venres, 13 de xaneiro de 2012

Logo de Land Rober chega Tourilandia



Onte estreouse na TVG Tourilandia o programa de "Touriñán", como moitos saberedes él é o 50% das famosas Cantareiras de Ardebullo. Este programa é o sustituto do exitoso Land Rober no que ademáis de manter día (xoves) tamén mantén o mesmo horario 22.00 horas. Onte sorprendeunos con unha espectualar versión "á galega" do "Ai se eu te pego" do Michel Teló. A letra non ten ningún desperdicio.

Isto promete!!!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Non é Land Rober e nótase. A canción do Sergas foi un puntazo, pero pouco máis salientable do primeiro programa.
Nótase a falta de Roberto.
Na miña opinión, Touriñán moi bo como actor e facendo o parvo moi chistoso, pero de presentador... vai ser que non. E moito menos se se empeña en imitar a Roberto. Demasiado forzado para o meu gusto.
Mentres non atope o seu estilo, de presentador ha ter o mesmo que min: nada.
Espero que mellore, porque eu sigo extrañando Land Rober.

Víctor Cabanas dixo...

A verdade é que non vin o programa o xoves pasado. O único que puiden ver foi o videoclip pero a verdade é que se sale o tema e vai na mesma dirección (pegadiza) do "Por qué isto é trafico" de Land Rober.

Haberá que agardar a ver como se vai definindo Tourilandia co paso dos xoves.