venres, 6 de maio de 2011

Gañaremos

Estimado amigo:

sei que mañá é un día moi importante para ti. Mañá terás ante ti un dos días máis importantes dos teus 105 anos de vida. 105 anos que deron e dan para moito, grandes alegrías, celebracións, soños impensables cando naciche... agora é o momento de dar outra alegría a todos os que te queremos e te seguimos coma unha fiel relixión. Mañá non te poido acompañar en Gijón pero sei que non estarás so, case 4.000 amigos alentarante e farante sentir coma se estiveses na casa, na túa casa: A Coruña.
Estarei pegado a televisión, sendo un manoxo de nervos e desexando que este día tan importante para ti e para todos os que te queremos saia adiante da mellor maneira posible, con un sorriso na cara e con sensación de ledicia.
Faino por ti, por Alfredo, por Roberto, por Mauro, por Juan Carlos, por Diego, por Roy, por Djalma, por Jorge, por Nourredine, por Fran, por Arsenio, por Augusto César, por José Ramón, por Vicente, por Juan, por Luis, por Manuel Pablo, por Xisco, por Jacques, polos blues, polos socios, pola afección, pola cidade, por Galicia, por tod@as @s que che queren e se tes un oquiño, tamén por min...

Mañá conquistarás Gijón

VAMOS DEPOR!!!

Fdo.: Víctor Cabanas

4 comentarios:

vero86 dixo...

Que bonito!!!!
E claro que gañaremos!!!!

Vero86 dixo...

Hai atracos nos bancos que non son tan claros coma este!
Cabe dicir que, no concerniente ao equipo, gañaron! Se non sumaron 3 puntos, non foi por culpa deles, precisamente... Que rabia!

Unknown dixo...

Lamentable o primeiro penalti, lamentable a NON EXPULSIÓN do porteiro do Sporting con 0-1, lamentable o PENANTI NON PITADO DE BOTÍA A ADRIÁN tamén con 0-1, lamentable que na xogada do segundo penalti é córner a favor do Depor e o colexiado decreta saque de porta. Lamentable que pite o penalti o linier que está a 10 metros e non o colexiado que está enriba da xogada, lamentable que o linier diga que o penalti o comete Aythami cando o canario está de frente a xogada e non intervén nela, lamentable o piscinazo de Barral, lamentable o seu xesto tras marcar o gol mandando calar os afecciados branquiazuis, lamentable Estrada Fernández, un colexiado patético que xa liou varias este ano con unha actitud chulesca, os xogadores e adestradores cando se equivocan pagan, QUE EL TAMÉN TEÑA QUE PAGAR!!!

vero86 dixo...

A única maneira válida de que pague é que o sancionen como é debido e que se lle devolvan os 2 puntos que lle roubaron ao equipo. Pero na túa lista de cousas lamentables, seguro que falta esta última, porque seguro que lamentablemente non llos devolven...
Agora mesmo o equipo o único que necesita é, precisamente, eses dous puntos.