venres, 28 de setembro de 2012

O último finde de setembro promete

Fin de semana difícil que catalogalo con unha soa palabra. Mañá hai unha cea de cuarenta e moit@s personaxes no Restaurante O Real aquí en Sobrado co agallo de disfrutar do bote da Cafetería Ramiro que a tempada pasada non tocou. Dos convidados a cea decir que está o mellorciño de casa..., polo tanto esa cea ten máis perigo que McGyver nunha ferretería... Máis tarde preséntasenos a opción de ir a disfrutar das festas de Présaras na Honra de San Miguel onde como xa falamos onte GRAN PARADA e TRIUNFO amenizarán unha noite colosal. Reseñar que antes da cea temos un bonito Atl. Sobrado - Vizoño B no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas. Domingo tamén se presenta apetecible: sesión vermouth con Panamá en Présaras, xa pola tardiña, concretamente as 19.50 horas PARTIDAZO: R. Madrid - DEPORTIVO e como colofón a fin de semana, pola noite festa de novo en Présaras con Panamá. Deixovos o ultimo hit de Juan Magán acompañado por Belinda. Que disfrutedes o máximo posible.

Ningún comentario: