venres, 30 de novembro de 2012

Un pelotazo!!!

Este tema é o que máis soou no meu coche esta semana. Non me canso de escoitalo, sen lugar a dúbidas un dos temazos de música electrónica do ano 2012 e eu diría que dos últimos anos. Trátase do "Don´t You Worry Child" de SWEDISH HOUSE MAFIA, un auténtico espectáculo para @s que somos amantes da electro music. O video non se queda atrás con moitas esceas do Tomorrowland 2012. Ese festival de Bélxica que quen sabe se en próximas edicións vivirei alí, en vivo e en directo... intentar vaise intentar... Mellor aperitivo para comezar a fin de semana do primeiro de decembro non podía encontrar. BOA FINDE E COMA SEMPRE: SEDES MAL@S!

xoves, 29 de novembro de 2012

Concerto de "Deja Vu" en Cafetería Ramiro de Sobrado mañá venres


A escea musical está moi presente estos días no blog. Se onte falabamos da actuación de Javi Mota no Pub Q+? de Melide o vindeiro sábado hoxe quero falar de outro evento-concerto que terá lugar mañá, aquí, en Sobrado.

 Trátase de unha dobre cita: por un lado concerto no Pub Forxín de Cafetería Ramiro de unha banda de recente creación chamada DEJA VU. A batería, un recoñecido artista como é Pablo Espido, veciño de Sobrado, o seu curriculum di que foi músico de formacións tan importantes como as orquestras Los Satélites, Trébol, Troco, Montecarlo ou Ismael (na cal está na actualidade).

O concerto comezará as 23.30 horas e será como dixen antes na parte traseira do citado local.

Pero Cafetería Ramiro non so nos ofrece o concerto de DEJA VU na noite do venres senón que nos obsequiará con unha festa RON BARCELÓ onde haberá infinidade de regalos para tod@s aquel@s que degusten este prezado Ron Dominicano.

Non o podedes perder, mañá venres doble cita no Ramiro

DEJA VU & Festa RON BARCELÓ

mércores, 28 de novembro de 2012

Javi Mota no Pub Q+? de Melide este sábado 1 de decembro



A xerencia de Pub Q+? que capitanea Alberto Buján, anunciou na tarde-noite de onte no seu Facebook a actuación en directo de Javi Mota, do programa "La Voz" que actualmente triunfa en Telecinco para o vindeiro sábado 1 de decembro.
Javi Mota naceu o 28 de maio de 1984 en Motril (Granada) e formou parte do grupo "Banghra".

O concerto comezará as 23.30 horas e ademáis o artista firmará autografos e posará no Photocool con quen o desexe. Como colofón Pub Q+? obsequiará a todos os asistentes con unha festa "Vodka Eristoff Black". 

NON PODEDES FALTAR. PUB Q+? "SE MUEVE!!!"

martes, 27 de novembro de 2012

#pipipagalacoca

Unha das novas de actualidade do día é o sms que se viu no talk show futboleiro de Intereconomía "Punto Pelota" que presenta Josep Pedrerol.
Nun momento do programa apareceu en pantalla unha mensaxe referida a Pipi Estrada a cal vedes na imaxe que rezaba o seguinte: "Pipi, paga la coca. Primer aviso". En pouco tempo converteuse en Trending Topic en Twitter e hoxe é TT por segundo día consecutivo. O hashtag #pipipagalacoca está "on fire" neste momento.
Parece ser que o popular periodista xa puxo o asunto en mans da policía.

luns, 26 de novembro de 2012

A Porra: Xornada 10

O partido que val 8 puntos para a vindeira xornada será o derbi madrileño entre Real e Atlético onde os colchoeiros siguen coa súa encarnizada loita por dar caza ó F.C. Barcelona. Cubride xa os vosos resultados.

PARTIDOS:

R. MADRID - ATLÉTICO *Partido da xornada
BARCELONA - ATHLETIC
DEPORTIVO - BETIS
GETAFE - MÁLAGA
PONTECARREIRA - ATL. SOBRADO

A Porra: Finito achégase ó liderato

Finito achégase ó lider Esteban logo de sumar 3 puntos no Athletic 1 - Deportivo 1. Outro dos participantes que ocupan a parte alta da clasificación: Josito, tamén acertou este partido e accede a 3ª posición.
Ademáis Maite tamén acertou este mesmo partido polo que acada xa os 14 puntos na xeral. Por último falar do protagonista da xornada: Villa, que acertou o partido da xornada e que suma 8 puntos quedándose así tamén con 14 empatado con Maite e co seu irmán Villalove.

RESULTADOS:

Levante 0 - Barcelona 4 * Partido da xornada
Betis 1 - R. Madrid 0
Athletic 1 - Deportivo 1
Atlético 4 - Sevilla 0
Atl, Sobrado 4 - Carral B 0

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 28
2. FINITO 25
3. JOSITO 19
4. CHANY 17
5. VILLALOVE / MAITE / VILLA 14
6. PETETE 12
7. SUSO / FERREIRO5 / CHINO / ISAK 9
8. PITUS / ALBERTO / LATO 6
9. PIRULO / JOSÉ ANTONIO / EMILIO / RUBIO 3
10. PAZITOS 0


venres, 23 de novembro de 2012

Un finde o que non lle falta de nada

Preséntase un fin de semana completiño, completiño (sen cebola que diría un que eu me sei). Para os integrantes do Club Atlético Sobrado Xuventude o sábado empeza cedo pois as 12 temos partido no Municipal de Sobrado fronte o Carral B, ou o que é o mesmo, buscamos manter o liderato da competición por terceira semana consecutiva. O rival é un dos favoritos o ascenso ó cal tan so distanciamos nun punto (21 nós e 20 eles). Logo do partido comida co equipo para repoñer forzas de un partido que seguro que vai ser moi esixente. Xa pola tarde, nova cita, desta volta en A Boa Viña A Boa Vida de Melide, onde o outro equipo ó que pertenezo, o de fútbol sala, o Pub Q+? ten cita obrigada co noso Presi Alberto. Logo de degustar uns viños pasaremos a cear e logo haberá que rumbear un pouco por Melide co resto do equipo. Para o domingo queda unha tarde apaixoante deportivamente falando: as 17.00 horas o Athletic - Deportivo onde toca gañar sí ou sí para sair dos postos de descenso onde nos atopamos agora mesmo e as 18.00 horas o último gran premio da Formula 1 onde Vettel e Alonso se xogan o título mundial. Aínda que non son un gran afeccionado as carreiras de coches si me gusta ver decidir títulos de este calibre. Polo tanto presentase un finde dos que a min me gustan: moito deporte, ceas con amigos e festa nocturna. A verdade é que un non se pode queixar. Hoxe pincho a Calvin Harris xunto con Ne-Yo e o seu "Let´s Go", probablemente a canción que máis me gusta das que están soando na actualidade. Non hai dúbida de que me pon as pilas este "temón". Pasade unha boa finde e xa sabedes... SEDE MAL@S!

xoves, 22 de novembro de 2012

Santa Cecilia, patroa dos músicos




 Hoxe 22 de novembro é Santa Cecilia, a patroa dos músicos. Como gran amante de todos os estilos musicais desde este blog quero felicitar a todos os músicos agradecéndolles a gran cantidade de sentimentos que nos producen os seus traballos. Eu son unha desas persoas que sen música a miña vida non tería sentido.
Así pois, aproveito para renderlle tributo a unha das bandas máis grandes e importantes do Rock & Roll de todos os tempos: os Rolling Stones. Unha formación que levan 50 anos enriba dos escearios, que seguen dando moita caña e que aló onde van as persoas que os acompañan cóntanse por milleiros.

Longa vida á música!!!

mércores, 21 de novembro de 2012

Tu Night en Melide (repetición)

Se algún ou algunha de vos non viu o programa sobre a noite e movida melidense que ofreceu o programa Tu Night de Voz TV o pasado 15 de maio hoxe tedes a oportunidade de velo de novo a partires das 23.00 horas na citada cadea de televisión.
O programa que presenta Raquel Atanes visitou a Cervexería Orois, A Boa Viña A Boa Vida, Zerox, Quemais?, Tubos, Laicus, Ananda e Palladium.

Deixovos o enlace por da web por se non o puidestes ver ou ben se vos apetece volver a velo de novo. Fixádevos ben nas imaxes porque aparece moita xente de Sobrado e alrededores.

http://www.vtelevision.es/programas/tunight/2012/05/15/0031_51_139642.htm

martes, 20 de novembro de 2012

Para amantes dos videoxogos... ou non

Hai cousa de 3 semanas José Ramón Lamas "alias" Petete pasoume vía whatsapp esta maravilla de "videoxogo". Quero compartilo con tod@s vos, especialmente para os que aínda non o vistes.

Eu sinceramente esmendréllome con él.

 OBLIGATORIO VISIONALO CO VOLUME ALTO

luns, 19 de novembro de 2012

A Porra: Xornada 9

Para a vindeira xornada da porra o partido estrela, o que ten unha puntuación de 8 puntos será o Levante - Barcelona. Logo de unha xornada onde os acertos foron escasos tócanos a tod@s @s participantes resarcirse e puntuar como é debido.

SORTE!!!

PARTIDOS:

LEVANTE - BARCELONA * Partido da Xornada
ATHLETIC CLUB - DEPORTIVO
BETIS - R. MADRID
ATLÉTICO - SEVILLA
ATL. SOBRADO - CARRAL"B"

A Porra: Esteban máis líder

Esteban ampliou a vantaxe na táboa clasificatoria logo do acerto de esta semana no Barcelona 3 - Zaragoza 1. Este mesmo partido tamén lle serviu para sumar a Chany que se sitúa 3º con 17 puntos e a Villalove que se instaura na 5ª praza con 14 puntos.
Tan so 3 participantes sumaron pois na xornada máis pobre en acertos no que vai de 4ª edición. Agardemos que para a semana haxa moitos máis.

RESULTADOS:

REAL MADRID 5 - ATHLETIC CLUB 1 * Partido da Xornada
BARCELONA 3 - ZARAGOZA 1
DEPORTIVO 0 - LEVANTE 2
GRANADA 0 - ATLÉTICO 1
ENCROBAS 2 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 28
2. FINITO 22
3. CHANY 17
4. JOSITO 16
5. VILLALOVE 14
6. PETETE 12
7. MAITE 11
8. SUSO / FERREIRO5 / CHINO / ISAK 9
9. PITUS / ALBERTO / VILLA / LATO 6
10. PIRULO / JOSÉ ANTONIO / EMILIO / RUBIO 3
11. PAZITOS 0

venres, 16 de novembro de 2012

Que vos sexa leve

Esta fin de semana toca emprender (por enésima vez) rumbo a Asturias nunha viaxe de fin de semana. Parece que a cousa está pasada por auga, veremos que acontece coa climatoloxía..., desde este blog desexarvos boa fin de semana e que coma sempre volveremos como cada luns cos resultados da porra e a clasificación actualizada.
Como vedes en vez de música hoxe cambiei un chisquiño a tradición dos venres e a cambio ofrezo un regalos para os ollos. Arriba Oviedo, a antigua "Vetusta", coa catedral como punto central da fotografía. Abaixo Gijón, co seu belo mar e os seus maravillosos areiais. Non cabe dúbida que calqueira momento é bo para visitar a veciña Asturias. Xa non so polos súas belas paisaxes de cidades, pobos, montes e prados senón tamén pola súa gastronomía, que é un auténtico espectáculo. E por suposto separo a "sidra" da gastronomía aínda que debería ir incluida porque sei que moit@s d@s que me acompañan nesta expedición a "Asturies" son uns auténticos fanáticos desta bebida.
Seguramente traeremos algunhas botelliñas de Trabanco para celebrar algún evento cando xa estemos de volta na nosa querida terra.

Bicos a abrazos.

xoves, 15 de novembro de 2012

Parche Antirresaca

Bebedor@s e vividor@s do mundo, por fin chegou a solución os vosos males. Xa é unha realidade, xa está aquí..., trátase do mellor invento que creou o ser humano despois da luz e o teléfono; falo nin máis nin menos que do PARCHE ANTIRRESACA.
Segundo informa La Voz de Galicia na súa edición dixital de hoxe o PARCHE ANTIRRESACA xa é unha realidade.
Parece ser que se trata de unha mistura de vitaminas, nutrintes e antioxidantes que axudan a restablecer o balance natural do corpo logo da inxesta de alcol.

DÉIXOVOS A NOVA DO XORNAL:


Llega a España el parche antirresaca

Se trata de una mezcla de vitaminas, nutrientes y antioxidantes que ayudan a restablecer el balance natural del cuerpo tras la ingesta de alcohol

Llevábamos años esperándote, probando todo tipo de remedios caseros y recomendaciones populares las mañanas después, cuando se evaporan las nieblas etílicas y, tras caer rendidos sobre la almohada, el regreso a la realidad es demasiado duro, sobre todo físicamente. Se trata de un parche antirresaca, capaz de de reducir y suavizar los efectos secundarios de una ingesta exagerada de alcohol. O, al menos, eso es lo que promete Bytox, una mezcla de antioxidantes, vitaminas y nutrientes que, según sus creadores, ayudan a restablecer el balance natural del cuerpo. Algunos las padecen más que otros, depende de en qué momento uno pierde la cuenta de las veces que, a codazos, formula al camarero su combinado favorito y regresa triunfante a la pista de baile o del clásico e inexacto «aguante» (o tolerancia al alcohol), pero las resacas son, opinión popular, uno de los estados físicos más insufribles. Ya lo dicen las madres: el cuerpo las hace, el cuerpo las paga. El alcohol deja en el organismo, las horas posteriores a su consumo y una vez que sus efectos se desvanecen, una huella difícil de llevar. El cuerpo se resiente, sobre todo cuanto más adulterado sea el licor que riega nuestro estómago a lo largo de toda la noche, con un malestar generalizado que va desde la deshidratación, dolor de cabeza y de estómago hasta sensación de debilidad, dolor muscular o vómitos. Un auténtico infierno que la sabiduría popular, mezclada con consejos médicos, recomienda paliar con grandes cantidades de agua y comida -bebidas isotónicas, zumos, sopas y alimentos con abundancia de vitaminas, como el tomate-, intercaladas con alguna aspirina o ibuprofeno, lo que, a duras penas, devuelve el cuerpo a su estado natural. Concienciados de que no hay mejor cura que el paso de las horas y el sueño, los aficionados a las juergas nocturnas llevan toda la vida especulando con un elixir mulivitamínico que les dejase como nuevos los días de resaca. Bytox es, por el momento, lo más parecido. Pero no es milagroso. El parche está compuesto por un complejo de vitamina B y debe colocarse en el cuerpo antes de consumir alcohol y mantenerlo puesto hasta 8 horas después del último sorbo. Es, según sus fabricantes, seguro y efectivo, contiene cero calorías y no irrita el estómago. Leonard Grossman, cirujano plástico e inventor del parche, dio con la idea del remedio antiresaca después de administrar una mezcla de vitaminas, minerales y proteínas a un amigo que le pidió ayuda para sobrellevar el día posterior a la celebración de su paternidad. El formato parche, explica la web oficial del complemento vitamínico -que también incide en que «lo mejor es no beber»-, favorece la liberación de nutrientes directamente al flujo sanguíneo, sin irritar el estómago. Margen 4, distribuidor oficial del producto en España, aclara que Bytox no reduce ni elimina el deterioro psicomotor causado por el consumo de alcohol ni afecta los niveles de alcohol en la sangre y recomienda que, si se bebe, no se debe conducir.

martes, 13 de novembro de 2012

O "Eusebio" cumple 150 anos

Non se entende a miña vida sen o instituto "Eusebio da Guarda" de A Coruña. Nel foi onde me formei como Técnico Superior de Turismo e nel foi onde coñecín a compañeiros, compañeiras e profesores magníficos.
Non cabe dúbida que este centro está moi arraigado a min e por eso cada vez que paso na Praza de Pontevedra por diante del non podo quedar sen ollalo e sen virme a cabeza anécdotas, historias e acontecementos vividos nese mesmo lugar hai anos atrás.
Hoxe o "Eusebio" estivo de celebración cumplindo 150 anos como instituto sendo o máis antigo de Galicia e o primeiro de A Coruña.
Desde aquí felicitar a todas aquelas persoas que de un ou outro xeito pasaron polo "Eusebio da Guarda" nestes 150 anos de historia. Un lugar que xamáis olvidarei por todo o que me dou.

Deixovos o enlace da nova da edición dixital de ABC:

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1292902

luns, 12 de novembro de 2012

A Porra: Xornada 8

A xornada 8 da porra dos vindeiros 17 e 18 de novembro tráenos como partido máis destacado o R. Madrid - Athletic Club, onde o equipo merengue segue na procura de intentar reducir os 8 puntos que o distancian do F.C. Barcelona. Pola súa banda, os "leóns" logo da súa victoria de onte fronte ó Sevilla collen aire ó alonxarse das posicións de descenso. Fronte a fronte dous equipos que levan xogadas todas as tempadas na primeira división española.

PARTIDOS:

R. MADRID - ATHLETIC CLUB * Partido da Xornada
BARCELONA - ZARAGOZA
DEPORTIVO - LEVANTE
GRANADA - ATLÉTICO
ENCROBAS - ATL. SOBRADO

A Porra: Finito achégase ó líder

Finito ponse a so 3 puntos do líder Esteban logo dos resultados de esta semana. O gañador da primeira edición mételle presión así o gañador da segunda edición. Finito acertou un partido que dou moitos puntos, o Atlético 2 - Getafe 0. Ademáis do "torero" de Vilariño tamén acertaron este partido Isak, Chino, Rubio, Ferreiro5, Villa, Alberto e Emilio.
Quen vos escribe acertou o Levante 1 - R.Madrid 2.
Comentar tamén que ninguén acertou o resultado do derbi sobradés que era o partido da xornada onde o C.A.S.X. gañou con un solitario gol do gran Mario Novo... lolo lolo...

PARTIDOS:

ATL. SOBRADO 1 - TAMBRE 0 *Partido da Xornada
MALLORCA 2 - BARCELONA 4
LEVANTE 1 - R. MADRID 2
ZARAGOZA 5 - DEPORTIVO 3
ATLÉTICO 2 - GETAFE 0

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 25
2. FINITO 22
3. JOSITO 16
4. CHANY 14
5. PETETE 12
6. VILLALOVE / MAITE 11
7. SUSO / FERREIRO5 / CHINO / ISAK 9
8. PITUS / ALBERTO / VILLA / LATO 6
9. PIRULO / JOSÉ ANTONIO / EMILIO / RUBIO 3
10. PAZITOS 0

venres, 9 de novembro de 2012

Festa do fútbol en Sobrado

Mañá é un día histórico para o deporte sobradés e máis concretamente o fútbol. Por primeira vez na historia, dous equipos do Concello de Sobrado: Club Atlético Sobrado Xuventude e Tambre C.F. enfrontaranse na procura dos 3 puntos.
Hai un antecedente de dous equipos federados do pobo na mesma modalidade, aló polo ano 1997 cando se enfrontaron o Sobrado Fútbol Sala e o Pymes Sobrado Fútbol Sala en categoría Provincial.
O Sobrado Fútbol Sala desapareceu e o Pymes Sobrado evolucionou ata chamarse Club Atlético Sobrado Xuventude.
Mañá no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas C.A.S.X. e Tambre farán historia. Se queredes ter algún dato máis sobre o derbi picade neste enlace  http://atleticosobrado.blogspot.com.es/2012/11/xornada-9-casx-tambre-cf-previa.html

Un saúdo e feliz finde.

xoves, 8 de novembro de 2012

Sobradeses que fixeron patria

Grazas á Facebook púidenme enterar do triste falecemento de Guillermo Valiño, un home natural de Sobrado dos Monxes que emigrou a Euskadi a primeiros dos anos 60.
Guillermo era pai dos fundadores do Kate-Zaharra, un famoso restaurante ubicado no Monte Artxanda desde o cal se poden divisar unhas estupendas vistas de Bilbao.
Déixovos o enlace de El Correo para que lle votedes un ollo. A nova é do pasado luns 5 de novembro.

D.E.P.

http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20121105/vizcaya/viga-bilbao-20121105.html

martes, 6 de novembro de 2012

Erro de conexión

Houbo un tempo non moi lonxano no que o Messenger pasou a ser unha ferramenta básica de comunicación entre @s internautas. Moit@s abandoaron as mensaxes de texto dos teléfonos móbiles para conectarse (sen coste adiccional máis aló do pagamento mensual da liña de internet) e manter unha conversa todo o tempo que fose preciso con un/unha ou vari@s usuari@s. A este increible servizo engadeuselle a posteriori o poder usar unha webcam e poder ver a persoa coa que estabas en contacto.
Como a tecnoloxía avanza a unha velocidade vertixinosa en poucos anos este sistema quedouse totalmente obsoleto. A xente prefire comunicarse polas redes sociais (Whatsapp, Facebook e Twitter sobretodo) ou ben por Skype que é quen vai ser o sustituto de Messenger.
Aínda non é seguro ó cento por cento pero segundo avanzan varios xornais estes días dase case por feita a desaparición do que actualmente se coñece como Windows Live Messenger.

Déixovos a nova de hoxe de La Voz de Galicia


Microsoft jubila Windows Live Messenger para reforzar Skype

 El servicio de mensajería que durante más de 10 años conectó a millones de usuarios podría desaparecer de Internet en los próximos días

 Muchos años antes de que Facebook, Twitter y Whatsapp lideraran las redes sociales, MSN Messenger revolucionó la mensajería instántanea con un servicio rápido y eficaz. Desde su nacimiento en 1999, Messenger conectó a millones de usuarios alrededor del mundo. El servicio de mensajería, ahora conocido como Windows Live Messenger, podría desaparecer del mapa de Internet en los próximos días. Todo apunta a que Microsoft pretende desmantelar la web para fortalecer la millonaria adquisición de Skype, uno de los servicios de telefonía más populares de la Red, que el gigante informático compró el añó pasado por 8.500 millones de dólares. Según The Verge, un blog especializado en tecnología e Internet, la compañía anunciará probablemente esta semana la jubilación del Messenger.

luns, 5 de novembro de 2012

A Porra: xornada 7

O partido estrela da xornada 7 da porra é un encontro moi especial. Trátase do Atlético Sobrado vs Tambre CF e que suporá a primeira vez na historia de este Concello que dous equipos federados de fútbol de Sobrado se enfrontan en competición oficial. O partido terá lugar o sábado 10 as 17 horas no Municipal de Sobrado. Podedes cubrir xa os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

ATL. SOBRADO - TAMBRE CF * Partido da xornada
MALLORCA - BARCELONA
LEVANTE - R. MADRID
ZARAGOZA - DEPORTIVO
ATLÉTICO - GETAFE


A Porra: o líder abre brecha

Esteban distanciase dos seus perseguidores. O líder sumou 3 valiosos puntos logo de acertar o Deportivo 1 - Mallorca 0. Os grandes beneficiados da xornada foron Suso, Petete e Isak que sumaron 6 puntos.
Suso acertou o Barcelona 3 - Celta 1 e o partido do Deportivo. Pola súa parte tanto Petete coma Isak acertaron ademáis do partido de Riazor o resultado do R. Madrid - Zaragoza.
Destacar que esta semana ninguén acertou o partido da xornada que foi o Valencia 2 - Atlético 0.

PARTIDOS:

Valencia 2 - Atlético 0 * Partido da Xornada
Barcelona 3 - Celta 1
R. Madrid 4 - Zaragoza 0
Deportivo 1 - Mallorca 0
Cire Melide 0 - Atl. Sobrado 1

CLASIFICACIÓN:

1. ESTEBAN 25
2. FINITO 19
3. JOSITO 16
4. CHANY 14
5. PETETE 12
6. VILLALOVE / MAITE 11
7. SUSO 9
8. PITUS / FERREIRO5 / CHINO / ISAK 6
9. PIRULO / ALBERTO / JOSÉ ANTONIO / VILLA / LATO 3
10. EMILIO / PAZITOS / RUBIO 0