luns, 25 de xuño de 2012

Grande CD Lugo

A tempada 2011/2012 pasará a historia coma unha das máis profíficas en ascensos para o fútbol galego. Se unhas semanas atrás eran Deportivo e Celta quen conseguían volver a Liga BBVA, onte o CD Lugo, logo de uns agónicos penaltis en Cádiz e logo de 3 eliminatorias contra Eibar, Atl. Baleares e o equipo da Taciña de Prata foi quen de volver a Liga de Fútbol Profesional. Facía 20 anos que o equipo que adestra Quique Setién non xogaba na 2ª División Española e por fin o o volveu a acadar. Ademáis onte tamén ascendeu a SD Ponferradina a mesma división así que debido a cercanía que separa ambas cidades prevese que no dobre enfrontamento da vindeira tempada a hinchada branca e vermella ateigará a capital do Bierzo e a visita dos de Ponferrada tinguirá de azul e branco Lugo. Nin que decir ten a importancia que supón para a cidade e por rebote para Galicia a nivel económico o ascenso tanto de Deportivo, coma Celta ou Lugo. Volvendo a deterse no caso do CD Lugo se analizamos ademáis de que xogará fronte a Ponferradina outros equipos que visitarán o "Anfield Carro" serán o Sporting de Xixón (de todos é sabido a gran concentración de seguidores que aglutina nos seus desprazamentos) pódense preparar os locais de hostalería o os hoteis da cidade amurallada xa que ese fin de semana será unha auténtica festa. Pero non so virá o Sporting senón que tamén virá o Racing de Santander, outro equipo que está a unha distancia prudente e que tamén terá centos de seguidores que visitarán Lugo. Penso que o de onte foi unha magnífica noticia para Galicia a todos os niveis. Ademáis recordemos que o CD Ourense tamén acadou o ascenso esta mesma tempada a 2ª B e que un histórico coma a SD Compostela retornou á categoría nacional logo do seu ascenso á Terceira División. Ogallá a vindeira tempada non sexa peor e o fútbol galego siga celebrando éxitos.

PARABÉNS Ó CD LUGO

Ningún comentario: