luns, 16 de xaneiro de 2012

A Porra: Finito empata na cabeza da táboa con Alberto

Excelente xornada para Finito logo de acertar o partido da xornada Barcelona - Betis. Con estes 6 puntos empata na cabeza da táboa clasificatoria a 24 puntos con Alberto. Outro dos grandes beneficiados da xornada foi Chino que logo de atinar o Huesca 0 - Deportivo 2 suma 3 novos puntos e empata na segunda posición con Iago. Destacar que Nuria sumou por primeira vez nesta tempada acertando tamén o mesmo encontro que Chino. Xa por último, quen vos escribe tamén tivo a sorte de que o partido do Deportivo me dera 3 puntos que me fan igualar con Petete na terceira posición da táboa.

PARTIDOS:

Barcelona 4 - Betis 2 * PARTIDO DA XORNADA
Mallorca 1 - R. Madrid 2
Huesca 0 - Deportivo 2
Encrobas 3 - Atl. Sobrado 2
Atl. Madrid 3 - Villarreal 0

CLASIFICACIÓN:

1. ALBERTO / FINITO 24
2. IAGO / CHINO 21
3. PETETE / LATO 16
4. VILLA / EMILIO / ESTEBAN 15
5. PITUS / FERREIRO9 11
6. PAZITOS 6
7. PIRULO / NURIA 3
8. JOSÉ ANTONIO 0

2 comentarios:

Nuria dixo...

Por fin!!!!!!!!!!
3 puntitos....menos da una piedra

Víctor Cabanas dixo...

Pues sí Nuria, enhorabuena, lo bueno 1que tiene este sistema de puntuación en que en 2 o 3 jornadas sumando te pones en la lucha por el campeonato. Que tengas suerte!!!