martes, 19 de xuño de 2012

Endomondo

Xa hai algún tempo que quería adicarlle un post a un programa tecnolóxico que para min xa se convertiu en indispensable..., estou a falar de Endomondo.
Para os que non o saibades, Endomondo é unha aplicación para móviles (ademáis de ter web) que grazas a un GPS que localiza en todo momento onde estamos nos permite os que facemos algún tipo de deporte relacionado con desplazamento, calcular a distancia recorrida, o tempo invertido, as calorias e a velocidade media entre outras cousas. Ademáis ten un programa de voz que cada kilómetro recorrido nos vai indicando datos sobre a etapa. Ten ademáis a función de poder subir o traxecto a Facebook ou Twitter e poder ver alí un mapa polos lugares onde nos movemos, e todo tipo de datos estadísticos. Sen lugar a dúbidas é unha aplicación moi completa e o mellor de todo é que a súa descarga é totalmente gratuita. No meu caso en particular que practico running sírveme de moita axuda para marcar e calcular mellor os ritmos de carreira, regular e tamén mellorar día a día.

Se facedes deporte de desplazamento e queredes ver os  vosos progresos recoméndovos esta aplicación. Acabaredesvos enganchando a ela e o deporte.

Saudos

Ningún comentario: