venres, 16 de novembro de 2012

Que vos sexa leve

Esta fin de semana toca emprender (por enésima vez) rumbo a Asturias nunha viaxe de fin de semana. Parece que a cousa está pasada por auga, veremos que acontece coa climatoloxía..., desde este blog desexarvos boa fin de semana e que coma sempre volveremos como cada luns cos resultados da porra e a clasificación actualizada.
Como vedes en vez de música hoxe cambiei un chisquiño a tradición dos venres e a cambio ofrezo un regalos para os ollos. Arriba Oviedo, a antigua "Vetusta", coa catedral como punto central da fotografía. Abaixo Gijón, co seu belo mar e os seus maravillosos areiais. Non cabe dúbida que calqueira momento é bo para visitar a veciña Asturias. Xa non so polos súas belas paisaxes de cidades, pobos, montes e prados senón tamén pola súa gastronomía, que é un auténtico espectáculo. E por suposto separo a "sidra" da gastronomía aínda que debería ir incluida porque sei que moit@s d@s que me acompañan nesta expedición a "Asturies" son uns auténticos fanáticos desta bebida.
Seguramente traeremos algunhas botelliñas de Trabanco para celebrar algún evento cando xa estemos de volta na nosa querida terra.

Bicos a abrazos.

Ningún comentario: