venres, 24 de febreiro de 2012

Esta hinchada nunca se rinde

O mundo do fútbol xamáis deixará de sorprenderme. É curioso ver como unha afección (a do Depor) está máis a morte co seu equipo que nunca (onte acadáronse os 25.000 socios) nunha tempada na que o equipo acaba de descender o inferno de Segunda División.
Os que asistimos asiduamente os partidos no Estadio Municipal de Riazor puidemos apreciar nos últimos partidos da tempada pasada como día a día se ía incrementando o número de espectadores debido a grave situación que atravesaba o equipo con serios riscos de descender (algo que o final tristemente se produxo).
Mais este revés lonxe de desanimar a xente fixo que moitos afeccioados sobretodo xóvenes se volcaran co equipo sabedores da importancia que o Depor ten para A Coruña e para Galicia e así, moitas persoas que na súa vida foran socias do clube decidiron sumarse a causa para alentar ó noso Deportivo.
Este ano sí que da gusto ir a Riazor e ver o ambiente que alí se respira, se ben é certo que nos 6 últimos anos baixara bastante a afluencia de público motivada en gran medida pola pérdida de potencial do plantel e sobretodo porque Caparrós e Lotina non conseguiron ofrecer o fútbol que a xente agarda do equipo. Afortunadamente Oltra coa súa aposta valente de ataque está a conseguir non so resultados senón tamén que a xente disfrute do bo facer dos seus xogadores, nun plantel que para sí quixeran bastantes equipos de primeira división.
Os números de asistencia de público son escalofriantes, o Deportivo é o 6º equipo de España (contando todas as categorías) que máis xente mete en Riazor neste curso 2011/2012 algo que fala moito e ben da gran afección branca e e azul.
Mañá toca visita a Sabadell a partires das 18.00 horas e por suposto é imprescindible que o vindeiro venres, a partires das 21.00 horas acudamos unha vez máis a Riazor para dar apoio os Guerreiros de Artabria fronte as tropas de Alcorcón e sumar 3 novos e valiosos puntos para poder acadar o ansiado ascenso.
Merecémonos pegarnos unha boa festa se o conseguimos e penso que polo mes de maio seguro que imos celebralo como se merece.

FORZA DEPOR E GRAZAS A TOD@S POLO APOIO Ó EQUIPO.

1 comentario:

vero86 dixo...

Eu xa o dixen cando descendemos: falta un día menos para voltar a primeira. E nesas andamos... jeje.
Se non subimos estes ano, cos resultados e coa maneira de xogar actuais, xa non subimos nunca. Así que sí, alá por maio estaremos enfriando a champaña! Eu teño fe en que este ano subimos.