mércores, 27 de abril de 2011

Chegou o día

Hoxe é un día moi importante (importantísimo) para os meus compañeiros do Pub Kemais? Fútbol Sala e para min. E non, non me estou a referir o Real Madrid - Barcelona senón a verdadeira FINAL que nos xogamos hoxe.
Logo de unha magnífica tempada la Liga Local da Coruña temos nas nosas mans a oportunidade de gañar a Liga de Primeira División que nos aportaría o ascenso a División máis alta do fútbol sala coruñés: a División de Honra. Ademáis de estes dous grandes logros tamén temos a oportunidade de que academos o premio ó equipo menos batido da competición. O rival é difícil, o Mirador San Pedro que descendeu o ano pasado da división á que nos pretendemos ascender esta noite. MSP estivo líder case toda a tempada pero na pasada xornada adiantamoslle con un punto de diferencia. O terceiro equipo en litixio é o Transportes Dicarpe que gañou na noite de onte e púxose líder provisional, polo tanto estas son as posibles opcións:

- Se gañamos: campións de liga e ascenso directo
- Se empatamos: segundos clasificados, teríamos que xogar a promoción de ascenso contra o A.J. Pombo
- Se perdemos: terceiros clasificados, sen opción de ascenso pero sempre orgullosos pola gran tempada feita logo de conseguir o ascenso na tempada anterior.

Sabemos que o partido levantou moita expectación en Sobrado e arredores e que imos ter o apoio de moita xente na grada. Dame a min que o Pavillón de Agra II vai a estar ata a bandeira a partires das 23.00 horas (coincide ben pois a esa hora xa rematou o partido de Champions).

Daremos todo o que poidamos para que esta noite poidamos celebrar algo fantástico, sería unha pasada ascender dous anos seguidos. Mañá contareivos o que pasou, agardemos que haxa boas novas.

Saúdos

P.D: xa comeza o gusaniño a rebulir polo estómago cos nervos..., jejeje.

2 comentarios:

SILVIA dixo...

ANIMOS!!!!!!!

Unknown dixo...

Gracias Silvia, YA SOMOS CAMPEONES!!!