xoves, 19 de maio de 2011

Hai hoxe 11 anos...



19 de maio de 2000, data que está marcada a fogo no corazón e na cabeza de todos os deportivistas. Ese foi o día sinalado, o día no que o Depor fixo historia traendo a primeira liga para Galicia e convertindose A Coruña na segunda cidade máis pequena do estado no que a habitantes se refire en ser campiona.
Tal como están as cousas a día de hoxe súrxenos moitas lembranzas: por un lado o Deportivo afronta o sábado un dos partidos máis importantes da súa historia, unha auténtica final na que debe gañar se non quere depender de outros, ademáis o convidado a esta "festa" é o Valencia, antigo coñecido por ser o equipo que no ano 1994 (o día do penalti que errou Miroslav Djukic) nos privou de gañar a liga que chegaría 6 anos despois.
Por outro lado vénsenos a cabeza as grandes proezas feitas tanto en competicións domésticas (liga e copa do rei) coma na Champions League: a victoria en Old Trafford, o Centenariazo, a victoria e exhibición no antigo Highbury, a consecuión da Copa do Rei xogada en dous días diferentes co gol final de Alfredo Santaelena, a victoria no Estadio Olímpico de Munich (a primeira vez que un equipo español gañaba alí), as 3 supercopas de España logradas en outras tantas finais xogadas, a victoria en Delle Alpi, as remontadas a Milan e PSG..., tantas e tantas lembranzas que un sente verdadeiro orgullo de ser deportivista.
E máis orgullo sinte cando ves que nestas últimas xornadas, a pesares de que o equipo non está a loitar por ningún título senón todo o contrario a afección está ahí axudando máis que nunca, apoiando sen desfaiecer, calando moitas bocas que din que os afeccioados do Deportivo eramos pasaxeiros e que so nos apuntabamos ó carro cando as cousas ían ben. Ahí está toda a xente coma fronte o Mallorca, coma contra o Racing, coma fronte o Athletic partido no que xúrovos que dentro de Riazor asemellaba que se acababa de gañar algún título, coma o sábado en Alvedro antes de que a expedición deportivista tomara rumbo á Barcelona ou como estará este domingo: un estadio a barrote de xente, CHEO, apoiando, alentando, berrando, loitando para conseguir permanecer unha tempada máis (e serían 21 consecutivas) en Primeira División.

Por todo esto e moito máis

GRAZAS DEPOR!!!

6 comentarios:

Vero86 dixo...

Once anos despois, en vez de celebrar, tócanos lamentar que a próxima tempada o noso equipo xogará en Segunda. E a pesares de que nunca, xamáis, pensei ver ó Dépor descender a Segunda, creo que non debemos estar tristes polo menos que tí dicías no post: os deportivistas de verdade estamos nas boas e nas malas. Non subimos ó carro cando as cousas van ben e non debemos baixarnos cando van mal. Que está en Segunda? Como se está en Terceira Regional! Segue a ser o noso Dépor de sempre, o que ten máis de 100 anos de historia ás costas e o que conquistou todos os logros que tí xa mencionaches. Eu persoalmente, e dígoo totalmente en serio, síntome moi pero que moi orgullosa de ser deportivista, porque vendo a este equipo desta esquiniña do país levei grandísimas alegrías.
Non creo que os culés nin os madridistas, tan afeitos a celebrar e gañar títulos, saiban desfrutar tanto as victorias como sabemos nós. E non é prepotencia o que digo.
Os grandes de Europa caeron ós pés do Real Club Deportivo de A Coruña!! E iso, malia caer en Segunda, ninguén nolo pode quitar. Somos grandes! E como grandes volveremos ao lugar que nos corresponde.
Iso si, cando a Liga Española de Fútbol deixe de apestar desta maneira tan noxenta.
Queda dito: a historia é cíclica, e o Dépor ha volver a darnos grandes momentos, por suposto, EN PRIMEIRA!!!!

Vero86 dixo...

Onde dixen "polo menos" quixen dicir "polo mesmo".

(Dios, que largo me quedou o comentario! Se é que cando me emociono... jeje)

Unknown dixo...

Pouco hai que decir a todo o que xa hai uns anos veño decindo. Non serei ventaxista se digo que nun 70% a culpa deste descenso é de Lotina (os que me coñecedes sabedes que o levo repetindo desde que fichou polo Depor). Agora os números quedan ahí. Non se pode sair 19 partidos fora da casa a empatar o 0-0 nin cambiar 3 veces de esquema na mesma tempada. Evidentemente tamén Lendoiro ten a súa parte de culpa, así coma os xogadores e supoño que tamén os afecciados. E por suposto non me quero olvidar de todas esas institucións que en vez de apoiar o único que fixeron foi machacar. Creo que moitos empresarios da Coruña que non axudaron aínda non son conscientes da repercusión económica que supón para a cidade e arredores que o Depor baixe de categoría, pero saberano, abofé que sí.
Con respecto o último partido pouco que decir: un Valencia que se comportou con señorío e que para nada veu a gañar o encontro (todo o contrario) e con un colexiado que se lle notaba que non quería que o Deportivo baixase. Os minutos dentro do Estadio foron unha agonía xa desde o principio tras vernos por detrás no marcador, logo comezou a chegar a frustración por marrar tantas e tan boas ocasións de gol e xa coa debacle final todo o mundo se veu abaixo non sen antes animar e agradecer os xogadores o esforzo realizado. Penso que a día de hoxe quérolle o Depor máis que nunca, a pesares do descenso xamáis me sentín tan orgullo de ser fan de este equipo e ver a incondicional resposta da afección. Estou seguro que VOLVEREMOS e será na vindeira tempada. Con novas ilusións, con un equipo que xogue a algo e que enganche ó persoal, estou seguro que seremos máis socios que este ano e todos xuntos o conseguiremos.

FORZA DEPOR

vero86 dixo...

Dentro dun ano estaremos na rúa de novo para celebrar o retorno ao noso lugar. Queda un día menos para volver a Primeira.

JOSÉ ANTONIO dixo...

San Sebastián tiene 60.000 habitantes menos... pero independientemente de datos demográficos... ¡qué gran viernes aquel!

Unknown dixo...

Graciñas pola corrección José Antonio, estaba convencido de que Donostia chegaba ós 300.000 habitantes pero xa vin que non é así.

Saudos