xoves, 19 de xaneiro de 2012

Una y no más, Santo Tomás



Hoxe quérovos falar de unha "clavada", un "timo" chamarnos tontos a cara ou como lle queirades chamar. Onte tiñamos partido de Liga de Fútbol Sala na Coruña como cada semana, un partido que por outra parte non se chegou a disputar debido a que a pista de Salesianos presentaba moita humidade é un aspecto resbaladizo que podería facer peligrar a integridade de árbitros e xogadores dos dous equipos. Faltaban 30 minutos para o comezo do R.Madrid - Barcelona polo que decidimos ir a un bar no que soemos parar logo dos partidos co agallo de velo todos xuntos. O bar en cuestión, Casa Encarna, para máis sinais estaba a tope e dado que eramos unha boa pandilla de xente: Chino, Nuria, Pichi, Isaac, Piru, Cristina, María e eu decidimos ir a outro lugar. Finalmente e logo de unha pequena volta vimos que a Cervexería El Faro, situada en Alvaro Cunqueiro 7, na 2ª Fase de Elviña xusto antes do enlace con Alfonso Molina tiña sitio de sobra para nos e alí nos fumos. Comezamos a tomar un par de voltas e sorprendeunos que non nos puxeran nada para picar a`pesares dos prezos (aceitunas, froitos secos, etc...) polo que as garimbas a pao seco entran bastante peor. A verdade é que o servizo de camareiras era bastante, bastante lento, eso sí, a hora de cobrar andaban ben áxiles: aínda non tiñan case postas as roldas e xa che decían o que costaban para que pagases. Logo de 3 roldas Chino suxeriulle a camareira se non tiña algo de aceitunas, patacas ou algo parecido. Ela contestou que sí e volveu con unha bandexa de un tamaño máis ben tirando a mediano (eramos 8 e non chegaba a nada) e unha cazoliña minúscula de aceitunas (se as patacas non chegaban o das aceitunas era de risa), pero a nosa sorpresa maior foi cando a camarera solta un "son 4€"..., quedamos atónitos. Tomamos outra rolda máis (sen pedir de comer claro esta) rematou o partido e saimos pitando de alí. Mal servizo (incluso nalgunha das veces que veu a mesa levábase vasos mediados na bandexa), prezos altos nas bebidas, altísimos no picoteo e por riba deben pensar que marchas sen pagar...


Mira que podían facer uns bos clientes pois temos a costume de parar a tomar unha ou máis sempre despois de xogar pero visto o visto eu non volvo, e creo que o resto de expedición tampouco. Así que xa sabedes, se ides a EL FARO e pedides de picotear, atentos as consecuencias. EU ADVERTINO!!!

3 comentarios:

Vero86 dixo...

Eu coñezo esa cervexería, aínda que nunca entrei, cando paso por alí nunca vou de cañas. Pero visto o visto e despois de ler isto... non sei se pararei!

Unknown dixo...

A miña opinión é que non cho recomendo. Foi ridículo cobrar 4€ por algo que como é normal che poñen gratis na maioría de bares e indo por riba tomando 5 roldas 9 persoas..., alguns a vista comercial téñena... nalgún sitio inombrable e non quero ser basto.

En fin..., eles verán...

José Antonio dixo...

No Q.
Y algunos llenan de babas la barra porque le hacen casito las que están por detrás. Son 4€, miamol. Hala, y se quedan tan anchas. Cajonodioscasfixo. Ya hace tres o cuatro meses que no entramos. Era el típico lugar de quedar para a derradeira las noches de los miércoles con Casti, el delegado de fútbol sala. Y por lo mismo, sablazos.
Pues nada, los faros nos guían, dicen, tirad de largo.