venres, 22 de xullo de 2011

Ante as solicitudes... ROCK



Últimamente ando moi liado con temas coma o Día da Familia ou a Feira da Troita polo que non lle poido adicar todo o tempo que quixera o blog, sorry!

Como vexo que por aquí últimamente ándase solicitando rock deixo os míticos Judas Priest (xa sabedes: os vellos rockeiros xamáis morren) que estarán de hoxe nunha semana (o día 29 de xullo) no Coliseo da Coruña onde compartirán esceario con Motörhead e Saxon.

Disfrutade o tema e vivide a topa esta longa fin de semana (os que vivimos en Galicia disfrutaremos o día da Patria Galega o vindeiro luns) e os que non vivades no Fogar de Breogán levade o finde do mellor xeito posible.

Vémonos o martes

Bicos e apertas

martes, 19 de xullo de 2011

Bingo Players "Cry (Just a Little)"



Sen lugar a dúbidas un dos temas DANCE de este verán. Trátase de "Cry (Just a Little)" dos fenómenos holandeses Bingo Players, uns deejays que pegarán moi forte nos vindeiros anos a nivel mundial.

Pasadeo ben

luns, 18 de xullo de 2011

Quen queres que gañe a Copa América 2011?





Como moit@s de vos saberedes estase a disputar a Copa América de Fútbol 2011 na Arxentina. Soe ser habitual que Brasil e Arxentina partan en todas as ediccións deste trofeo como as auténticas favoritas máis desta volta había outro grupo de escadras coma Uruguai, Chile ou Colombia que dispoñen de grandes xogadores e prometían dar guerra. Aínda así todo o mundo agardaba a final soñada: Arxentina - Brasil mais este fin de semana serviu para descartar a varios dos favoritos ó título...
Comezaba o sábado con sorpresa cando o Perú de Vargas e Guerrero eliminaba a unha Colombia que se cansou de malograr ocasións de gol. Xa de madrugada chegaría a primeira gran bomba do Campionato pois a anfitriona Arxentina caía na lotería dos penaltis contra o Uruguai de Forlán e Luis Suárez. Os arxentinos xogaron máis de 60 minutos en superioridade numérica pero non o souberon aproveitar.
Os resultados do domingo non fixeron máis que amosar que esta Copa América está a ser diferente pois a segunda gran bomba chegou coa eliminación de Brasil tamén nos penaltis e coa dubidosa honra por parte da canarinha de non materializar ningunha pena máxima das catro que tirou. Vistas as eliminacións dos "dous colosos" Chile postulábase coma unha das grandes favoritas para facerse co torneo pero unha vez máis saltou a sorpresa e foi Venezuela quen se clasificou para semifinais.

Polo tanto os partidos de SEMIFINAIS son:

Uruguai - Perú
Paraguai - Venezuela

Xa podedes votar polo voso favorito, a min gustaríame que a gañase VENEZUELA e se non é posible que a gañe PERÚ, non por nada, senón porque son seleccións as que xamáis lles vin gañar nada e fariame especial ilusión.

Saudos

venres, 15 de xullo de 2011

En honor a unha frase



Repito o video de "Formula 20" coma homenaxe a tan ultimamente nomeada frase "oyyyyy que te vaaaaaas!" aquí en Sobrado. Esta grabación é simplemente colosal con un final apoteósico.

Disfrutadea

mércores, 13 de xullo de 2011

Lucie Silvas "Breathe In" (en directo)



Como estamos no medio da semana imos ir engadíndolle un pouco de pementa ó tema con esta fantástica voz que posee a guapa Lucie Silvas (Surrey-Inglaterra, 1977). Trátase de unha demostración máis (en directo) das grandes virtudes vocais que posee a británica. "Breathe in" é un tema que data de 2003 e que a súa vez serviu para lanzar o estrellato a este auténtica beleza.

Que o disfrutedes

P.D: José Antonio, esto es lo más parecido que he encontrado a Milli Vanilli...

martes, 12 de xullo de 2011

Palabra polisémica: "lechuga"




Sigo coa teima de facer máis interactivo o blog polo que propoño un tema metade xogo e metade opinión para que digades que vos suxire o significado da palabra "lechuga". Ten moitas acepcións e seguro que moitas delas divertidas.




NOTA: tamén vale formar frases para ver o significado de forma máis clara




* Agardo as vosas respostas

Historias de pobo

Un martes "calquera" nun pobo "calquera", poñamos que sexa 12 de xullo do 2011 levántaste as 7.30 da mañá para ir a traballar. Logo da preceptiva ducha recordas que varios colegas amantes da noite se foron de festa a outro pobo veciño "calquera" a ver a unha orquestra "calquera". Logo de un café para ir cargando pilas as 8.28 minutos soache o teléfono e ves que se trata de un dos colegas amantes da noite..., ante a dúbida de coller por se pasou algo decides que non e imaxinas e escea: están no bar tomando algo antes de irse os brazos de morfeo... e así é... nun par de minutos encontraste a un deses noctámbulos que te sauda con un "eiiii que te vaaaaaaaassssss", sen nada que decir diríxeste máis adiante para oir un atronador "cabroooooon, porqué non colles o móvil???" que se oiría en 20 quilómetros a redonda sen falta de megafonía..., dache a risa e sen intentar facer moito caso tan so replicando un "vai durmir anda, vai durmir..." entras a traballar...



Estas son as pequenas pero fermosas historias que o pobo ten no caso do que eu me imaxino non diría que a cotío pero sí algunha que outra vez....

venres, 8 de xullo de 2011

Coke Malla e os seus



Venres, choiva e fría coma se fose o mes de febreiro..., alguén se cree de verdade que estamos no verán? eu négome completamente.
Agardemos que esta noite o "txirimiri" dé unha tregua e permita que o "RAVE·VOLUTIONS" se desenvolva con normalidade e poidamos disfrutar do Festival de "Deejays".
Deixovos por aquí "Adiós Papá" nunha versión en directo do ano 2007. Este é un dos temas máis recordados de Los Ronaldos, unha das formacións míticas dos 80 e 90 do pop-rock estatal.

Que teñades boa fin de semana e que disfrutedes moito.

Quéresevos!!!

xoves, 7 de xullo de 2011

A PREGUNTA DO ANO



A QUEN SE LLE OCURREU "MANGAR" O CÓDICE CALIXTINO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA? TELA, TELA...

Búscase...

A nova do día (e probablemente unha das máis importantes do ano) é a desaparación do Códice Calixtino da Catedral de Santiago de Compostela. O que comezou sendo un rumor acabouse por confirmar e polo tanto a desaparición da que se consideraba a "Guía máis antiga do Camiño de Santiago" é unha fatal realidade.
Todos os indicios apuntan a que se trata do roubo de un libro do século XII de valor incalculable. Xa se considera un dos hurtos máis importantes do patrimonio histórico e artístico de España. Suponse que a sustracción ocorreu a semana pasada pero non foi ata antonte pola tarde cando se descubriu a súa ausencia.
Desde latosobrado.blogspot.com sumámonos as pesquisas para que se alguén que visite este espazo ten algunha idea de onde pode estar tan prezado libro o deixe por eiquí nos comentarios.

Graciñas pola vosa colaboración e ogalla o "Códex Calixtinus" apareza intacto.

mércores, 6 de xullo de 2011

Tal día coma hoxe




- En 1864 fúndase a Cruz Vermella Española.


- En 1957 en Liverpool, Paul McCartney e John Lennon, futuros membros da exitosa banda THE BEATLES, coñécense na feira de Woolton Village.


- En 1997 en Vallegrande (Bolivia) son achados, nunha fosa común, os restos do arxentino-cubano Ernesto Che Guevara




CUMPLEANOS:




Sylvester Stallone (Actor) 1946


George W. Bush (Político) 1946


Arnaldo Otegi (Político) 1958


Fernando Redondo (Futbolista) 1969


Zé Roberto (Futbolista) 1974


50 Cent (Músico) 1975


Pau Gasol (xogador de baloncesto) 1980

martes, 5 de xullo de 2011

Interactúa

Logo de andar a argallar varias historias que nada teñen que ver co blog volvemos a actividade con aires renovados e novo diseño. Este primeiro post da "Nova Era" vai valer para que os que entrades a facer unha visitiña por eiquí tanto habitualmente coma de cando en vez comentedes cal é ou sería o voso lugar ideal para ir de vacacións. Animadevos e deixade no apartado de comentarios os vosos pareceres seguro que entre todos han de sair propostas e lugares interesantes e quen sabe se a alguén lle pode dar pé para visitar ese lugar recomendado que descoñecemos e que de seguro non nos vai a defraudar. Esto será coma unha enquisa pero máis actualizada (o día) onde vos tedes a palabra.

Grazas pola vosa paciencia e por estar ahí.

Bicos e abrazos