martes, 31 de maio de 2011

Vivan os noivos!!!

Felizmente Javi e Grani xa casaron e debo decir que a celebración (dos dous días) foi auténticamente colosal. A experiencia parteu ben cediño, concretamente as 8.20 horas que foi cando parteu o autobús desde Sobrado rumbo a Llerena. Visto o persoal que pululaba pola parte traseira do bus xa se vía vir que a viaxe non ía ser seria senón todo o contrario..., e así foi. Desde que arrancamos xa comezaron os vaciles, esbardalles e demáis (e así duraría toda a fin de semana...)
A primeira parada para "repostar" foi en Benavente, seguidamente a eso das 14.30 horas pararíamos nun pobo de Cáceres a comer. A chegada a Llerena prodúxose sobre as 19.30 horas o pouco de parar o bús chegou Javi, a súa nai e Virginia e María, as súas primas de Burgos que compartiron mesa con nós no banquete e que desde xa están nombradas "fillas adoptivas de Sobrado".
Rexistrámonos no hotel e logo de un par de roldas nunha terraciña pegada ó hotel Isur (local onde nos hospedamos a primeira noite) e a conseguinte ducha fumos directos para a preciosa praza do pobo que garda unha máis que fermosa igrexa que foi onde tivo lugar a cerimonia. Arredor da praza sitúanse varios locais hosteleiros onde poder saciar a sede que provoca a calurosa temperatura de Extremadura nesta época. Sen lugar a dúbidas que dimos boa conta dos xeos para que non nos baixara o azúcar nin nada polo estilo. Logo de un par de roldas na praza fumos a "El Tomatito", un local onde Javi e os seus cuñados son como da casa e onde a nós tamén nos trataron coma se nos coñecesen de sempre. Chegou un momento que a terraza de El Tomatito parecía un pequeno Sobrado pois non paraban de aparecer por alí caras coñecidas (algúns coñecendo o pobo a pe e outros refrescandonos da intensa calor). Unha vez finalizada a visita de rigor que durou entorno a hora e media agardábanos outra sorpresa, Javi e Grani obsequiaronnos no Black & White (un local de copas que non estaba nada mal) con uns pinchos onde puidemos degustar un embutido que era un auténtico espectáculo así como tamén o foi Pedino que presto e disposto cortou xamón coma un extremeño máis.
A noite alongouse pois visitamos varios locales de copas baixo a supervisión dos grandísimos anfitrións llerenenses que nos trataron as mil maravillas e nos deron todo tipo de facilidades.
Unha vez acabada a noite do venres onde ocurriron varias "aventuras" que non vou mencionar pois igual me río demasiado... fúmonos a dormir en tandadas... STOP.
O día seguinte amanecimos sabendo que tiñamos que hospedarnos nun hotel a 18 kilómetros de Llerena pois o xefe do Hotel Isur fíxolle unha mala xogada a Javi e tan so lle reservou habitacións para un día no lugar de dous como tiña pedido. De todos modos e unha vez preparados saimos cara Higuera de Llerena (así se chamaba o pobo) para facer o "check in", deixar a equipaxe e aprisa e correndo volver a Llerena para a cerimonia que tería lugar as 13.30h.
Como nos sobrou un tempo por suposto non podíamos deixar de visitar as terraciñas que rodean a praza e onde as olivas e as "cañitas de cervexa ben fría" soubéronnos a auténtica gloria. De seguido asistimos a un trociño do comezo da cerimonia e no que puidemos observar que a Igrexa de Llerena e sinxelamente espectacular, a min particularmente sorprendeume moi gratamente.
Volvimos as terrazas porque nos somos xente que nos gusta reactivar a economía da hostelería e logo de un par de boas roldas fúmonos directos a "El Mirador de Llerena" o local onde estaba previsto o banquete. Uns entrantes espectaculares nun marco incomparable, logo dos entrantes fixeronnos pasar para o comedor central onde puidemos ver unha piscina con un bonito xardín antes de pasar a sentarnos e recibir os noivos. Tocounos a Mesa 6 (a mesa dos trastes) nela estabamos Borja, Esteban, Óscar, Lisardo, Petete, Pedino, María, Pazitos (ou tamén denominado Presidente de la Junta de Extremadura), Virginia e quen vos escribe. A comida foi realmente divertida, paseimo en grande coas barbaridades que alí se escoitaron. Unha vez rematada a comida chegou o momento mojito, un especialista no tema que situou o seu stand alí no xardín facendo mojitos a destro e senistro para que a xente calmara a calor. A súa vez habilitouse dentro do comedor unha barra libre que duraría ata pasada a unha da mañá e que fixo as delicias dos alí presentes..., ademáis na barra libre había todo tipo de gominolas e froitos secos para axudar a baixar de mellor xeito as "brebaxes". O éxito foi rotundo..., e xa como colofón a todo esto un mozo coitelo longo en man habilitou outra zona dentro do xardín para cortar 3 xamóns da zona dos cales non quedou nin o rastro xa entrada a noite. Que xamón hai en Extremadura..., madre mía...
Acabado o evento no Mirador de Llerena diriximonos de novo o Black & White para seguir coa farra, alí houbo un show grandioso e incluso xente que se animou con un improvisado karaoke... tras varias roldas dirixímonos a discoteca Coliseo para tomar as últimas copas da noite máis pouco nos durou a estancia pois o querer volver para o hotel de Higuera de Llerena decatámonos de que non había taxis (xa que había festa en Azuaga, un pobo cercano) e achábanse todos alí..., pensamos en quedar tirados pero grazas a un amigo de Fernando o cuñado de Javi e un bo rapaz de coñecimos en Higuera e que estaba de festa por Llerena chegamos sans e salvos o hotel para descansar non sen antes o Coche1(no que eu non viaxaba) matase dous coellos polo camiño. Xa no hotel máis risas porque algún non quería abrir a porta da habitación e incluso chegou a haber amenaza de incendio pois un improvisado bombeiro colleu extintor en man por se facia falta para abrir o que fixera falla.
Logo de levantarnos o día seguinte e tomar un mini desaiuno tomamos o bus de novo para dirixirnos a Llerena e recoller o resto de xente de Sobrado e alredores que veu con nós no autobús para regresar. Despedimonos dos noivos e de parte da familia de Javier e retomamos rumbo a Sobrado. Polo camiño decir que agás Pazitos e eu que viñemos espertos todo o camiño o resto da expedición da parte de atrás do bus (os BackBus Boys) durmiron a tandadas. Conforme foron espertando foron incrementando os comentarios a veces xocosos, a veces faltóns (con boa intención) e as veces de auténtico escaralle xeralizado (con perdón da expresión). Repetimos o lugar onde comimos a ida (por certo, mercamos cada un de nós un cupón da Once para o sorteo de domingo e tivemos os dous primeiros números, o último e a serie..., por pouco nos toca... se nos chegan a tocar os 6.800.000€ a que liamos creo que sal no periódico unha semana enteira) e tamén o lugar de Benavente onde tomamos algo, por suposto non podía faltar a parada de sempre..., sí... por suposto Vega de Valcarce, bocata de rigor e en horiña e cuarto en Sobrado de retorno.
Decir que esta boda xa forma parte de unha das miñas favoritas, paseino realmente en grande, penso que o resto da pandilla ten o mesmo sentimento pois foron dous días tremendos... o único pero a miña contractura que comezou o xoves e aínda prosigue e da que espero que mañá a fisio dé boa conta.

Desexarlle a Javi e Grani unha feliz estancia en Italia, que sexan moi felices e darlle as grazas a tod@s os que fixeron que esta fin de semana fose moi pero que moi especial.

Saudos.

luns, 30 de maio de 2011

A Porra: xornada 33 -última-

Derradeira xornada da porra onde o partido estrela será o Elche - Xerez, os ilicitanos xóganse obter o 3º posto que lle daría vantaxe de campo nas eliminatorias do play-off de ascenso; pola súa parte o Xerez debe gañar obligatoriamente e agardar unha derrota do Valladolid para facerse co último posto que da acceso a liguiña de ascenso. Haberá polo tanto moitas emocións nunha xornada que pode colocar a Esteban como novo Rei da Porra.

PARTIDOS:

Elche - Xerez * PARTIDO DA XORNADA
Celta - Cartagena
Recreativo - Granada
Valladolid - Alcorcón

A Porra: Esteban roza o Campionato na súa 2ª Edición

Esteban logo de acertar o resultado da final da Champions League que a súa vez era o partido da xornada dou un golpe case que definitivo para proclamarse campión da segunda edición da porra latosobrado.blogspot.com. Para a vindeira fin de semana celebrarase e derradeira xornada desta edición e moi ben o debemos facer Finito (que está a 7 puntos) ou eu (que acertei o Xerez - Celta e con 35 puntos estou a 9 do líder) para quitarlle o máis que posible título.





Estes foron os RESULTADOS:






Barcelona 3 - Manchester United 1 * PARTIDO DA XORNADA




Granada 3 - Elche 3




Xerez 2 - Celta 1




Cartagena 2 - Rayo Vallecano 4




CLASIFICACIÓN:




1º Esteban 44 puntos




2º Finito 37




3º Lato 35




4º Alberto 24




5º Pitus 20




6º Emilio 15




7º Ferreiro9 3




8º Gadel 0





xoves, 26 de maio de 2011

A cousa vai collendo cor



Pouco a pouco e segundo pasando os días parece que o ánimo vaise recuperando logo do mazazo do descenso. Como mañá non estarei con todos vos déixovos o tema musical dos venres por anticipado. Desta volta será o gran productor e músico Carlos Jean acompañado por Amparo Sánchez máis coñecida como "Amparanoia" co tema "Mira p´a dentro" do "Back to the Earth" o primeiro traballo do fenómeno ferrolán.

Que disfrutedes da finde, o luns se podo farei un pequeno resumo do que nos proporcionará a fin de semana (voda incluida) en Extremadura.

P.D: sei que igual podía seleccionar a canción "Extrema y Dura" dos grandes Extremoduro pero parece que non procedía...

mércores, 25 de maio de 2011

Voda á vista

Pasado mañá moi cedo unha ampla expedición sobradense partirá rumbo a Llerena situado na Baixa Extremadura (concretamente na provincia de Badaxoz a uns 100 kilómetros de Sevilla) para ser participes do gran evento que supón a voda de Javi e Grani.
Xa estamos desexando emprender a viaxe pois parece ser que o venres agárdanos unha noite moi "intensa" (a nivel particular virame xenial para desconectar) e seguro que unha vez máis e como cada vez que nos desplazamos fora do noso querido Sobrado as aventuras hanse de contar a feixes.
A voda será o sábado o mediodía (aviso a navegantes: prohibido saltarse a cerimonia que nos coñecemos...) para logo asistir o posterior banquete.
En Llerena agárdanos Rafael, Fernando I (operación Acapulco) e Fernando II, 3 auténticos cracks que coñecimos na despedida de solteiro en Gijón e que te fan rir aínda que non queiras.

Quero aproveitar este post para desexarlle a Javi e a Grani que todo saia perfecto e que sexan moi felices xuntos.

Unha aperta

martes, 24 de maio de 2011

Sen moito que decir

Debo confesar que levo uns días mal anímicamente falando por un simple e gran motivo que é o descenso do Deportivo. Xa sei que soa frío e pode que ata sen sentido. Seguramente o 99,9% dos que me ledes non entenderedes o que me pasa ademáis eu mesmo non o sabería explicar.
Levaba 2 ou 3 semanas o igual que moitos deportivistas facendo cálculos con papel incluido, dándolle voltas e máis voltas os resultados "sorprendentes" que se estaban a producir. Non quero mencionar o estilo de xogo que vimos amosando desde que Lotina colleu os mandos da nave branca e azul.
O caso é que o que vivín o sábado en Riazor o longo do partido non llo desexo a ninguén, desesperación polas ocasións perdidas, os nervos a flor de pel cada vez que cantaban un gol na radio (todos eran en contra dos nosos intereses), os xogadores atenazados nun querer e non poder, o Valencia dando todo tipo de facilidades para a nosa victoria pero nin por esas... e entón chegou o final... creo que se me quedou a mente en blanco por un par de minutos, todo o mundo inmóvil, o meu redor varios afeccioados/as chorando sen consolo; xamáis na vida me olvidarei de un matrimonio de uns 60 anos que estaban sentados na fila superior a miña chorando os dous un agarrado o outro... xúrovos que impoñía, aquelo era verdadeiramente indescriptible, eu sentíame noutro planeta pois nin choraba, nin daba animado o principio cando comezaron a cantar os Riazor Blues nin nada de nada, era como se estivese separado por unha cristaleira do mundo, inmóvil e sen nada que decir, xamáis tiven esa sensación na miña vida. Sei que nese momento non fun consciente do descenso do meu querido equipo. Cando cheguei a casa arredor das 3 da mañá fun incapaz de durmir, dinlle voltas a todo e ata cerca das 6 non peguei ollo (as 7 levanteime polo cal o tempo de descanso foi pouco). O domingo a primeira hora comecei a ser consciente de que eramos equipo de segunda división e púxenme aínda máis triste pois comezas a intertar buscar explicacións pero non hai consuelo posible. O descenso é unha realidade e toca afrontala como tal. Sei que o fútbol é tan so un xogo pero para min o Deportivo é algo máis, non é o meu equipo favorito, é outra cousa, algo que sinto moi adentro e que cando as cousas van mal pasoo realmente mal. Meu pai aconséllame e dime que non debo tomar tanto as cousas a peito, que non é bo, pero nacín co defecto e morrerei co defecto.

Nestes malos momentos so podo decir unha palabra: VOLVEREMOS!

P.D.: puxen na cabeceira do blog unha foto do paseo marítimo da Coruña pois alí foi onde algunhas veces que as cousas ían mal o dar un paseo ou mirar o mar me axudaba a desconectar e a volver a pensar en positivo. Agardo que desta volta, aínda que sexa por foto me siga surtindo o mesmo efecto.

luns, 23 de maio de 2011

A Porra: xornada 32

Con motivo da Final da Uefa Champions League que se celebrará o vindeiro sábado 28 de maio as 20.45 horas no Estadio de Wembley (Londres) entre o F.C. Barcelona e o Manchester United quixen que este fose o PARTIDO DA XORNADA.

Estes serán os ENCONTROS:

Barcelona - Manchester United *PARTIDO DA XORNADA
Granada - Elche
Xerez - Celta
Cartagena - Rayo Vallecano

*INCISO: o resultado válido para o partido da xornada será o que rexistre o marcador unha vez finalizados os 90 minutos de xogo. Non será válido o resultado que se dé na prórroga.

A Porra: Esteban recupera o liderato

Nunha tristísima xornada para todos os deportivistas Esteban recuperou o liderato da porra a falta de dúas xornadas para a finalización da competición logo de acertar o R. Sociedad - Getafe.

Estes foron os RESULTADOS:

Deportivo 0 - Valencia 2 *PARTIDO DA XORNADA
Málaga 1 - Barcelona 3
R. Madrid 8 - Almería 1
R. Sociedad 1 - Getafe 1

CLASIFICACIÓN:

1. Esteban 38
2. Finito 37
3. Lato 32
4. Alberto 24
5. Pitus 20
6. Emilio 15
7. Ferreiro9 3
8. Gadel 0

venres, 20 de maio de 2011

O Rei do Pop



Como xa sabedes o venres é o día musical por antonomasia neste blog e por suposto hoxe non ía faltar. Desta volta deixo por aquí o "Black or White" de Michael Jackson. Unha auténtica figura do pop que xa non está entre nós e que so me gusta valorar polo seu amplo repertorio musical do cal xamáis deixará de gustarme.

Que disfrutedes moito da fin de semana

Saúdos

xoves, 19 de maio de 2011

Hai hoxe 11 anos...



19 de maio de 2000, data que está marcada a fogo no corazón e na cabeza de todos os deportivistas. Ese foi o día sinalado, o día no que o Depor fixo historia traendo a primeira liga para Galicia e convertindose A Coruña na segunda cidade máis pequena do estado no que a habitantes se refire en ser campiona.
Tal como están as cousas a día de hoxe súrxenos moitas lembranzas: por un lado o Deportivo afronta o sábado un dos partidos máis importantes da súa historia, unha auténtica final na que debe gañar se non quere depender de outros, ademáis o convidado a esta "festa" é o Valencia, antigo coñecido por ser o equipo que no ano 1994 (o día do penalti que errou Miroslav Djukic) nos privou de gañar a liga que chegaría 6 anos despois.
Por outro lado vénsenos a cabeza as grandes proezas feitas tanto en competicións domésticas (liga e copa do rei) coma na Champions League: a victoria en Old Trafford, o Centenariazo, a victoria e exhibición no antigo Highbury, a consecuión da Copa do Rei xogada en dous días diferentes co gol final de Alfredo Santaelena, a victoria no Estadio Olímpico de Munich (a primeira vez que un equipo español gañaba alí), as 3 supercopas de España logradas en outras tantas finais xogadas, a victoria en Delle Alpi, as remontadas a Milan e PSG..., tantas e tantas lembranzas que un sente verdadeiro orgullo de ser deportivista.
E máis orgullo sinte cando ves que nestas últimas xornadas, a pesares de que o equipo non está a loitar por ningún título senón todo o contrario a afección está ahí axudando máis que nunca, apoiando sen desfaiecer, calando moitas bocas que din que os afeccioados do Deportivo eramos pasaxeiros e que so nos apuntabamos ó carro cando as cousas ían ben. Ahí está toda a xente coma fronte o Mallorca, coma contra o Racing, coma fronte o Athletic partido no que xúrovos que dentro de Riazor asemellaba que se acababa de gañar algún título, coma o sábado en Alvedro antes de que a expedición deportivista tomara rumbo á Barcelona ou como estará este domingo: un estadio a barrote de xente, CHEO, apoiando, alentando, berrando, loitando para conseguir permanecer unha tempada máis (e serían 21 consecutivas) en Primeira División.

Por todo esto e moito máis

GRAZAS DEPOR!!!

mércores, 18 de maio de 2011

Un número sorprendente



Chegoume hoxe por correo electrónico este sorprendente e inesperado número do Circo Roncalli titulado "Abrigos de pel". Un espectáculo que ironiza con aqueles que matan animais para aproveitar a súa pel.

luns, 16 de maio de 2011

"Jara y Sedal" en Sobrado dos Monxes



Juan Karnotxo tivo a xentileza de colgar no seu Facebook este bo documento do programa de TVE "Jara y Sedal" que se rodou no Mosteiro e na Lagoa de Sobrado. A verdade é que descoñecía completamente a existencia de este capítulo. Nel pódese ver a dous sobradeses de pro como son Jorge González (máis coñecido coma Jorge do Guardarios) e Javier Parga.

Graciñas a Juan por compartir con todos nos estas belas imaxes.

A Porra: xornada 31

Non podía haber máis suspense nestas últimas xornadas (tanto na porra coma na 1ª División). Desta volta o partido estrela será o Deportivo - Valencia onde os coruñeses se xogan o ser ou non ser para estar na Liga BBVA na vindeira tempada. Non estará so, en Riazor o arrouparemos 35.500 almas e seguro que en casas propias e bares moitos milleiros máis.

PARTIDOS:

Deportivo - Valencia * PARTIDO DA XORNADA
Málaga - Barcelona
R. Madrid - Almería
R. Sociedad - Getafe

A Porra: Finito recupera o liderato

So lle durou unha semana o liderato da Porra a Esteban logo de que Finito o igual que quen vos escribe atinara o resultado do Villarreal - R. Madrid. Sen lugar a dúbidas está a resultar interesantísima a porra de este ano. Unha porra da que recordemos quedan 3 xornadas (ata que remate a liga en 2ª División). O outro acertante da xornada foi Pitus logo que facer bingo no Zaragoza - Espanyol.

Estes foron os RESULTADOS:

Barcelona 0 - Deportivo 0 *PARTIDO DA XORNADA
Villarreal 1 - R. Madrid 3
Zaragoza 1 - Espanyol 0
Getafe 2 - Osasuna 0

Esta é a CLASIFICACIÓN:

1. Finito 37 puntos
2. Esteban 35 puntos
3. Lato 32 puntos
4. Alberto 24 puntos
5. Pitus 20 puntos
6. Emilio 15 puntos
7. Ferreiro9 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

xoves, 12 de maio de 2011

A risa é a mellor terapia



Logo de uns días de bastante axetreo deixovos un post apartado do mundo do fútbol. Hoxe apeteceme poñer outro video do gran Mr. Bean, desta volta na praia, quizais añorando o momento de irse a algún bonito areal para desconectar.

Que teñades un feliz xoves.

Saúdos

A Porra: xornada 30

Aínda con resaca da xornada ligueira entre semana chega unha nova e apaixoante xornada da porra; a número 30. O partido estrela será o Barcelona vs Deportivo onde os coruñeses se xogan moito e o F.C. Barcelona nada pois desde onte xa é flamante campión de liga da tempada 2010/2011. Parabéns a tod@s @s barcelonistas.

PARTIDOS:

Barcelona vs Deportivo * PARTIDO DA XORNADA
Villarreal vs R. Madrid
Getafe vs Osasuna
Zaragoza vs Espanyol

Esteban novo líder da Porra

O partido da xornada Deportivo vs Athletic Club otorgoulle a Esteban o liderato da competición logo do seu acerto. Emilio foi o outro participante que dou no clavo neste resultado. Tamén Alberto sumou aínda que 3 puntos logo de acertar o Levante - Barcelona. Pola miña parte tiven a sorte de acertar o R. Madrid - Getafe.

Os RESULTADOS foron os seguintes:

Deportivo 2 - Athletic 1* PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 4 - Getafe 0
Levante 1 - Barcelona 1
Espanyol 2 - Valencia 2




A CLASIFICACIÓN queda como segue:



1. Esteban 35 puntos



2. Finito 34 puntos



3. Lato 29 puntos



4. Alberto 24 puntos



5. Pitus 17 puntos



6. Emilio 15 puntos



7. Ferreiro9 3 puntos



8. Gadel 0 puntos



luns, 9 de maio de 2011

Noxo!!!

Se vedes a este "individuo" por chamarlle de algún xeito pola rúa pedidelle que nos devolva os dous puntos que nos roubou o sábado en Xixón.
Este ladrón non debe seguir unha tempada máis en primeira división.

FORA CON ÉL!!!

A Porra: xornada 29

Mañá hai nova xornada da porra, onde destaca o partido onde nos xogamos a vida e a salvación: o Deportivo vs Athletic. Mañá temos que facer aforo completo en Riazor xente, nin colexiados nin a corrupta federación española de fútbol nos farán descender. Votarémoslle valor e algo máis, e gañaremos, seguro que gañaremos, TODOS A RIAZOR!!!. Esto da liga española empeza a dar un tufillo sospeitos e parece que so interesan "dous", o resto de equipos somos meras comparsas, estamos ahí para rellenar, nada máis. Que se xoguen a liga entre eles a 18 partidos de ida e 18 de volta a ver se se cansan!!!

PARTIDOS:

Deportivo - Athletic Club* PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid - Getafe
Levante - Barcelona
Espanyol - Valencia

*PARTICIPANTES, NON VOS DESPISTEDES, A XORNADA COMEZA MAÑÁ.




A Porra: Esteban a 5 puntos do líder

Boa xornada para Esteban que foi o único participante en sumar nesta xornada da porra. Con estos 3 novos puntos achégase a 5 do líder Finito e é que non está nada decidido pois compre recordar que a porra durará ata que remate a liga en 2ª División (da que faltan 5 xornadas).

Os RESULTADOS foron os seguintes:

Sevilla 2 - R. Madrid 6 * PARTIDO DA XORNADA
Barcelona 2 - Espanyol 0
Sporting 2 - Deportivo 2 (Atraco a man armada, vergonzoso!)
Atl. Sobrado 1 - Cire Melide 4

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 34 puntos
2. Esteban 29 puntos
3. Lato 26 puntos
4. Alberto 21 puntos
5. Pitus 17 puntos
6. Emilio 9 puntos
7. Ferreiro9 3 puntos
8. Gadel 0 puntos

venres, 6 de maio de 2011

Gañaremos

Estimado amigo:

sei que mañá é un día moi importante para ti. Mañá terás ante ti un dos días máis importantes dos teus 105 anos de vida. 105 anos que deron e dan para moito, grandes alegrías, celebracións, soños impensables cando naciche... agora é o momento de dar outra alegría a todos os que te queremos e te seguimos coma unha fiel relixión. Mañá non te poido acompañar en Gijón pero sei que non estarás so, case 4.000 amigos alentarante e farante sentir coma se estiveses na casa, na túa casa: A Coruña.
Estarei pegado a televisión, sendo un manoxo de nervos e desexando que este día tan importante para ti e para todos os que te queremos saia adiante da mellor maneira posible, con un sorriso na cara e con sensación de ledicia.
Faino por ti, por Alfredo, por Roberto, por Mauro, por Juan Carlos, por Diego, por Roy, por Djalma, por Jorge, por Nourredine, por Fran, por Arsenio, por Augusto César, por José Ramón, por Vicente, por Juan, por Luis, por Manuel Pablo, por Xisco, por Jacques, polos blues, polos socios, pola afección, pola cidade, por Galicia, por tod@as @s que che queren e se tes un oquiño, tamén por min...

Mañá conquistarás Gijón

VAMOS DEPOR!!!

Fdo.: Víctor Cabanas

xoves, 5 de maio de 2011

Un pouco de "Cultura Veciña"

Hoxe mediante un e-mail de Alberto achegámonos a "prima irmá" Asturias para coñecer un pouco máis do seu idioma: o "bable".

Deixovos este práctico minidiccionario "Castelán - Bable" por se vos achades a esa bendita terra e se da algunha das circunstancias que se expoñen a continuación saibades o que vos están a dicir:

Diccionario definitivo Bable-Español


-Que guapa es esa chica / Ta pa dai.
-Vaya mala suerte que tengo cuando tú repartes las cartas / Besote la manu un gochu, ¿oh?.
- ¿Me lo puedes repetir por favor? / Eeoohh!!.
- La tiene pequeña / Tien un miruquin.
- Eres muy creída / Tu comes fabes y ruties langosta.
- Por favor, ¿tendrías la amabilidad de apartarte? / Quies quitate, oooh?.
- ¿Qué sucede? / ¿Que ye, oh?.
- ¿Podrías explicármelo otra vez? / Cagun mi mantu nun tiendu na!.
- Me dejas asombrado con tu explicación / Redios, lo q me tas contando, fiu.
- Ánimo, acelera, ya queda poco / Quies dai, oooh.!!.
- ¿Por qué dices eso? / ¿Que ye lo que me tas contando, oh??.
- No entiendo, lo que dices / Que babayaes me cuentes, oh?.
- Acabo de golpearme los dedos con el martillo / Cagon les pites de Grao!!!.
- ¿A qué se debe esa idea? / A ti quien contote esa gilipollez.
- Bueno, ha sido un placer hablar contigo / Ala, a cascala por ay!.
- ¡Qué contratiempo! / Ya metimos la pata ne l tiestu!.
- Ya te lo he dicho / Dijetelo yo!!.
- ¡Que se me cae! / Toy viendolu nel suelu!.
- ¿Todavía no? / Que ye, que tovia no, oh??.
- ¡Oiga joven, por favor! / Ah Wajeeee, esti cosu como ye, oh?.
- Tengo problemas estomacales / Atragantaronseme les fabes.
- Acortar, cogiendo un atajo / Tirar po la caleya palante.
- A la altura del ombligo / A la altural furacu..
- Pero mujer, dale vueltas al café / Pero ah fia! menealu con garbu, ooh!.
- A que te sacudo / Voy date.
- ¿A dónde vas? Pande vas, oh.
- Ese argumento corrobora lo que he dicho yo / Dijetelo y nun ficiste casu.
- Mira que señor más halagador / Yera majul paisano.
- Es el no va más / Yel acabose.
- Es listo, es inteligente / Ye la putaquelupario.
- Es difícil, es complicado / Ye la putasumadre.
- Haría lo que fuera por ti / Oye moza, por ti cuchaba un prau y segabalu de rodilles.
- Es tan vago que no se dobla ni para coger dinero / Ye tan vagu que no dobla el llombo ni pa pañar perres.
- Creo que he oído el timbre de la puerta / Nun ves que tan picando, oh?.
- ¿No te habrás hecho daño, verdad? / Mancastete oh.
- No es tan caro / ¿Sera por perres?.
- ¿Podrías darte prisa? / Va oohhh.
- Coge eso / Agarra el cosu.
- El muslo del pollo / La patal pitu.
- ¿Cómo que estás embarazada, cariño? / Que ye, ohhhhhhhhh!!!.
- Qué piernas más largas tiene / Ties mas pates que un centollu

mércores, 4 de maio de 2011

Zootropa en Cervexería Lodeiro





Unha vez máis, Cervexería Lodeiro en Praza do Portal, Sobrado dos Monxes volve a apostar forte polo rock. Este venres 6 de maio estará a partires das 00.00 horas o grupo lucense "Zootropa" que nos deleitarán con 3 horas do mellor rock.

Segúndo as súas propias palabras:

ZOOTROPA pretende facer Rock en castelán dunha forma orixinal e diferente ó que se pode escoitar dentro do panorama musical da Península Ibérica. A banda está influenciada polo Rock de Seattle (USA), de grupos como Pearl Jam, Audioslave, Jimi Hendrix ou Frank Zappa, tamén por bandas como Led Zeppelin ou o grupo nacional Los Enemigos. O seu repertorio esta formado por 14 temas propios e algunha versión, (Rolling Stones, Pearl Jam, Neil Young,etc,), e as características principais do grupo son o seu intenso directo e a súa paixón á hora de interpretar e transmitir as cancións ós seus espectadores.


Así pois, non vos debedes perder esta importante cita co rock de novo en Cervexería Lodeiro. Será este venres e a hora de comezo as 00.00 horas. NON PODEDES FALTAR!

martes, 3 de maio de 2011

Un grupo de culto



Vigo sempre foi cuna de grandes músicos a nivel nacional (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Golpes Bajos...)e Los Piratas así o confirman. Quizais é o último gran grupo de culto que saiu da cidade olívica (ata o de agora). A inigualable voz de Iván Ferreiro fixo que estes vigueses foran uns dos referentes musicais transpasando fronteiras máis aló dos Pirineos o do Océano Atlántico. Debo decir que sinto mágoa de que xa non estén xuntos logo de que Iván (o cabeciña de todo isto) emprendera carreira en solitario (a min particularmente gustábame máis cando estaban agrupados - igual me pasa con Bunbury-). Estes días ando co recopilatorio "Disco Duro" no coche; así pois déixovos unha das miñas cancións favoritas.

A disfrutar de este martes.

Saúdos

O 54% dos participantes na enquisa xamáis ligaron por teléfono

Un 54% dos participantes na enquisa de abril xamáis ligaron por teléfono. Pola contra un 27% di habelo feito algunha vez. Un 9% (máis confuso) parecelle non haber ligado de esta forma. Mentres que outro 9% (con mala memoria) non se acorda.
Esta enquisa ten un marxe de erro do 1%. Grazas por participar na enquisa.

luns, 2 de maio de 2011

A Porra: xornada 28

O partido máis interesante da vindeira xornada da porra será o Sevilla - R. Madrid que se disputará o sábado 7 de maio a partires das 22.00 horas. Estade atentos pois o martes 10, mércores 11 e xoves 12 tamén haberá xornada ligueira e polo tanto nova xornada da porra.

PARTIDOS:

Sevilla - R. Madrid * PARTIDO DA XORNADA
Sporting - Deportivo
Barcelona - Espanyol
Atl. Sobrado - Cire Melide

A Porra: o líder distanciase e Alberto achégase a 2ª posición

Houbo dous acertante nesta xornada da Porra. O líder Finito volveu a poñer terra de por medio acertando ó R. Sociedad - Barcelona mentres que Alberto 3º clasificado achegouse a segunda praza logo de dar no clavo no partido Boimorto - Atl. Sobrado.

RESULTADOS:

Deportivo 0 - Atlético 1 * PARTIDO DA XORNADA
R. Madrid 2 - Zaragoza 3
R. Sociedad 2 - Barcelona 1
Boimorto 3 - Atl. Sobrado 1

CLASIFICACIÓN:

1. Finito 34 puntos
2. Esteban / Lato 26 puntos
3. Alberto 21 puntos
4. Pitus 17 puntos
5. Emilio 9 puntos
6. Ferreiro9 3 puntos
7. Gadel 0 puntos