mércores, 16 de novembro de 2011

Rihanna non ten límite



Rihanna (Barbados 1988) é actualmente unha das voces femininas máis prestixiosas a nivel mundial no que a música pop se refire.
Todo o que toca convirteo en ouro puro e con este "We Found Love" entendo que vai romper esquemas en todas as pistas de baile.
Típico tema que se che pega desde a primeira vez que o escoitas, o videoclip comeza suave pero estala (literalmente) os 48".
Sen lugar a dúbidas un dos hits deste nadal e seguramente ó longo dos vindeiros meses.

Disfrutadeo!

Ningún comentario: