xoves, 12 de abril de 2012

Casa Encarna, un lugar de parada obrigada

Os locais hosteiros da cidade da Coruña a diferencia de Santiago ou Lugo non destacan pola abundancia a hora de poñer tapas cando vas tomar algo. Pero hoxe propóñovos un lugar onde esto si que ocorre. Trátase de Casa Encarna, está ubicado a escasos metros do Mercado de Elviña e alí e o lugar de encontro dos compañeiros de equipo do Pub Q+? F.S. logo dos partidos.
A verdade é que o trato é exquisito e se queredes comer xamón sen pagar un céntimo ese o lugar, chegará un momento en que lle teredes que decir o camarero que non traia máis porque queda sobro. Pero é que non é so xamón, chourizo ó viño ou queixo son outros dos manxares cos que a xerencia de Casa Encarna se encarga de que toda persoa que visite o local non saia de alí con fame.

Ademáis se desexades comer de prato tamén teñen racións diversas a un módico prezo.

SEN LUGAR A DÚBIDAS MOI RECOMENDABLE!!!

Ningún comentario: