venres, 13 de abril de 2012

A onde chegamos...



Abraiado non é a palabra..., é máis non daría encontrado a palabra axeitada para decir o que sentín cando vin este video. Unha mistura de sorpresa, interrogación, alucinamento que finalmente rematou con unha risa bestial onde as bagoas tamén apareceron.
Non é de extrañar, senón non se explica como unha procesión de Semana Santa (a relixión e os seus tabues) pode ir amenizada por unha banda que interpreta de xeito instrumental nin máis nin menos que o "Ai se eu te pego" de Michel Teló, de sobra coñecido polas connotacións sexuais que ten a súa letra.

Outro dato a ter en conta é como os costeleiros "menéan" o pobre do santo a ritmo da melodía.

VER PARA CRER!

1 comentario:

vero86 dixo...

Seguro que todo ten unha explicación: as connotacións sexuais da letra... desaparecen se non hai letra! jaja. Se é instrumental, non di nada pouco axeitado...
O Santo creo que era o Cristo Resucitado, así que a música, tan alegre, prestábase ben para o Domingo de Resurrección jejeje.
O dos meneos que lle metían os costaleiros ó Santo xa... eran exercicios de equilibrismo, porque eu ben pensei que as flores e máis o Cristo ían parar no chan!