luns, 27 de xuño de 2011

A normalidade volverá en breves



Desde hai un par de semanas non actualizo o blog a diario de luns a venres como é tónica xeral desde que este espazo veu a luz aló por xuño do ano 2007 (xa van 4 anos... que axiña pasa o tempo).
Non existe un so motivo senón varios e importantes, mais esto non deixa de ser pasaxeiro e confío que o longo de esta semana comece a recuperar a actividade habitual con novas temáticas, novidades e tamén lavado de cara no formato para darlle un aire de renovación a todo esto (xa o di o refrán "renovarse ou morrer", eu quero que o blog se renove e non morra). Ando a idear novas fórmulas para enganchar os lectores diarios e de paso se alguén que de vez en cando pase por aquí se apunta o carro de ler e ver o que vou deixando por aquí xa sería a repera.

Grazas pola vosa compresión, en nada VOLVEREMOS CON MÁIS FORZA QUE ANTES.

Bicos e apertas

xoves, 23 de xuño de 2011

DEF CON DOS estará en Sobrado dos Monxes



Xa é oficial o cabeza de cartel da XII Feira da Troita que se celebrará aquí en Sobrado dos Monxes os días 20 e 21 de agosto.
Desta volta será o grupo de rap metal DEF CON DOS o grupo destacado de un cartel no que haberá música para todos os gustos. O grupo de César Strawberry estará o sábado 20 compartindo esceario con RIFF RAFF, un grupo ferrolán que fai versións dos australianos ACDC.
O domingo 21, día grande da festa, ademáis de poder comer "Troita á Montañesa" haberá as actuacións musicais de:orquestra FANIA BLANCO SHOW, o grupo de baile A MARISTELA de Sobrado e a formación de percusión TRÓPICO DE GRELOS.

venres, 17 de xuño de 2011

Última venres antes da entrada do verán



Parece que o bo tempo non quere chegar a Galicia a pesares de que falta algo menos de unha semana para que comece o verán.
Imos invocar os espíritus do Deus Sol con un dos temas que promete quentar as almas neste verán. O señor Pitbull uniuse a Ne-yo, Afrojack e Nayer para facer este "Give me Everything", un dos temas que máis está a soar nos locais de copas.

Que disfrutedes da fin de semana

Bicos e abrazos

mércores, 15 de xuño de 2011

A pregunta da semana

A quen lle quedou colgado o seu cinturón no tendido eléctrico do campo da festa de As Pías logo de que o lanzase desde o esceario da Fania Blanco Show o domingo de noite?

As Pías, garantía de diversión

Sen lugar a dúbidas que este ano a festa das Pías levou un gran impulso tanto a nivel de xente (xamáis vin tantas merendas coma o domingo) así como de calidade da orquestra en cuestión; Fania Blanco Show foi a encargada de facer o vermú e a noite ámbolos días.
O domingo foi un día espectacular onde máis de 30 persoas compartimos comida, bebida, risas e baile desde o mediodía ata a madrugada. Decir que a idea de subir sidra Trabanco para a festa foi xenial e foi unha das sensacións das Pías (algunha que outra pandilla que tamén estaba de merenda solicitou incluso unha caixa para degustar).
Gran ambiente con moitísima xente xoven o longo de todo o día, boa sinal o ver que a xente nova se anima a ser partícipe destes eventos. Bo vermú da Fania Blanco Show (a mellor orquestra de metais de Galicia para o meu gusto), unha tarde soleada aínda que a media tarde refrescou un chisquiño e boa verbena tarde-noite de novo coa orquestra da Coruña que viu como nos fumos animando ata que algúns/has decidiron subir o esceario e compartir baile cos artistas.
Mención especial a meu primo Villa, logo de facer mítica no verán pasado "O galo canta" desta volta arrincouse cos "Bistequeles" de A Roda, non me cabe a menor dúbida que vai ser a canción do verán nas festas populares..., ó tempo!
O luns amaneceu con chuvia pero algúns valentes decídimonos facer presencia de novo na Carballeira do santuario, a climatoloxía finalmente respetou e o vermú desenrolouse sen maiores complicacións. O sair do campo de festa puidemos apreciar como chegaba o equipo de "A Solaina" da TVG que fixo varias conexións en directo desde As Pías no seu programa do luns. Decidimos xantar xuntos 7 persons para despois tomar facer varias roldas de tarde por locais de Sobrado e Teixeiro para ir facendo tempo a que chegasen as 8 da tarde que era a hora na que comezaba de novo a Fania Blanco Show. Xa de novo nas Pías disfrutamos doutra boa verbena para despois de que acabada a festa decidísemos ir de novo picar algo todos xuntos antes de irnos para a cama (algúns aínda aproveitaron para xogar un animado tute mentres ceaban).

Resumindo: exitazo total da festa, gran ambiente..., a nivel personal debo decir que disfrutei coma un anano e penso que logo de ver a cara dos amigos cos que compartin experiencia a opinión deles non difire moito da miña.

Saúdos

venres, 10 de xuño de 2011

Fin de semana largo



Como cada venres deixovos un videoclip musical para ir ambientando a fin de semana. Desta volta será máis longo do habitual pois co festivo do "luns de Pías" retomaremos a actividade no blog o vindeiro martes.
A nivel particular agardame unha ponte intensa: mañá cea do ascenso do equipo de fútbol sala, domingo cuchipanda con infinidade de personaxes na Carballeira das Pías e luns veremos o que liamos por ahí..., a cousa promete.

Deixovos por aquí "Love for you" do deejay suizo Jack Holiday, un dos temas que promete soar en moito neste verán 2011 que se vai achegando.


Bicos e abrazos

xoves, 9 de xuño de 2011

Achéganse as festas na honra a "Santa Columba das Pías"



Como cada domingo de Pentecostés, terá lugar un ano máis o comezo das festas na honra a Santa Columba das Pías na parroquia de Codesoso eiquí no Concello de Sobrado.
Esta santa miragreira é moi benerado por miles de fieis que cada ano pasan polo seu santuario para rendirlle tributo e oración co agallo de que cure diversas doenzas.
Ademáis do tema meramente relixioso, "As Pías", como é coñecida a festa, goza de gran sona por ser un lugar onde abundan as famosas "merendas" o cal provoca que o domingo e o luns desta festividade (este ano 12 e 13 de xuño) xente de todas as idades e de diversos concellos veciños, xa sexa ben en familias ou como grupo de amigos, se desplace ata a fermosa carballeira que rodea o santuario e disfruten do día coa máxima diversión e devoción posible.
Neste ano a orquestra Fania Blanco Show, unha das orquestras galegas con mellor son dos metais amenizará a festa o mediodía e a noite os dous días.
A nivel da nosa pandilla debo comentar que estamos a ultimar os preparativos e aprovisionándonos para o domingo que será mooooi longo. Neste 2011, de novo seremos un gran número (subiremos de 30) iremos con moitas ganas de pasalo ben..., non hai máis que votar unha ollada a anos anteriores e a de anécdotas que alí ocorreron, algunhas rozando o puro subrealismo...

Xa por último deixovos unha breve historia para explicar un pouco mellor o que son "As Pías" extraido do blog soledadfelloza.com

"Cuentan que el señor de Golmar, don Pedro de Barallobre dejó orden en su testamento que en esa tierras suyas, sus hijos levantaran un cruceiro y una ermita.
Asi se hizo, y en ella comenzó a funcionar la Cofradía de las Ánimas del Purgatorio, tal y como consta en registros del año 1670.
El Papa Inocencio XII le concede una Bula de Perpetuo Jubileo, aumentando asi los devotos a la Santa.
Se le llama de las Pías en memoria a una, que aun está al lado de un viejo carballo"

martes, 7 de xuño de 2011

18 anos sen un mito do baloncesto



Fai hoxe 18 anos deixaba a súa vida na carretera Drazen Petrovic, un auténtico mito do baloncesto europeo e mundial.
Sempre tiven especial predilección polo baloncesto e Drazen foi un dos culpables que lles dera a "chapa" a meus pais ata que me compraron unha canasta. De feito moitos nenos da miña xeración tiñan aros colgados nalgunha parte posterior das súas casas porque todos queriamos ser coma él.
Comecei a saber de Petrovic cando aquela fantástica Cibona de Zagreb que era unha auténtica apisonadora comezou a mandar con autoridade en Europa na década dos 80.
Ver xogar a Drazen era un auténtico espectáculo, tanto polo manexo do balón, como a maneira de defender, como polo gran acerto anotador, a personalidade..., un tío diferente, xenial.
Logo de gañar todo coa Cibona incluindo 2 copas de Europa e 1 Recopa fichou polo Real Madrid en 1988. Ese mesmo ano gaña a Copa do Rei e a Recopa onde logra na final a frioleira de 62. Nese Real Madrid tamén xogaba o malogrado Fernando Martín (que tamén faleceu en accidente de coche en 1989). Ver a parella que facían os dous xogadores na pista era un auténtico espectáculo..., Martín (o primeiro xogador español que estivo na NBA cando a NBA era de verdade non como agora) debaixo dos aros e Drazen dirixindo o equipo desde o perímetro.
Logo de un gran en Madrid Petrovic ficha polos Portland Trail Blazers da NBA, curiosamente o equipo americano onde Fernando Martín tamén militara. As cousas en Portland non lle foron ben a Drazen polo que colleu rumbo ós New Jersey Nets onde sí que puido amosar a súa valía.
O 7 de xuño de 1993 faleceu con 29 anos nunha autopista de Alemaña nun accidente de circulación onde quen conducía era a súa moza, sen lugar a dúbidas que foi unha perda irreparable para o mundo do baloncesto.
Deixovos unha recopilación que alguén fixo fai xusto hoxe 1 ano para recordar ó gran Drazen, ídolo de toda unha xeración e referente para os amantes do baloncesto.
Desde que él desapareceu non volvín a ver outro xogador igual.

luns, 6 de xuño de 2011

De novo o gran Carlos Jean



Hai poucas datas posteei por aquí o "Lead the Way" o primeiro corte do Plan B no que están a traballar o productor ferrolán e Ballantines.

Este tema Gimme The Base promete ser un dos temazos do proxecto, a voz de M-and-Y que así se fai chamar a vocalista é todo un gran descubrimento sen lugar a dúbidas que esta artista chegará moi lonxe... capacidade para elo ten.

Máis info en www.elplanb.tv

A Porra: Esteban campión!!!

Esteban releva a Finito que foi o campión da primeira edición da Porra. Desta volta 44 puntos foron suficientes para acadar o campionato e conseguir así un regalo conmemorativo xentileza de latosobrado.blogspot.com

En segundo lugar quedou o campión do ano pasado Finito que conseguiu 37 puntos se ven nas últimas xornadas tivo algúns despistes e olvidouse cubrir a porra.

E rematando o podium o menda, a ver se para a vindeira campaña futbolística consigo o título...

Graciñas a Alberto, Pitus, Emilio, Ferreiro9 e Gadel por participar prometo que na vindeira edición participará aínda máis xente.

Parabéns o campión por este merecido título!!!

RESULTADOS:

Elche 4 - Xerez 1 * PARTIDO DA XORNADA
Celta 3 - Cartagena 0
Valladolid 2 - Alcorcón 0
Recreativo 0 - Granada 0

CLASIFICACIÓN FINAL:

Campión: Esteban 44 puntos

Subcampión: Finito 37 puntos

3º Lato 35 puntos
4º Alberto 24 puntos
5º Pitus 20 puntos
6º Emilio 15 puntos
7º Ferreiro9 3 puntos
8º Gadel 0 puntos

venres, 3 de xuño de 2011

Di Elas "Volver"



Comezáronse chamando "The Ellas" aló polo 2008 e logo traduxérono ó galego tomando finalmente o nome "Di Elas". O porqué do nome é debido a que nos seus principios, nutrían os seus directos de versións de temas interpretados fundamentalmente por voces femininas ou ben por grupos os cales a súa voz cantante pertencía a unha muller.
Di Elas defínese coma unha banda productora de "power-rock" e foi no 2010 cando quixeron facer un proxecto máis serio polo que comezaron a compoñer temas propios que desembocaron nun primeiro disco títulado igual ca o nome da formación.

Di Elas compóñeno Piti Sanz, Ro Muñoz, Iván Laxe, Suso Alonso e como voz cantante o incombustible Luis Tosar.

Lonxe do que a xente poida pensar que van ter fama debido a que un dos capitáns da banda é o gran actor Luis Tosar debemos olvidarnos por un intre da súa faceta interpretativa e centrarnos na súa magnífica voz así coma o gran son que amosa Di Elas.

Seguro que darán moito que falar...

xoves, 2 de xuño de 2011

Tonterías as xustas

Xa facía algún tempo que non posteaba algunha nova curiosa polo que hoxe decidín navegar pola rede na procura de exclusivas pouco habituais ou sorprendentes.

Chamoume a atención esta:


Una mujer del sur de Bangladesh cortó el pene a su vecino, para defenderse de un intento de violación, según ella, y luego llevó el miembro cercenado como prueba a una comisaría.

La mujer, Monju Begum, casada y con tres hijos, explicó que cortó el pene de su vecino, Mozammel Haq Mazi, después de que éste tratase de forzarla en su pueblo, Mirzapur, donde vivían puerta con puerta.

"Después de que él intentara violarla, la mujer le cortó el pene y lo trajo en una bolsa a la comisaría", dijo el portavoz de la Policía del centro policial de la zona, Abul Khaer.

El incidente tuvo lugar el domingo por la noche en el poblado de Mirzapur, situado en el distrito de Jholakathi y a unos 200 kilómetros del sur de la capital bangladeshí, Dhaka.

"Mazi afirmó a la Policía que él y Begum eran amantes, pero sabemos que esta declaración es falsa", señaló Abul Khaer.

El portavoz de la policía confirmó que Mazi, padre también de tres hijos, todavía se encuentra ingresado en el hospital e indicó que lo arrestarán cuando tengan pruebas evidentes de este ataque.

Como podedes ver a muller, todo coraxe, armouse de valor para defenderse do grotesco ataque do seu veciño e tivo o valor de levar nunha bolsa a "mostra" da "arma" coa que o individuo en cuestión ía cometer o delito.

Sen lugar a dúbidas sorprendente...

mércores, 1 de xuño de 2011

"El conceto"



Non teño a menor dúbida que a película que máis me fixo rir é "Airbag" de Juanma Bajo Ulloa.
Este film deixou infinidade de frases e situacións para a posteridade que seguro moitos de vos recordades de vez en cando en charlas coas amigos/as.
Hoxe quero deixar un anaco onde Pazos (Manuel Manquiña) esta a negociar co "Clan dos Portugueses" no Estadio da Peineta de Madrid. Nestes case 3 minutos que dura a secuencia Manquiña borda o seu papel co "conceto", "vamos a dejar de jugar a los jeroglíficos", "tanto le digo una cosa como le digo la otra" ou "aquí va a haber hondonadas de hostias".

Disfrutadea!

O 53% dos enquisados considerá que sí afectará á Selección Española os "duros enfrontamentos" que tiveron Real Madrid e Barcelona

Logo das tristes escenas por ambos bandos que puidemos ver logo de 4 partidos en menos de un mes entre o Real Madrid e o F.C. Barcelona o 53% dos enquisados no mes de maio consideran que estas disputas sí afectarán á convivencia na Selección Española de Fútbol.
Pola súa parte o 46% considera que este tipo de actos non enturbiará o "bo rollo" que ata o de agora existía no combinado nacional.
Precisamente neste intre no que os xogadores de ambos equipos están concentrados baixo as ordes de Vicente Del Bosque para disputar un par de amistosos saberemos se a cousa xa está olvidada ou se polo contrario seguen existindo "renciñas" entre uns e outros.
P.D: esta enquisa ten un marxe de erro de un 1%.