luns, 21 de novembro de 2011

A Porra: Alberto novo líder

Non hai dúbida de que esta terceira tempada da porra está a ser a máis discutida e máis igualada desde que comezou. Esta xornada volveu a haber cambio de líder logo de que Alberto acertara o Barcelona - Zaragoza e o ata o momento líder Chino non sumara. Con estes 3 novos puntos Alberto encarámase no alto da táboa con 14 puntos. Compre destacar a Petete esta xornada por doble motivo: 1º) foi o único dos participantes que acertou o Valencia 2 - R.Madrid 3, declarado partido da xornada e 2º) este acerto sérvelle para inaugurar marcador nesta tempada, polo tanto 6 puntos para él. Tamén hai que citar a Iago que o igual que Alberto acertou o Barcelona - Zaragoza e colócase con 9 puntos na clasificación xeral. A nivel particular non me poido queixar logo de acertar o Barcelona - Zaragoza na tarde do sábado e o Sevilla - Athletic na tarde do domingo..., 5 puntiños que veñen moi ben para ir subindo postos.

Estes foron os RESULTADOS:

Valencia 2 - R.Madrid 3 * PARTIDO DA XORNADA
Elche 3 - Deportivo 2
Barcelona 4 - Zaragoza 0
Sevilla 1 - Athletic 2
Atlético 3 - Levante 2

A CLASIFICACIÓN queda do seguinte xeito:

1.Alberto: 14 puntos
2.Chino: 12 puntos
3.Finito / Iago: 9 puntos
4.Lato: 8 puntos
5.Villa / Emilio / Ferreiro9 / Petete: 6 puntos
6.Pitus: 5 puntos
7.Esteban / Pazitos / Nuria / Pirulo: 0 puntos

Ningún comentario: