venres, 22 de xuño de 2012

CONECTA MELIDE



Tod@s aquelas persoas que estedes interesados no mundo do motor e nalgún tipo relacionado co sector mañá non podedes faltar en Melide. A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza o "Conecta Melide". Como veredes máis abaixo o programa de actividades é amplio. Se desexades participar no evento tan so tedes que cumprir o seguinte requisito: ir a web http://xuventude.xunta.e entrar no apartado "Conecta", alí buscades o evento de Melide do 23 de xuño e inscribidesvos. Para participar nos eventos e ter a comida gratis é obrigatorio inscribirse. O horario de recollida de acreditacións será no IES Melide de 9 a 10 da mañá.

ESTE É O PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
 PROGRAMA CONECTA MELIDE EMPRENDEMENTO SOCIAL NO MUNDO DO DEPORTE QUENTANDO MOTORES: O TEU KILÓMETRO 0 CARA O EMPRENDEMENTO.

Lugar e data de realización: IES Melide, sábado 23 de xuño de 2012. Presenta: Juán Carlos Varela, presentador do Programa Galicia Ras. 9.00- 10:00 Acreditacións BLOQUE 1: INICIATIVA E ÉXITO. 10:00 Javier Anido, do comité de organización do Rally de Históricos de Galicia e José Fernando Mouriño, presidente da escudaría Rías Baixas, falarán sobre diversas iniciativas empresariales exitosas. BLOQUE 2: EMPRENDER E INVENTAR. 10:15 Outeda Racing, prestixioso fabricante de barquetas de competición, centrará a súa ponencia na necesidade continua de innovar, de desenvolver novos e mellores produtos nun entorno cada vez máis competitivo. BLOQUE 3: EXPERIENCIAS EMPRENDEDORAS 10:30 Jesús Ferreiro e Javier García 10:45 Pedro Burgo e Alberto Otero 11:00 Sergio Vallejo Disertarán sobre emprendedurismo e éxito deportivo. 11:15 Fátima Ameneiro 11:30 Inauguración do acto, D. Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Dna. Ánxeles Vázquez , Alcaldesa do Concello de Melide. 12:00 Pausa-café 12:30 As políticas de xuventude na actualidade. Dalia Couso, Concelleira de Xuventude do Concello de Melide.12:45 Aínda non tes carnet? Axudámosche BLOQUE 4: OS VALORES DO DEPORTE Á HORA DE EMPRENDER: SACRIFICIO E ÉXITO NO EMPRENDEMENTO 13:00 Dani Rivas e José Luis Abadín 13:15 Antonio Vázquez BLOQUE 5: EMPRÉGATE NO MOTOR 13:30 Delfino Ramos, Charlie Guerreiro, Leboreiro, José Manuel González, Fraga, Mario e Jony. 14:15- 16:00 Xantar 16:30 Simulacro dos Bombeiros de Arzúa e Protección Civil de Melide no caso dun accidente de circulación. 17:30 Exhibición – Tramo Espectáculo a cargo do piloto de Fórmula 2 José Luís Abadín e varios pilotos locais. 18:30 Clausura da actividade. Outras actividades: Simulador de Conducción Exposición de coches e barquetas de competición Zona de xogos con PS3 Exposición de coches de competición en miniatura

Ningún comentario: