venres, 2 de marzo de 2012

Feliz cumpleanos DEPOR



O Real Club Deportivo da Coruña está hoxe de cumpleanos. Nin más nin menos que 106 anos cumpre o equipo polo que vivo e me desvivo. Casualmente hoxe o Depor xoga en Riazor (con esto de que as televisións mandan no fútbol e un auténtico descontrol e xa da igual o día da semana) fronte o Alcorcón. Será un día de festividade que pode ser repleto de felicidade se se conseguen os 3 puntos que nos mantería no liderato da Liga Adelante unha semana máis.

Todo esto nunha fin de semana cargada de eventos onde ademáis do partido do Depor a partires das 21.00 horas en Riazor (imos animar máis que nunca), os que o desexen pódense acercar ben a disco Supernova de Sobrado a ver a Orquestra Xente Nova ou ben achegarse a veciña vila de Arzúa onde hoxe comeza unha nova edición da celebrada Festa do Queixo. Para os que vos guste a música en directo sen lugar a dúbidas que non podedes faltar a esta cita pois os 3 días estarán cargados de música de todos os estilos ademáis de gastronomía (evidentemente), cultura, diversión, etc...

Deixovos este temazo de Pitbull e Chris Brown "International Love" para comezar o finde coas pilas completamente cargadas adicado especialmente ó RCD1906.

FELICIDADES DEPOR

Sede mal@s!!!

1 comentario:

Vero86 dixo...

Aniversario redondo!!