martes, 31 de xullo de 2012

Un paseo moi peculiar pola Vía Sacra

Esta estructura metálica que vedes no video é o sustento da Troita Mecánica que construeu INDUSTRIAS FREEMAN para a XIII Feira da Troita de Sobrado e que en poucos días veredes rematada. O piloto do vehículo é Mao, unha simpático e amable marroquí que traballa na farmacia de aquí do pobo e que disfrutou do lindo pilotando a 3 metros de altura pola magnífica Vía Sacra. O encargado de grabar este video foi quen vos escribe. Merece a pena escoitar os comentarios dos peregrinos, incluso nun momento chegaron a pensar que era unha atracción turística que tiñamos no pobo, foi un momento inolvidable. Quédame pena de non ter recollido tamén en video unha media hora antes a visitantes que accionaron os seus móviles e cámaras de fotos desde as terrazas dos bares e cafeterías o ver a diversos "artistas" da nosa vila probando o VTR (Vehículo de Tres Rodas). Disfrutade da panorámica do Mosteiro co son das campás incluidas. Saudos

venres, 27 de xullo de 2012

Cabeza de Cartel da Feira da Troita 2012

Como todos os venres hoxe toca videoclip musical. Desta volta ímonos quedar co Rock and Roll xenuino dos BURNING que serán cabeza de cartel da Feira da Troita de Sobrado 2012. De mañá en dúas semanas terémolos enriba do esceario xunto a La Banda del Camión. Queda con vos quizais a canción símbolo de este grupo. Pasade boa fin de semana, a min tocarame Rías Baixas e disfrutar da praia. Sede mal@s Bicos e abrazos

xoves, 26 de xullo de 2012

BURNING estará na Feira da Troita de Sobrado

O concello de Sobrado mediante a súa páxina web http://www.sobrado.es/ acaba de anunciar que o grupo madrileño BURNING será o cabeza de cartel da XIII Edición da Feira da Troita.
A formación acadou o seu momento de gloria na época coñecida como "Movida Madrileña" con cancións como "¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?" ou "Mueve tus caderas". Tras a morte do seu líder Pepe Risi o grupo refíxose deste duro golpe e de novo volven a estar dando guerra nos escearios.
Como grupo teloneiro veremos en Sobrado a outra formación de luxo "La Banda del Camión" que lidera GANDI autor do himno "Rock del Deportivo".
Ademáis desde o Concello sinalan que en vindeiras datas estará exposto todo o programa de actividades para os dous días que durará esta XIII Edición que terá lugar os días 11 e 12 de agosto.

martes, 24 de xullo de 2012

Feliz Día de Galicia

Mañá coma cada 25 de xullo é un día moi especial para todos os galegos e galegas pois celebramos o Día do Apóstolo ou o que é o mesmo, o Día de Galicia.
Deséxovos que disfrutedes do festivo, quen vos escribe gozará de unha longa xornada de praia tirando máis ben ó Sur da nosa Comunidade Autónoma. Unha forte aperta, lémonos o xoves.

luns, 23 de xullo de 2012

Luns irónico

O polifacético Paco Lodeiro, presentador da TVG déixanos esta "perla". Unha irónica canción coa música de Pedro Navaja pero desta volta poñéndolle unha letra moi particular: a historia do roubo do Códice Calixtino. A disfrutar!

venres, 20 de xullo de 2012

Supersubmarina

Hoxe variamos un pouco a relación venres= tema dance. Ímonos quedar co indie rock de Supersubmarina que serán cabeza de cartel mañá no Teixeiro Rock. Sen lugar a dúbidas que esta finde vai ser un non parar. Hoxe festón en Teixeiro con París e Ciclón, mañá bautizo de Pablo, o fillo de meu padriño de confirmación Miguel e domingo festón de novo en Teixeiro con Panorama e Embajadores..., e por riba con un tempazo. A disfrutar! Bicos e abrazos

xoves, 19 de xullo de 2012

Festas da Xuventude Teixeiro 2012

Un ano máis chega unha das festas referentes no verán do interior de Galicia e pódese dicir que a xente de Sobrado case as sentimos como algo nosas pois témolas a 8 minutiños en coche. Trátase das Festas da Xuventude de Teixeiro. Este ano e a pesares da crise hai que decir que a Comisión Organizadora puxo toda a carne no asador e presenta un cartel de auténtico luxo.
Para ir abrindo boca na noite de hoxe haberá unha mexilonada e unha festa dos anos 80. Mañá comezarán as actuacións musicais coa Orquestra París de Noia e o Grupo Ciclón.
A novidade de este ano é que os concertos que habitualmente eran venres traslándanse para o sábado. Uns concertos onde parte como cabeza de cartel SUPERSUBMARINA, e no que tamén tomarán parte Stereotypo, Planetas Dj., Grises e Modern Discoveries (grupo local de Teixeiro).
Para o domingo queda outra verbena sobresainte coa Orquestra Emperadores e a Orquestra Panorama para poñer un broche de ouro a un cartel espectacular.
Por alí nos veremos se Deus quere.

martes, 17 de xullo de 2012

Así da gusto

27º agora mesmo no Centro Urbán de Sobrado, seguramente o mellor do día do verán (do que vai por agora). Ogallá este tempo se quede unha boa tempada con nós. Con estas temperaturas apetece escoitar algo fresco polo que hoxe vou colgar un tema que se non o escoitastes váisevos pegar. Trátase de "Play Me Like a Violin" (o título xa o di todo...), que interpreta Brighi coa colaboración do eterno Snoop Doog. Podedes encontrar este pelotazo Dance no BLANCO Y NEGRO HITS 2012. Que teñades un grandioso día Bicos e abrazos

luns, 16 de xullo de 2012

Felicidades mamá e avoa

Como decía no último post que data de venres hoxe celébrase o día da Virxe do Carme patroa dos mariñeiros. Sen lugar a dúbidas que este post vai a adicado a miña nai e miña avoa que están de santo. A decir verdade parece que este día festivo en moitos lugares de Galicia parece que por fin da a benvida o verán de verdade con un día de sol e calor expléndido. Quen vos escribe aproveitou para pasar a mañá na praia e debo decir que se estaba de auténtico luxo polo que me dou moita pereza ter que volver pero é o que hai...
Agardo que os que dispoñedes de xornada festiva no día de hoxe o estedes a celebrar como a ocasión o merece.
Saudiños.

venres, 13 de xullo de 2012

Un dos temas do verán

Como cada venres (13 desta volta...) tócalle o turno a música dance neste blog. Hoxe temos por estes lares a Afrojack & Shermanology e o seu "Can´t Stop Me", unha canción que particularmente me chifla. Por aquí andamos cruzando os dedos para que mañá o tempo dé unha tregua e poidamos disfrutar completamente do Día da Familia na Área Recreativa de A Pontepedra. Que teñades boa fin de semana, algúns teredes a sorte de facer festivo o luns co motivo do Día do Carme (miña nai e miña avoa de santo), así pois se non é luns, o martes veremonos por aquí se Deus quere. Pasadeo ben, disfrutade e sobretodo SEDE MAL@S! Bicos e abrazos

xoves, 12 de xullo de 2012

Gayosadas

Que foi primeiro, Xosé Ramón Gayoso ou a TVG? seguro que é unha pregunta que vos facedes moit@s de vos e que eu tamén me fago. A decir verdade eu penso "que son de unha quinta" pois desde que recordo ter instalada a TVG no meu fogar por "H" ou por "B" saia este tío nalgún programa da "Telegaita" ata que lle chegou o *estrelato* (e marco con asteriscos porque é unha forma de escribir sarcástica total). Sí amig@s, Luar, o programa que... aínda que pareza mentira máis tempo leva en antena na TVG, será motivo que ten gran audiencia (se é por min hai anos que xa non existía). De sobra son coñecidas as burlas que moita xente fai entorno a este programa por eso hoxe quixen recuperar a "famosa" chamada telefónica na que a persoa que está o outro lado do teléfono colleu un "rebote" considerable co presentador coruñés. Nestes tempos chungos onde todo vai "coma o carallo" (perdón pola expresión) non ven mal votar un sorriso. Bo Xoves!

mércores, 11 de xullo de 2012

Festival de la Luz, o nunca visto nestes lares

Logo de un pequeno "in pass" volvemos a actividade no blog (o verán é o que ten...) comentándovos algo que seguramente a maoiría de vos xa coñece pois esto salto a luz pública hai unha semana.
Estou a falar do "Festival de la Luz", un festival solidaria organizado por Luz Casal que terá lugar en Andabao (Boimorto) os vindeiros días 22 e 23. O elenco de artistas é sensacional como podedes observar.
Quero comentar tamén que este festival faise con fin benéficos e a total recaudación das entradas irá parar para a loita contra o cancro. O prezo das entradas é de 10 euros por un día e 15 euros os dous días que dura o festival. Moi pero que moi barato se temos en conta os artistas que se van poder ver na finca privada da propia Luz Casal en Andabao.
O Festival ten web propia http://www.festivaldelaluz.es/ alí vos podedes informar máis e mellor de todo o relacionado con este evento nun cartel que nin os máis optimistas nos poderíamos imaxinar poder telo aquí tan cerca, a uns 10 minutiños en coche.
Se Deus quere a esa cita non faltaremos.

Parabens a Luz Casal por tan feliz iniciativa

venres, 6 de xullo de 2012

Outro finde "Scabrosso"

Chega o finde e con él ocio, moito ocio. Hoxe temos en Sobrado a Gala da Asociación de Mulleres Rurais "A Maristela" no Pavillón Polideportivo a partires das 22.00 horas. Un evento cultural que non vos debedes perder. Merece moito a pena. Ademáis ós amantes da verbena galega propóñovos a opción de acercarvos esta noite ata Xanceda (Mesía) para poder disfrutar dunha festa na que a estrela é a Orquestra Panorama. Mañá é día de San Fermín, e tanto para os que vos acerquedes a Pamplona coma para os que non seguro que será unha xornada de correr diante dos tour@s e de encerros..., agardemos que non vos pillen, ademáis chega a primeira etapa de montaña do Tour de Francia, comeza o espectáculo. Domingo os amantes do tenis temos unha boa opción para pasar a tarde coa final de Wimbledon, eso sí, sempre condicionados a que chegue de unha vez o bo tempo e poidamos ir a praia ou a piscina. Non comento nada das noites do sábado e domingo porque sei que moit@s d@s que me ledes xa tedes pensados os vosos destinos, aínda así eu propóñovos un máis: as festas de Santa Isabel en Friol (Lugo), aquí ó ladiño, a 22 kilómetros, comezan mañá e rematan luns. Tampouco quero esquecer unha das citas máis apetecibles do ano como é a Feira Franca de Betanzos que ano tras ano aglutina milleiros e milleiros de persoas, a Feira comeza hoxe e remata domingo. Non descarto aparecer por eses lares algún destes días. Sen máis despídome desexándovos unha boa finde e coma sempre dándovos un consello: SEDE MAL@S Bicos a abrazos

xoves, 5 de xullo de 2012

VI Día da Familia

Segundo informa a web do Concello de Sobrado www.sobrado.es o sábado 14 de xullo celebrarase unha nova edición do Xantar Campestre "Día da Familia" (neste caso a VI). Como ben sabedes esta festa (para min un dos mellores días do ano) celébrase na área recreativa de Pontepedra e ano tras ano a diversión impera ó longo do día e da noite.
Haberá actuacións de baile e gaitas con O PUNTEIROLO de Vila de Cruces e A MARISTELA de Sobrado, iso á tarde. Para a noite será o turno do Dúo CALÚ. Un dúo que capitanea precisamente o cantante Calú que foi voz solista de formacións prestixiosas coma a Orquestra Cinema ou o Grupo Alkar.
Haberá tamén unha pulpeira e o prezo da ración de polbo (con "b", jejeje) será 5 euriños.

Agora so falta agardar que a climatoloxía acompañe.

Saúdos

As autoridades sanitarias advirten: beber augardente 16 días seguidos pode matar

Cada día alucino máis coas noticias que nos "agasalla" La Voz de Galicia. Hoxe quédome coa boca aberta sobre o titular "Un carnicero colombiano muere tras pasar 16 días bebiendo aguardiente". O que mé produce maior gracia é o de "Se sentó en la mecedora donde acostumbraba a quedarse dormido, mi hermano lo llamó, pero él ya estaba todo -morado-..., non iba estar morado..., se estivo 16 días bebendo augardente non me extraña. Para máis inri o falecido en cuestión chámase Liberio, o que me fai pensar de que debía ser un paisano moi "libre", ademáis o seu apodo era "Volante"..., sen comentarios.

Xa o di o refrán: "amistad de carne y vino (neste caso augardente) no vale un comino"

Deixovos a noticia da edición dixital do xornal:


Un carnicero colombiano muere tras pasar 16 días bebiendo aguardiente

Celebraba las fiestas de San Pedro y San Pablo cuando sufrió un infarto causado por la bebida EFE Bogotá 04 de julio de 2012 19:53 12 votos Un carnicero colombiano de 59 años murió en su mecedora favorita después de beber aguardiente durante 16 días seguidos, con ocasión de las festividades de San Pedro y San Pablo, según explicaron sus familiares. «Se sentó en la mecedora donde acostumbraba a quedarse dormido, mi hermana lo llamó, pero él ya estaba todo morado. Según el forense, falleció de un infarto causado por la bebida. Lamentablemente el licor lo llevó a la muerte», dijo su hijo William Trujillo. El fallecido, Liberio Trujillo, apodado Volante, administraba una carnicería en el mercado de Palermo, una localidad del sur de Colombia, en el departamento de Huila. Fue enterrado hoy Murió en medio de los festejos de San Pedro, del que era devoto. Su hijo reveló al diario La Nación, de Neiva, capital de Huila, que a su progenitor le gustaba mucho beber, especialmente cuando llegaban estas fiestas. «El sobrenombre de Volante se lo ganó porque era una persona muy escandalosa a la hora de hablar. Siempre se caracterizó por ser una hombre muy respetuosa y amable», añadió William Trujillo

martes, 3 de xullo de 2012

O Atlético Sobrado comeza a preparar a vindeira tempada

O ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE ven de anunciar no seu blog oficial http://atleticosobrado.blogspot.com/ que xa está configurando a vindeira tempada. En vindeiras datas se presentarán novas e flamantes fichaxes así coma o "planning" da vindeira tempada. Desde o clube marelo tamén se anuncia que un ano máis competirá no Grupo III da 3ª Autonómica que estará configurado por 14 equipos.
Ademáis desde a Directiva do Clube salientan que en Outubro a institución cumplirá xa a frioleira de 15 ANOS, cando comezou aquel soño de uns xoves rapaces de Sobrado e que conseguimos cumplir a base de esforzo e adicación. Próximamente pode haber eventos relativos a este feito.