID 2 - ESPANYOL 2
SEVILLA 0 - MÁLAGA 2
DEPORTIVO 0 - VALLADOLID 0
ABELLÁ "B" 2 - ATL. SOBRADO 3

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 28
2. FINITO 25
3. PETETE 20
4. JOSITO 19
5. CHANY 17
6. VILLALOVE / MAITE / VILLA 14
7. SUSO / ISAK / FERREIRO5 12
8. EMILIO 11
9. CHINO / LATO 9
10. PITUS / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO 6
11. PIRU / RUBIO 3
12. PAZITOS 0



luns, 17 de decembro de 2012

O venres seica se acaba o mundo... ÍDELLE DANDO!!!

Comentan por "ahí" que os maias (ou quen proceda) determinaron no seu momento que o 21 de decembro de 2012 chegaba a "Fin do Mundo". Ou sexa, que este venres, non sei o planeta vai estoupar, se se quere votar o mar a nós, se o ceo se nos ven enriba ou a terra se abre en dous e literalmente "trajanos o demo" como dirías os nosos maiores.
O caso é, que chegado este punto, e a 4 días vista do que parece ser a "enésima" fin do mundo desde este blog quero propoñer que aproveitedes estes días que nos quedan por aquí antes de ir a "tomar por saco" para facer o que sempre quixestes facer e nunca puidestes.
Falade con quen teñades que falar, amañade o que sexa, viaxade, bebede, comede..., cada un o que lle plaza... por que digo eu, se é certo que so nos quedan "4 días" aquí porque non imos disfrutar.

Tan so é un consello e por suposto adicado a aqueles e aqueles que cren nestas, para min, pamplinas que xa non saben que inventar para atontarnos, desviar a atención do que realmente importa e ter a xente ocupada en algo.

Eu polo de pronto seguirei facendo a miña vida normal, non vai ser que o sábado me desperte e descubra que segue habendo vida...

BOAS TARDES!

xoves, 13 de decembro de 2012

Volve Supernova

Mañá venres 14 é un día especial no pobo de Sobrado e arredores. A Discoteca Supernova abre suas portas na tempada de inverno e para festexar esta reapertura chega directamente desde Canarias nin máis nin menos que o Combo Dominicano, así pois, o baile está garantizado.
Pero ademáis a Sala contará coa presencia do Dj. Marcos Magán  que presenta novo disco incluindo o seu superventas "Touch In The Sky". Tamén estarán Dj. Kike e Dj. Toño. 
Todo este festón adornado con Gogo´s, animación e regalos.

Sobrado volve a ter movemento os venres, non o dubides!!!

mércores, 12 de decembro de 2012

O día das docenas

Hoxe é 12 do 12 do 2012... día a nivel numérico curioso canto menos. Por iso decidín adicarlle o post de hoxe á data en sí, pois non haberá repetición de números en todo o que queda de século. A seguinte vez que vexamos unha repetición parecida será o 1 de xaneiro de 2101 (01 do 01 do 01), e para daquela dame a min que eu xa non andarei con gañas de escribir no blog...
Así pois, o 12 é o protagonista principal de hoxe, eu denomineino o "día das docenas". Cando escoito a palabra "docena" venme a cabeza unha docena de ovos. Polo tanto non queda outra que votarlle "ovos" o asunto e seguir tirando para adiante no calendario cada un/unha como boamente poida. Mañá será día 13, mal número para os supersticiosos (non é o meu caso...) pero o protagonista ou neste caso, "a" protagonista do post, será outra ben diferente.

Saudiños a "docenas"

martes, 11 de decembro de 2012

Outro título para a vitrina

Comentaba a semana pasada nun post da celebración do Campionato de Tute que organizaba a Comisión de Festas 2013 en Sobrado o pasado venres. Esa mesma tarde anunciei no Facebook que Pazitos e eu xa estabamos prestos e dispostos para gañar o campionato e así foi.
Na rolda de grupos xogamos contra as parellas Quinto-Diego, Esteban-Pichi e Carlos-Moncho. Clasificámonos para cuartos de final gañándolle nesa rolda a Toñito e Jacobo. En semifinais derrotamos a un clásico dos campionatos de tute de toda a comarca como é Armando de Cesuras e o seu compañeiro Sergio. Para rematar, na Gran Final os derrotados foron Li e Simón. Esté título de Campións de Tute de Sobrado ven a sumar o que acadamos en Teixeiro en 2008 e nas Cruces en 2009. Ademáis nese mesmo ano, no 2009 tamén caeu o título de campións de Repesca de Sobrado.

BIEN PAZITOS BIEN, REVIÉNTALOS!!!

luns, 10 de decembro de 2012

A Porra: Xornada 12

O partido da seguinte xornada será o FC Barcelona (1º) fronte ó Atlético de Madrid (2º). Entre ambos equipos hai unha diferencia de 6 puntos así que de gañar o equipo blaugrana asestaría un golpe case definitivo á Liga. Pola contra se gañan os colchoeiros volvería a emoción a competición... HAGAN JUEGO SEÑOR@S!!! Sinalar que o partido Deportivo - Valladolid xogarase o luns 17 de decembro, así pois os resultados da Porra estarán incorporados o martes 18.

PARTIDOS:

BARCELONA - ATLÉTICO * Partido da Xornada
R.MADRID - ESPANYOL
DEPORTIVO - VALLADOLID
SEVILLA - MÁLAGA
ABELLÁ "B" - ATL. SOBRADO


A Porra: resurximos os da zona baixa

Boa xornada para algúns dos que ocupamos a parte baixa da táboa e mala para os de arriba. Tan so fumos 3 os acertantes nesta xornada: Isak, que acertou o Athletic 1 - Celta 0, José Antonio que acertou o mesmo partido e eu que acertei o Málaga 4 - Granada 0.

Así pois a clasificación non sufre cambios na parte alta pero os que estamos na zona media-baixa estamos un chisquiño máis cerca.

RESULTADOS:

ATLÉTICO 6 - DEPORTIVO 0 * Partido da xornada
BETIS 1 - BARCELONA 2
VALLADOLID 2 - R. MADRID 3
MÁLAGA 4 - GRANADA 0
ATHLETIC 1 - CELTA 0

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 28
2. FINITO 25
3. JOSITO 19
4. CHANY 17
5. VILLALOVE / MAITE / VILLA 14
6. PETETE / SUSO / ISAK 12
7. EMILIO 11
8. FERREIRO5 / CHINO / LATO 9
9. PITUS / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO 6
10. PIRU / RUBIO 3
11. PAZITOS 0


Moda Feminina

Paula Boado é unha xove blogger á cal lle apaixona ó mundo da moda. Desde o seu blog personal http://paulaboadosuarez.blogspot.com.es amosanos cada día en diferentes posts o que crea tendencia no mundo da moda feminina.
Se non coñecedes o blog ide a dirección que antes citei e alí poderedes ver máis detalles sobre o que se leva en cada temporada do ano.
Desde aquí lanzo unha suxerencia para que vos fagades seguidores/as de este interesante blog. Tedes as instruccións de como facelo dentro do propio blog de Paula.

Saudiños e feliz luns!!!

venres, 7 de decembro de 2012

Hoxe doble: cita Campionato de Tute e Pub Q+?

Doble cita na noite de hoxe para os que nos movemos polas cercanías de Sobrado e Melide. Por un lado en Sobrado a Comisión de Festas Sobrado 2013 celebra o seu Campionato de Tute con un reparto de 1140 euros en premios. Ademáis hai servizo de barra así que se non vos gusta xogar ó tute pero si "alternar" polos "tabernaculos" hoxe na Casa da Irmandade de Sobrado hai parada obligada.
Agora trasladámonos a Melide onde unha semana máis o Pub Q+? co seu xerente Alberto Buján capitaneando "o pub de moda de Melide" ofrécenos a presencia da concursante de "La Voz" Yadhira. Haberá música en vivo, Photocool e autófrafos.

Xa sabedes, non vos podedes perder ningunha de estas citas... a noite promete.

mércores, 5 de decembro de 2012

Non é venres pero parécese...

Boa tarde. Nun abrir e pechar de ollos, case sen darme conta xirou este ano 2012. Debo confesar que se me fixo curto, demasiado curto... mais non quita que se teño que facer un balance do que foron estes 11 primeiros meses está rotundamente claro que me sucederon máis cousas positivas que negativas (e confiemos que siga así). Parece que rematou onte o verán e resulta que xa estamos ahí, a carón da Ponte do Día da Constitución (Prostitución para alguns/has). Así pois, estas vésperas de festivo, a quen aquí vos escribe, xamáis lle dan a sensación de ser como un sábado (con domingo marcado en día vermello), senón máis ben un venres... quizais porque é día laborable ou quizais porque a nivel particular a mentalización non é a mesma que cando afronto unha fin de semana. Digamos que os festivos na metade da semana se non tes Ponte (como é o meu caso) son ser raros..., sen moito que facer, sobretodo nesta fría época do mes de decembro. O caso é que o que finalmente un acaba aproveitando son as noites "pre" festivo. Hoxe toca xogar partido de Liga en Ciudad Cristal "aka" A Coruña. Veremos como se da a noite... Deixovos co inigualable David Guetta e con unha voz feminina que val o seu peso en ouro, a de Sia. Despois de ese temazo co que nos obsequiaron ambos o ano pasado chamado "Titanium" agora volven a xuntarse para facer este "She Wolf". Que vostedes o disfruten.

martes, 4 de decembro de 2012

Unha suxerencia para as túas compras de Nadal

No post de hoxe quero romper unha lanza a favor do pequeno comercio, nunha época na que as grandes superficies estanse encargando de facer pechar a autónomos e negocios familiares.
Propóñovos que visitedes conmigo o blog da tenda Cempés Arzúa. Nesta tenda atoparedes complementos para poder regalar nas datas que se achegan ou ben para uso propio.
Cempés ofrécenos variedade de carteiras, maletas, bolsos, paraugas, panos... das marcas máis variadas: Gabol, Caminatta, Matties, Colores de Otoño, Cavalinho, Victorio & Lucchino, Martina K... e a un baixo prezo inigualable.
Se non coñecedes Cempés Arzúa visitadea: a tenda está en Avenida de Lugo, 18 Baixo en Arzúa (A Coruña).

Déixovos a dirección do blog para que vaiades mirando o que vos apetece para este Nadal:

http://cempesarzua.blogspot.com.es

luns, 3 de decembro de 2012

A Porra: xornada 11

O partido estrela de esta xornada 11 será o que disputen no Estadio Vicente Calderón de Madrid o domingo 9 de decembro a partires das 19.00 horas o Atlético de Madrid e o Depor.
Compre destacar que como nesta xornada o partido Atl. Sobrado - Toques se adianta ó xoves 6 de decembro suplántase este partido polo Athletic - Celta.

Non vos olvidedes de cubrir xa os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

ATLÉTICO - DEPORTIVO * Partido da Xornada
BETIS - BARCELONA
VALLADOLID - R. MADRID
MÁLAGA - GRANADA
ATHLETIC - CELTA

A Porra: Emilio triunfa na xornada

Emilio saliu coma o gran beneficiado da xornada logo de dar no clavo no partido da xornada, o R. Madrid 2 - Atlético 0. Así pois o sobradés afincado en Cataluña suma 8 valiosos puntos que lle fan sumar un total de 11.
O outro beneficiado da xornada foi Suso que acertou o Getafe 1 - Málaga 0 sumando así novos puntos para  dar alcance a Petete que suma un total de 12.
En global foi unha xornada pobre en acertos así pois a clasificación non sufre variacións na súa parte máis noble.

RESULTADOS:

R. MADRID 2 - ATLÉTICO 0 * Partido da Xornada
BARCELONA 5 - ATHLETIC 1
DEPORTIVO 2 - BETIS 3
GETAFE 1 - MÁLAGA 0
PONTECARREIRA 0 - ATL. SOBRADO 4

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 28
2. FINITO 25
3. JOSITO 19
4. CHANY 17
5. VILLALOVE / MAITE / VILLA 14
6. PETETE / SUSO 12
7. EMILIO 11
8. FERREIRO5 / CHINO / ISAK 9
9. PITUS / ALBERTO / LATO 6
10. PIRULO / JOSÉ ANTONIO / RUBIO 3
11. PAZITOS 0