xoves, 27 de outubro de 2011

E a noticia BOMBA estalou...





Hai uns días deixaba no aire unha noticia bomba na que comentei que no momento en que se puideran dar máis datos informaría..., pois ben, chegou o momento:






como moit@s de vos xa sabedes a REAPERTURA da Discoteca de Sobrado farase realidade o vindeiro venres 16 de decembro. O Grupo PALLADIUM de Melide será o encargado da súa xestión e desde hai un par de días xa están a adecentar e arranxar o local para que todo esté en orde na citada data. Tamén vos poido adiantar que a inauguración será por todo o alto e contará coa presencia de unha das ORQUESTRAS máis importantes do panorama musical galego e tamén a actuación de un CANTANTE POP moi recoñecido a nivel nacional.






Está noticia é máis que positiva para o noso pobo e os seus negocios. Qué haxa sorte nesta nova andaina!!!

2 comentarios:

sU* dixo...

muiii biien lato... era esto¿?¿?¿?
jajaja....

Unknown dixo...

Por suposto que sí..., jajajaja.