luns, 4 de xuño de 2012

Alberto flamante Campión da 3ª Edición da Porra

Alberto toma o relevo de Esteban coma campión da 3ª edición da porra de http://latosobrado.blogspot.com/
O campión estivo a proba ata o final e tivo que acertar o Numancia - Alcorcón para proclamarse gañador. Con este novo acerto sumou un total de 56 puntos.
Segundo na táboa quedou José Antonio que nunha segunda volta de liga sinxelamente espectacular escalou postos ata chegar ós 53 puntos. José Antonio acertou o partido da xornada así como tamén o Numancia Alcorcón polo que sumou 5 puntos.
A terceira posición foi parar as mans de Iago, que foi líder durante un bo número de xornadas. Contabilizou un total de 52 puntos logo de atinar o Numancia - Alcorcón e o Huesca - Hércules.
Cuarto clasificado queda Petete logo de acertar o máis que probable Celta 0 - Córdoba 0 con un total de 46 puntos.
A quinta posición é para o gañador do ano pasado, Esteban que non sumou nesta xornada e que polo tanto quédase con 44 puntos.
Emilio será o sexto clasificado logo de sumar 3 puntos no partido Numancia - Alcorcón, o sobradés afincado en Cataluña adquiriu un total de 43 puntos.
Séptimo clasificado será Chino con 36 puntos, bos números para ser a primeira edición na que participa.
Quen vos escribe, ou sexa, Lato ocuparei o oitavo lugar con 34 puntos logo de sumar no partido Huesca - Hércules.
Pitus será noveno logo de sumar 5 novos puntos no Celta - Córdoba e no Villarreal B - Deportivo. O vasco-sobradense sumou 33 puntos.
Finito gañador da primeira edición da porra será finalmente décimo con 30 puntos.
Na posición número 11 atópase Pirulo con 29 puntos.
Posición número 12 para meu primo Villa con 27 puntos.
Ferreiro9 ocupará a posición número 13 con 25 puntos.
A posición número 14 será para a única muller que participo ata o de agora na porra (agardo que para a vindeira tempada vos vaiades animando máis), trátase de Nuria  que sumou un total de 22 puntos.
E finalmente na posición 15 aparece Pazitos con 21 puntos.


CLASIFICACIÓN FINAL


Campión: ALBERTO 56
2º JOSÉ ANTONIO 53
3º IAGO 52
4º PETETE 46
5º ESTEBAN 44
6º EMILIO 43
7º CHINO 36
8º LATO 34
9º PITUS 33
10º FINITO 30
11º PIRULO 29
12º VILLA 27
13º FERREIRO9 25
14º NURIA 22
15º PAZITOS 21

NORABOA A ALBERTO POLO TÍTULO CONSEGUIDO (HABERÁ OBSEQUIO..., TEMBLA!!! E NON É UNHA MUÑECA HINCHABLE... JEJEJE) E UNHA VEZ MÁIS DARVOS AS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR. A PORRA VOLVE NUNS MESES CO INICIO DA NOVA TEMPADA.

Saudos

Ningún comentario: