martes, 19 de abril de 2011

Festa Ron Barceló en Cafetería Ramiro

Volve unha das festas con máis soleira en Sobrado e alrededores. Cafetería Ramiro, pioneira en toda a comarca nas festas Ron Barceló, ofrece este venres 22 de abril a tod@s @s que se acheguen a degustar este apreciado producto dominicano máis de 300 regalos exclusivos. Con cada copa entregarase un rasca que determinará o premio a recibir: auriculares, camisetas, cd´s do Desalia 11, antifaces e moitos máis regalos agárdanvos nunha festa que agarda recuperar o explendor de antaño.
Non vos esquezades, a cita é o venres 22 (Venres Santo) a partires das 23.00 horas en Cafetería Ramiro, no corazón de Sobrado.

Ningún comentario: